Abril 6,7 AVERSION FESTIVAL BURELA

6 e 7 Abril   Antiga Praza de Abastos (Burela)
 

Apertura de portas ás 22:30h, os dous días igual
 

Bono 1 día: Anticipada 5€ / Taquilla 6€
Bono 2 días: Anticipada 8€ / Taquilla 10€

Puntos de venda anticipada: La Family Shop (Viveiro), The Beast Master Studio (Foz), Enigma (Burela)

Cando as entradas estean dispoñibeis nos puntos oficiais de venda anticipada, avisaremos polas canles habituais.





MÁIS INFO

Empeza a conta atrás para o Aversion Fest 2012!!!

Non quero aburrirmos con palabrería, polo que vou resumi-lo de forma moi breve:

2 días, o dobre que o ano pasado
13 bandas, máis do triple que o ano pasado
1 día 5€, igual que o ano pasado
2 días 8€, máis barato que o ano pasado (o_O? WTF)

Se queres máis información sobre os obxectivos que marcamos para esta segunda edición, podes facelo na seguinte ligazón: http://www.facebook.com/note.php?note_id=190761247701725




Por último e, por suposto, o máis importante...

BANDAS!

Nota: como o facebook non permite formatear o texto dos eventos, a información que segue pode resultar pouco lexibel. Para máis comodidade, consulta a seguinte ligazón:
http://www.facebook.com/note.php?note_id=192391007538749


SILENT HAVOC (Madrid)
http://www.facebook.com/silenthavocmusic
http://www.youtube.com/watch?v=blK9V9JFRwQ

Cabeza de cartel de luxo para a noite do sábado. O seu EP debut "An ode for redeption" é a bala, eles son o cañón que a dispara. Esta banda madrileña está compartindo cartel con grupos de talle internacional como Emmure, Here Comes The Kraken, Give em Blood ou Betraying the Martyrs. Acaban de sacar un single, "Suspension Of Disbelief", do que será o seu próximo traballo de estudio, "Tides". A estrea do mesmo será o 24 de Marzo en Madrid e, por suposto, disfrutaremos deste novo EP en directo no Aversion Fest 2012, que promete ser brutal.


SAMESUGAS (Santiago d.C.)
http://www.youtube.com/watch?v=4-mdDjEYkYI
http://samesugas.com/

Banda formada en 1999 en Santiago d.C, integrada por veteranos da escena hardcore Compostelá de finais dos 90, provenintes de formacións como Fame Neghra e Dirty Barriguitas. O seu primeiro traballo de estudio "Pocket Monsters" (Lixo Urbano, 2000) é o inicio dunha frenética carreira na que chegan a moitos rincóns do globo, compartindo escena con bandas do talle de Supersuckers ou Diamond Dogs. Nos seus primeiros anos participaron en varios recopilatorios internacionais. Destaca, entre eles, o tributo internacional a Turbonegro "Alpha Motherfuckers" (Bitzcore, 2001), mais tamén podemos citar "Collection of Great Dance Tunes Vol 2", do carimbo sueco HDP (2002); ou "Rawk 'n' Roll Revolution", editado en Xapón (Myrmecoleo, 2002).

Non contentos con isto, ao longo do ano 2003 editan o seu primeiro LP 10'' "Machine in Your Brain" (H-Records), que será reeditado no 2004 en CD, e un split en formato 7'' coa banda filandesa Garage 13, editado por Bad Attitude. Xa no 2006 editan o seu segundo LP "Alá Vai" (Lixo Urbano + H-Records) e participan no recopilatorio "Rock se Escribe con H" (H-Records). No 2007 participan nun recopilatorio homenaxe a Andrés do Barro, editado por Falcatruada. En 2008 asócianse con The Homens para publicar un split (Lixo Urbano + Crack!), con Marcelo Pocavida y Los Viagra Boys para editar outro split(Rastrillo), e participan noutros dous recopilatorios.

En decembro de 2011 veu a luz o seu último LP "They Are Out There" (Lixo Urbano), do que poderemos disfrutar en vivo e directo sobre o escenario do Aversion Fest.


UPCOMING OF DEVASTATION (O Carballiño)
http://www.facebook.com/pages/Upcoming-of-Devastation/195307940485471

Enorgullécenos unha animalada voltar a incluír no cartel desta segunda edición a estas bestas pardas de O Carballiño. O ano pasado foi un directo destrutivo; cun ano máis de experiencia ás súas costas nin hai que dicir que promete ser unha das referencias do cartel desta edición.


