MACHINA presenta ENSAIO SOBRE O SILENCIO, o seu movo disco

Rachar co silencio que infecta o mundo actual facendo unha viaxe polos temas de actualidade que asoballan á sociedade e aos que ninguén lles fai fronte. Deste xeito resume Machina, o grupo de rock alternativo de Cerceda o seu terceiro traballo discográfico. O grupo defíneo como o seu disco máis comprometido política e socialmente. Así mesmo, con el acadan a madureza da banda ao realizar un traballo moito máis produtivo ao poñer todos os recursos da banda á hora de crear e obtendo un resultado moito máis logrado. 
                                 EEdición especial
O deseño do disco correu a cargo da propia Machina. Van lanzar unha edición especial de 250 unidades. Para reservar este disco cun deseño especial e feito de xeito manual cómpre enviar un correo a tenda@machinagz.com cos vosos datos. Así e todo, tamén haberá unha edición que se ha distribuír do xeito convencional, para chegar así a todas aquelas persoas que non poidan adquirir a serie limitada do disco.



 O último traballo da banda gravouse a finais do 2011 en Vigo baixo a dirección de Pablo Iglesias, o produtor de Ensaio sobre o silencio. O disco componse de trece cortes e foi masterizado polo  sueco Pelle Henricsson. Segundo Machina, a masterización conseguiu facer do seu último disco un traballo moito máis maduro, cun son máis compacto e xunguido.




musica en galego machina
musicaengalego machina