ESQUIOS AO VIVO ! CAPITOL

Ola! A banda estradense Esquíos remata de colgar na rede o seu primeiro  disco ao vivo, que non é outro que o concerto que co galo da presentación do seu Cd/Lp "Galician carraxe on garaxe", deron o 19 de maio na Sala Capitol de Compostela no ano 2010, e que foi gravado e emitido en directo pola Radio Galega Música a través do programa Planeta Furancho.
Baixo o título de "Esquíos ao vivo!(Capitol)" podedes comprobar o que era a experiencia Esquíos en directo daquela, cun repertorio moi diferente  do actual que inclúe 22 temas propios e unha versión de Radio Océano.
 
Máis info en www.esquios.com, no Facebook de Esquíos ou no Twitter (@esquios).

Dende aquí pode descargarse o disco:

https://hotfile.com/dl/187631467/49d3cc8/Esquos_-_Ao_vivo_(Capitol).rar.html