EBA 5.0

O universo de Eduardo Blanco Amor 50 anos despois d'A Esmorga





Unha obra en 108 páxinas que dá entrada a diferentes textos e accións vinculadas con A Esmorga e con outras facetas de Eduardo Blanco Amor. Textos e accións en diferentes formas e xéneros: a banda deseñada, o xogo de rol e o ensaio –histórico, artístico e sociolóxico– a música, os títeres ou o deseño gráfico












Indice:

Noite de sombras.
Relectura en banda deseñada dos tipos sociais e dos espazos d’A Esmorga en 2009.
Guión: Carlos Rafael Ramos.
Deseños: Jaime Eizaguirre.

Xogo de mesa, Tres de Troula.

Inspirado e localizado nos ambientes e espazos d’A Esmorga.
Guión: Grupo do Xogo de Rol da Casa da Xuventude.
Emilio Tilve e Marcos Fernández Vázquez.
Deseños: disigna edenia | Idoia de Luxán.

"Da Auria retratada por Blanco Amor á cidade do presente. Cambios sociais e urbanos na Esmorga" de José Somoza Medina.
Unha comparativa e un percorrido pola evolución e a transformación da cidade e dos tipos sociais da novela.

“A Obra Completa de Ramón Cabanillas,
outro cincuentenario das angueiras de Blanco Amor”
de Luis Rei.
Texto que relata os avatares da edición da obra completa de Ramón Cabanillas da que Eduardo Blanco Amor foi quen finalmente entregou á imprenta en Buenos Aires. No cincuenta aniversario da edición d’A Esmorga e da Obra completa de Ramón Cabanillas.

EDUARDO BLANCO AMOR FOTÓGRAFO:

"A Beleza Da Amizade Ou A Vida Secreta Das Imaxes" de Alex Mene –autor da única tese doutoral sobre Eduardo Blanco Amor fotógrafo–.

"O Transo De Gladiador A Deus Conquistador. Un posíbel relato da vida e das imaxes de Eduardo Blanco Amor" de Xosé M. Buxán Bran que foi director da Sala AlterArte do Campus de Ourense e con fotografía de Eduardo Blanco Amor



- CD -

Relectura en clave musical dos ambientes, situacións e espazos d’A Esmorga vista por unha selección de grupos musicais e bandas da cidade.

Grupos participantes:

Banda Ourensons
Guezos
Os Perqtores
Gomes Mouro
Sólidos Galicianos
Animales Domésticos
Banda Municipal de Ourense
Capela Madrigalista
María do Ceo
Magritte
O Sonoro Maxín
Burgas Beat

As voces intercaladas neste disco foron tiradas das presenzas das mulleres n’A Esmorga e foron interpretadas por Sabela Gago, Elena Seijo e Nate Borrajo de Sarabela Teatro.


- DVD -

Produción: Viravolta títeres, Difusora de Letras, Artes e Ideas e Alba Vázquez Carpentier
.

Obra inspirada nas Farsas para títeres de Eduardo Blanco Amor. A Compañía Viravolta dá vida a O horroroso crime do sacristán, unha peza de 40 minutos aproximadamente cunha posta en escena con marionetas de madeira e escenografía en madeira, teas e cartón á maneira dos espectáculos
de títeres tradicionais representada nun teatriño de 2,50 x 3 x 2 metros. Para dous ou tres manipuladores e un músico. 










Ideou, produziu e editoou... editorial é DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS e na súa web (www.difusora.org) podedes ampliar info sobre a  obra.

Distribución:
Torre Libros Distribución de Editoriales

Depósito legal: OU 205-2009
ISBN: 978-84-937421-6-4
108 páxinas a catro tintas.
Capas en cor
Encadernación en capa dura.
Primeira edición: decembro de 2009