A COMPAÑIA DO RUIDO

A Companhia do Ruído 2019
fotografía de Manuel Novo Bello


'A Compañía do Ruído'
Punk Tradicional

'A Compañía do Ruído' é unha banda galega que nace no ano 2002.
A Compañía” está integrada por cinco persoas, con diferentes traxectorias musicais, que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, e divertimento son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar o ritmo, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber, e a colaboración en diferentes discos, como “120 capadores”, en homenaxe aos Diplomáticos de Montealto, “A per loca” , “Leña verde”, “Vozes Novas”, da Escolma do panorama musical galego editado no 2009, “Escolma”, editado pola empresa Caramuxo, “Tributo a Zënzar”, ou no cd editado polo concurso Nordés.

A Compañía está inmersa na actualidade na presentación do seu sétimo traballo discográfico “O Punchi Must Go On”, como consecuencia do proxecto audiovisual levado a cabo no 2017 “12 meses, 12 punchis”.

Un proxecto que consta de 12 temas orixinais, gravados ao longo dos 12 meses, cos seus correspondentes 12 videoclips. Neste proxecto, que aposta por unha temática social e reivindicativa, colaboraron artistas como García Mc, Pulpiño Viascón, Trópico de Grelos, Emilio, Rubén, Lucas, Nico e Candi e Ismael da Fanfarria Taquikardia, e as Escolas de música de Bergara, Aramaio, e Erandio da man de Aritz Alustiza (Nomadak).

Ao longo destes quince anos a banda non deixa de crecer e reinventarse, o que a convirte nun referente no panorama musical galego percorrendo toda a xeografía galega, ademáis de facer xira por Extremadura, Madrid, Cataluña, ou Euskal Herria, en festivais como o Revenidas, Vilariño folk, Pardiñas, Festi Fax, Fin do Camiño, Antrospinos, A Marosa, Aturuxo, Rock in Rian, Poemagosto, Rebumbio, Rumba y Rock en Piornal(Cáceres), Ateneo Nou Barris en Barcelona, Festas de Pasaia en San Pedro (Donosti), Demanda Folk en Burgos, ou o Magusto Folk en Carbajo (Cáceres), compartindo cartaz con bandas como Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Mercedes Peón, Os d,Abaixo, La Gran Orquesta Republicana, Fermín Muguruza e a Contrabanda, Diplomáticos de Monte alto, La Mala Rodriguez, Sonoro Maxín, Jarbanzo Negro, Cheb Balowski, la Kinky Beat, Lamatumbá, Os Tres Trebóns, Pan de Capazo, Cuchufellos, Ruxe-Ruxe, ou Festicultores Troupe entre outros.

Andrés Rivero: Percusión e coros
Formado na percusión afromandinga, afrobrasileira e afrocubana xunto a grandes Mestres como Mamady Keita, Babá touré ou Nei Sacramento entre outros.
Fundador de A Caixa de Tambora e colaborador de Galinké (percusión africana), membro en activo de Perfusión (percusión africana fusionada con tradicional galega) e Trópico de Grelos (Percusión afrobrasileira).









Sabela Olivares: Gaita, percusión e coros.
Membro en activo de “A Compañía do Ruído” dende o 2004 como pianista e gaiteira.

Licenciada en Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia, e diplomada en piano.
Dende os 19 anos adicase á docencia en Conservatorios e Asociacións por toda Galicia.
Como intérprete e bailarina formou parte bandas de gaitas como “Charamuscas” ou “Xarabal”, así cono nas charangas “Os Jalochos” e “Oito nun piso”, e grupos de Folclore como “Andarela” ou “Traspés”.