BULLDOZERS (A Coruña)
http://bulldozers.bandcamp.com/

"Feed the Rock Machine". Así resumen estes tres coruñeses o seu proxecto. Precisión e contundencia son constantes no seu directo e, aínda que o pareza, non é un tren desbocado a toda máquina. Son os Bulldozers. Coidado que veñen e arrasan con todo o que pasa pola frente.


THE BROSAS (Burela)
http://www.facebook.com/pages/THE-BROSAS/269012053151129

"Os Motörhead de Burela" lles din por aí, a tenor da súa primeira Demo "Home en Marte". Nados alá polo 2009, están a viaxar por toda a Galiza e incluso Asturies coa súa proposta Rockanrolleira. Recentemente grabaron o seu primeiro traballo de estudio, que será editado próximamente e xa está dispoñibel en liña. "Arrancar con xeito e parar á vez" e "deixarse de caralladas" é o que van facer no Aversion Fest. Avivade os ollos nas primeiras filas, din que traban!


THE END COMES BLEEDING (A Coruña)
http://www.facebook.com/pages/The-End-Comes-Bleeding/199266686814330

Banda coruñesa de recente formación, integrada por compoñentes de Mala Sangre e ex-membros de Swap It All. Actualmente están grabando o que será o seu primeiro Ep, que poderemos ouvir entre o seu repertorio. Tras a súa estrea e o seu paso pola festa-presentación do festival, estarán sonando coa súa contundencia habitual no palco do Aversion Fest.


STRIKE BACK (A Coruña)
http://www.facebook.com/pages/Strike-Back/177123012370530

Trash Metal desde A Coruña liderado por un excelente front-man. Tras o seu primeiro traballo de estudio, un EP formado por 4 cortes, están a ultimar detalles do seu segundo EP, do que xa se pode ouvir un adianto. A fórmula é sinxela: Solidez e agresividade con cada riff + unha voz que parece sacada das entrañas do inferno = patada na cara a ritmo de trash metal.


FROM LOST TO THE RIVER (Viveiro)
http://www.facebook.com/fromlost

Veñen desde Viveiro partindo a pana a ritmo de punk e ska. Entre as súas filas contan con veteranos da escena vivariense que saben perfectamente ao que se expoñen. Será imposibel estar quedo entretanto eles estean no escenario, ben por que te mova a marea, ben porque a canción que soa é tan bailabel que non poderás parar de saltar...


DA CAPO (Burela)
http://www.reverbnation.com/losdacapo

Incansabeis. Sexo, droga e rock&roll sen andarse con rodeos. Esta banda local promete, sobre todo, moita diversión e espectáculo. Coñecéndoos, con certeza que teñen preparado algunha das súas para impedir que ninguén se vaia do Aversion Fest sen botar unhas gargalladas con eles.


TRAZOS (A Coruña) http://www.facebook.com/pages/Trazos/128506357215905

Desde coruña chega esta pócima máxica creada a finais de 2010. Os ingredientes son Punk, Rock, algo de Ska, un chisco de Reggae e algunha que outra sorpresa... Formada por veteranos da escena coruñesa, teñen ás súas costas unha demo "Trapos Sucios", punto de partida do seu proxecto; e tres temas que grabaron nos estudios Bonham de A Coruña: "Mundo Roto", "Pedernal" e "Consumir es Contaminar". Todos están dispoñibeis para a súa escoita na rede. Un directo cargado de emocións de todo tipo que sen dúbida non deixará indiferente a ninguén.


THE BROKEN REVENGE (Viveiro) http://www.facebook.com/thebrokenrevenge

Banda vivairense formada por ex-membros de New Reason e Torques mc. Tralla, tralla e máis tralla son as bases deste novo proxecto que debutará no Aversion Fest deste ano. A organización recomenda amarrarse a algo (ou alguén...) cando suban ao escenario como medida de seguridade.


AMATERASU (Burela)

Son da casa, con nome novo mais coa mesma ansia á que nos teñen acostumados. Proxecto novo integrado por ex-membros de Torques MC, banda da que continúan a tocar parte do repertorio habitual. Com certeza que hai algo novo que ouvir que vale a pena, vamos ver que poden ofrecernos...


NON SOMOS NADA (Burela)
http://www.facebook.com/pages/non-somos-nada/101373636575983

Banda local formada por veteranos da escena hardcore Burelá (Mala Hostia, HA6, Zairus...). Túzaros ao máis puro estilo old-school, non apto para ouvidos sensibeis. Sen dúbida unha boa fichaxe para esta segunda edición do festival.






Agradécese calquer labor divulgativo que podades darlle a esta información!!