1. Poderán participar tódolos instrumentistas que o desexen, independentemente
da súa procedenza xeográfica.
2. Únicamente serán admitidos instrumentos tradicionais galegos.
3. Os cuartetos estarán conformados por dúas gaitas, tambor e bombo.
4. Os instrumentistas única e exclusivamente poderán formar parte dun cuarteto.
5. Os concursantes deberán vesti-lo traxe tradicional galego.
6. Un membro do cuarteto deberá vesti-lo traxe tradicional ata o remate do
concurso.
7. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 10
grupos.
8. Para a selección dos grupos terase en conta as pezas presentadas a concurso, o
curriculum e a orde de inscripción.
9. Os cuartetos que desexen participar deberán remiti-la folla de inscripción que
se adxunta e que tamén pode ser atopada na páxina web do Real Coro “Toxos e
Froles” (www.toxosefroles.com).
10.As inscripcións deberán ser remitidas á dirección postal seguinte:
- Real Coro “Toxos e Froles”, Rúa Magdalena 220, apdo 72, 15402 Ferrol
- Ou ó correo electrónico info@toxosefroles.com
Antes do día 15 de Febreiro de 2013.
11.O concurso terá lugar na Sede do Real Coro “Toxos e Froles”, na Rúa
Magdalena 220 de Ferrol, o Sábado 23 de Febreiro de 2013 ás 20:30 horas.
12.Os cuartetos seleccionados deberán estar presentes na Sede do Real Coro
“Toxos e Froles” ás 19:30 horas para confirma-la súa asistenza.
13.A orde de actuación farase por sorteo por membros da Xunta Directiva do Real
Coro “Toxos e Froles” e será feita pública na páxina web da Entidade.
14.A actuación dos cuartetos terá unha duración mínima de 5 minutos e máxima
de 6 minutos. Haberá que interpretar obrigatoriamente un ritmo de muiñeira ou
xota, quedando á elección dos músicos a mostra doutras melodías.
15.As pezas a interpretar deberán ser tradicionais ou populares. No caso de non
ser así o Real Coro “Toxos e Froles” remetirá á agrupación participante
correspondente calquera gasto referido ós dereitos de autor no caso de seren
requeridos pola SGAE.
16.O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da
interpretación.
17.A folla de inscripción deberá ir acompañada coas partituras das melodías para
gaita a interpretar polos concursantes. Asemade, adxuntarase un pequeno
curriculum dos instrumentistas.
18.O concurso estará dotado dun único premio de 1.200 €.
19.Aos cuartetos admitidos para participar no concurso se lles fará entrega de 50€
en concepto de dietas de desplazamento.
20.As gravacións audiovisuais que faiga o Real Coro “Toxos e Froles” do
concurso pasarán a formar parte do arquivo da Entidade, reservándose o seu
dereito de uso.
21.O Xurado estará composto por persoas coñecedoras da música tradicional
galega.
22.O Secretario Xeral do Real Coro “Toxos e Froles” será o encargado de levantar
acta e facer públicas as decisións do Xurado.
23.O Xurado valorará a afinación, o emprego de dixitacións galegas,
ornamentación, recursos interpretativos, dificultade das pezas, estética, … e o
empaste entre os instrumentistas.
24.O Xurado será o encargado de xulga-las actuacións dos participantes seguindo
o estipulado nas presentes bases e asignará o premio, que en ningún caso
poderá quedar deserto.
25.A inscripción no concurso implica a aceptación das presentes bases. O Xurado
poderá descalificar a calquera concursante que non cumpra co estipulado nas
bases.
26.A decisión do Xurado será inapelable.