O SONORO MAXIN

 Para escoitar O SONORO MAXIN preme equi

Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.
Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.
A Onda Sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.
¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?



Este seu 1º disco de estudio, "A ONDA SONORA (Chega do interior)", viu a luz en marzo.
A banda que máis deu que falar nos escenarios galegos no ano 2010 volve para presentarnos este novo traballo, regrabado nos "Garate Studios" de de Kaki Arkarazo,en Guipúzkoa. Será distribuido por "Inquedanzas Sonoras" (Vigo) e será presentado nuhna xira única que comezará o 13 de abril na cidade de Ourense cunha triple& actuación da banda na sala Auriense (na que se pretende achegar á banda ao público familiar, infantil e xuvenil), así como unha xira polos barrios ourensanos cun set acústico e un carro móbil no que viaxarán mentres
ofrecen a súa música por prazas e rúas a seguinte fin de semana.
Tras esta 1ª acción de presentación xirarán polas salas das cidades galegas presentando o seu novo traballo como preludio a un verán cargado de festa, cumbia,
verbena, rumba... á galega!! Vigo, Bueu, Porriño, Melide, Lugo, Compostela, A Coruña... serán algunhas das cidades onde poderemos disfrutar co noco directo da
banda ourensana.



Podes escoitar e descargar o disco  eiqui




Debuxos de DAVID RUBIN





MÁIS INFO:           

web                                    www.osonoromaxin.com
facebook:                          O SONORO MAXIN
contacto e distribución:    www.culturactiva.org
                                         Manuel Roxo 981 582 836







musica en galego o sonoro maxin
musicaengalego o sonoro maxin