VOLVEN OS RESENTIDOS

Logo de 18 anos sen subir xuntos aos escenarios, volven Os Resentidos. O grupo máis influínte do rock en galego regresa ao directo nun concerto único que se celebrará o 12 de maio ás 21 horas en Ourense. Co título “A Tribo Toda Baila”, o concerto será unha celebración de trinta anos de música feliz, no que a formación viguesa estará acompañada dunha longa lista de convidados e precedida de dous grupos claves na escena musical galega actual: O Sonoro Maxín e Novedades Carminha.

O concerto celebrarase no recinto de Expourense. Dende hoxe e ata o 1 de abril as entradas poderán adquirirse ao prezo especial de 6 euros máis gastos de distribución a través da web www.osresentidos.com. O concerto está organizado por Fankani Produccións, co patrocinio do Concello de Ourense.


www.osresentidos.com
www.facebook.com/osresentidos
www.twitter.com/os_resentidos




MUSICA EN GALEGO OS RESENTIDOS VOLVEN
MUSICAENGALEGO OS RESENTIDOS VOLVEN