Alberto Millán: Baixo e coros

Comeza a súa educación musical no ano 1983 a bordo da Escola de Gaita e percusión de Ribeira da man de Pepe Romero, onde dous anos máis tarde formarase a Banda de Gaitas Ancoradoiro, na que permanece ata o ano 2000, e coa que percorre prácticamente case toda a xeografía galega e boa parte dos teatros, auditorios e festivais dentro e fóra da Península. Con esta formación publica o traballo Andaina (1992) e “Sui Generis” (1997)

Durante todos estes anos compaxina o ensino e a súa formación académica (clases de canto e pandeireta, solfexo, composición e harmonización de gaita, percusión tradicional galega, baixo eléctrico e frauta travesera), coa formación de diferentes cuartetos tradicionais e agrupacións folk e rock coma O foiro, Os Caralludos, Bastantes LLon, Chacarita,s Band, A Compañía do Ruído, Os Chiquilicuatres e Os Monifates.

Suso Bello: Guitarra, pecusión e voz

Membro fundador de “A Compañía do Ruído”.

Formado principalmente na rúa adicase á música dende o 1990, ano no que bota a andar xunto os seus compañeiros de batalla os grupos de punk “Hepatitis” e “Bastantes LLon”.

Dende o ano 2002 dalle forma a distintos proxectos como “A Compañía”, “Os Chiquilicuatres”, as charangas “Oito nun piso” e Os Jalochos.
Actualmente compaxina a súa faceta de interprete coa de producción musical.




Vanesa Bolboretiña: Baile, percusión e coros
Bailadora, pandereteira e cantadora tradicional dende os 4 anos na grupo Tahúme de Olveira (Ribeira – A Coruña), máis adiante na A.X. Rebuldaina, no mesmo pobo.

Nestas agrupacións realizou numerosas “recollidas” por abundantes aldeas galegas, aprendendo así as pezas tradicionais galegas. Mestra de baile, pandeireta e canto tradicional na A.X. Queixucas de Xuño e actualmente imparte clases de pandeireta e de teatro no Colexio Bayón, no que é mestra de Educación Primaria.

No ano 2013 descubriu a danza e a percusión da Costa Oeste Africana e actualmente baila e toca no grupo Perfusión (A Casa da Leiteira), que mestura a cultura galega e africana. Nos últimos tempos colabora coa A.C. Galinké Galiza, asociación adicada a difundir a danza da costa oeste africana por terras galegas.

A Compañía do Ruído MAZURCA Á FUGA
https://www.youtube.com/watch?v=JoXSoZPd3Ew&feature=youtu.be
Video Pablo Chouza
Gravación Tomas Agueitos
Masterización Dr. Chou
Pelicula Le ballon rouge (Albert Lamorisse 1956)

A Compañía do Ruído SAMBA DORNEIRA
https://www.youtube.com/watch?v=3m6qB8ggNgk&list=PL-rhiw-sXa1c0TzL4GRKVVPsmSfcVUMox&index=1


“12 meses, 12 punchis”
Gravado no Estudio A Ponte por Tomás Ageitos.
Masterizado polo Dr. Chou.
Producción de vídeo a cargo de Pablo Chouza.

A COMPAÑIA DO RUIDO COLACAO NA DROJA

https://www.youtube.com/watch?v=7993S_ltlWY&feature=youtu.be&list=PL-rhiw-sXa1c0TzL4GRKVVPsmSfcVUMox

Gravado no Estudio A Ponte por Tomás Ageitos.
Masterizado polo Dr. Chou.
Producción de vídeo a cargo de Pablo Chouza.


 Discografía previa:
https://acompaniadoruido.bandcamp.com/
Pensares galegos (2013)
https://acompaniadoruido.bandcamp.com/
https://acompaniadoruido.bandcamp.com/album/hab-a-de-chover-merda








Había de chover merda  (2010)
https://acompaniadoruido.bandcamp.com/album/hab-a-de-chover-merda









 “Chuvia 06”  2006










https://acompaniadoruido.bandcamp.com/album/a-compa-a-do-ru-do
A compañía do Ruido 2005
https://acompaniadoruido.bandcamp.com/album/a-compa-a-do-ru-do










 Barruntando (2004)


Só existe ruido (2003)









CONTACTO:

acompañiadoruido@gmail.com

Tlf: 658 194 580







musicaengalego a compañia do ruido
musica en galego a compañia do ruido