Abril 11, 12 e 13 Galician Connection

GALICIAN CONNECTION
XORNADAS DE MÚSICAS DO MUNDO na CIDADE DA CULTURA
11, 12 E 13 ABRIL de 2012

Un programa formativo a cargo de seis mestres da World Music, charlas e debates e un concerto de clausura no Museo de Galicia. Esta é a oferta de Galician Connection, tres xornadas dedicadas ás músicas do mundo dirixidas pola artista Cristina Pato e coa participaci&oacu te;n especial do recoñecido músico cubano Paquito D&#39 ;Rivera.
Compartindo experiencias ao longo destas tres xornadas estará un dos máximos expoñentes da cultura tradicional China e posuidor de varios Grammys, Wu Tong; o mestre de táboa india Sandeep Das; unha das figuras máis influíntes dentro do ‘tango-jazz', o arxentino Emilio Solla; ademais do músico, arranxista e compositor de jazz cubano Paquito D'Rivera. Pola súa banda, un dos fundadores de Berrogüeto, Anxo Pintos, e a que foi a súa voz durante máis dunha década, Guadi Galego, serán os encargados de representar a tradición galega.
Programa formativo exclusivo
Dirixido preferentemente a profesionais do sector musical, Galician Connection ofrece un programa de formación exclusivo impartido por estes seis mestres da música, que inclúe foros de debate ao redor da World Music, asistencia a ensaios e clases prácticas e encontro s "cara a cara", ademais dunha sesión especial con Paquito D'Rivera.
Foro de debate
A World Music tamén será abordada desde o punto de vista da programación e a busca de novos mercados a través do Foro Diálogo Intercultural e Desenvolvemento Cultural Sostible, que contará coa presenza de responsables de festivais como o APAP de Nova York, o Festival Internacional de Jazz de Barcelona ou o HUM Ensemble da India.
Galician Connection Ao Vivo
O Museo de Galicia acollerá o concerto de clausura a cargo dos seis músicos convidados, que interpretarán pezas de cada unha das tradicións culturais que representan.


MAIS INFO E INSCRICIÓNS: http://www.cidadedacultura.org/cultural/seccion.aspx?Id=293






musicaengalego
musica en galego