REPERKUSION 2013 ABERTO PRAZO DE PROPOSTAS


O Festival Reperkusión volverá en maio a Bemposta (Ourense) con música, circo e humor nun cartel encabezado por Fermin Muguruza

Banda Fura Fura, Slamboree, Haydamaky, Quequé e Fermin Muguruza Kontrakantxa son as primeiras confirmacións do festival
A Cidade dos Muchachos de Bemposta acollerá por segundo ano o festival, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de maio
Desde hoxe poden mercarse os abonos a través da web www.reperkusion.com nunha oferta especial para os 1.000 primeiros abonos de 25 € incluíndo a acampada

O Reperkusión abre a convocatoria para recibir propostas de música e circo para a súa programación de día
Poden enviarse propostas ata o 20 de febreiro; as seleccionadas pasarán a formar parte da programación do festival, os días 10, 11 e 12 de maio en Bemposta (Ourense)

CONVOCATORIA ABERTA PARA ARTISTAS. REPERKUSIÓN 2013ESCENARIO DE DÍA1. SOLICITANTES
Poderán presentar a súa solicitude os artistas e compañías profesionais e amateurs das seguintes categorías
artísticas: Música - Circo - Pasarrúas - Exhibicións - Monicreques - Teatro - Cabaré - Performance - Outros
2. OBXECTIVO
A contratación por parte do Festival Reperkusión das actividades que sexan de interese cultural para ser realizadas no
festival cos criterios de selección que se establecen.
3. PRAZO
O prazo de presentación de ofertas para a programación do ano 2012 será ata o 20 de febreiro de 2013.
4. CONDICIÓNS
Reperkusión ofrece aos artistas e/ou compañías seleccionadas:
 Bonos do festival para os 3 días con dereito de acampada.
 Cátering o/s día/s de actuación.
 300 euros + IVE.
5. SELECCIÓN
Tres (3) dos artistas e/ou compañías serán seleccionados por votación popular a través das redes sociais. O resto
seleccionaranse tendo en conta os seguintes criterios:
a) A súa idoneidade para o Festival, a súa orixinalidade e a súa capacidade para sorprender.
b) O valor artístico e cultural da actividade ou representación.
c) A capacidade para captar novo público.
d) As condicións técnicas esixidas.
e) A capacidade de adaptación do espectáculo a rúa e a espazos abertos.
6. DOCUMENTACIÓN E SOLICITUDE
Documentación necesaria:
 Ficha artística e técnica da actividade.
 Sinopse da actividade -incluíndo duración- e breve historia da formación (máximo 25 liñas).
 Currículum vítae ou dossier da formación ou solista.
 Vídeo en directo (imprescindible).
 Fotos en formato jpg de alta resolución. As fotos presentadas serán as utilizadas para a promoción e a
publicidade do espectáculo seleccionado.
 Outros soportes publicitarios: Dossier de prensa, DVD, programas de man, folletos, carteis, etc. (opcional).
Envío de solicitude por email indicando “Convocatoria Escenario de Día” e adxuntando a documentación e
os links necesarios a: artistas@reperkusion.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario