ENTREVISTA CHOTOHOEU
¿ Xa iba sendo hora de sacar disco non ? ¿ Por que tardou tanto ?
Levamos 4 anos coa formación e nunca antes gravaramos nada, temos 4 temas grabados de fai 4 anos pero non ten moito que ver co que estamos facendo agora, a formación tampouco ten nada que ver coa primeira formacion.E tardou porque dende que empezamos queríamos estar tocando sen parar,non daba tempo a preparar un disco,iban saindo concertos e non podiamos rexeitalos, podese dicir que somos un grupo de directo mais que de estudio.Pero xa iba sendo hora,por fin o noso primeiro disco !!!
¿ Que aire vai ter este primeiro disco ?
Pois é unha pregunta bastante dificil de responder , non se pode resumir nunha palabra ou nun estilo, vai ter un pouco de todo , ska,reggae,swing,rumba,rock,funky,dubstep etc … Podese dicir Fusión aínda que non somos moi amigos das etiquetas, tes que escoitalo para sacar as tuas conclusións …
¿ Tedes temas en galego no novo disco ?
Si sempre fixemos uso do noso idioma,ainda que o tema da linguaxe non é tan importante para nos,o vemos como un vehiculo de comunicación,o importante e que chegue a enerxía que intentamos transmitir coa música a maior xente posible.
¿Que ides facer con todos os cartos que vos deu a xunta, a deputacion e o concello para a gravación do disco?
Nin a xunta nin o concello nin a diputacion puxo un carto para este disco ...
¿ Recibides algunha outra axuda económica externa ao grupo ?
Todo este proxecto e autoxestionado de principio a fin.Non temos ningún tipo de promotor ou productora detrás,por iso botamos man do crowdfunding para financiar este primeiro disco,que mellor que a propia xente que vai escoitar o disco para que axude a que este proxecto vaia para diante …
Que tal as vosas experiencias por europa como foi o recibimento … ¿tedes pensado volver?
Sen dúbida foi a mellor experiencia que vivimos co grupo, a música foi a excusa para que todos puidéramos disfrutar desta experiencia vital.A xente quedou encantada co noso carácter e coa nosa enerxía,a verdade e que o idioma non foi un problema para a comunicación aínda que a maioria de nos non controla moito de inglés, pero co bo rollo que habia lanzabamonos pronto … Temos pensado non parar nunca de visitar novos paises e coñecer outras culturas,é unha sorte que por medio deste idioma universal como é a musica podamos viaxar sen parar e aínda encima alegrarlle un pouco a vida a xente.
¿ Que plans tedes para o futuro ?
Pois seguir traballando duramente no local para mellorar como musicos que boa falta nos fai,intentar crear un espectáculo no directo ainda mais enerxético botandolle a man a aparatos electrónicos,e non parar de tocar,quizais quen sabe se algún día se damos cruzado o charco ...ogallá
O enlace para mercar o seu disco é : http://www.lanzanos.com/proyectos/chotokoeu/