CONVOCATORIA AÑA URBANA

 Convocatória Aña Urbana 2012: 
  • A A.C. Trépia convoca un ano mais a Aña Urbana: un encontro de música e baile tradicional artellada en torno á aña, que ten como obxectivo achegar a novos contextos a cultura tradicional e ofrecer aos participantes unha xornada na que intercambiar coñecimentos e experiencias arredor do seu traballo.
  • Neste enlace podedes consultar o programa completo e as modalidades de inscrición -que estará aberta até o vindeiro 31 de marzo-.
  • Poden participar todas as agrupacións, colectivos, grupos ou escolas de calquer nivel; en calquer dos apartados do programa (roteiro, actuacións e/ou serán); e, de xeito individual, calquer persoa que desexe achegar-se aos obradoiros prévios organizados pola A.C. Trépia ou ás aulas abertas incluidas no programa para o día 14 de Abril.
  • Este ano, ademais, organizaremos unha feira-mostra de artesanía e agricultura ecolóxica; alén do ciclo de conferéncias anexo ás actividades, no que nesta xeira será apresentado o libro "Manüele ...de pandeireta e canto tradicional" (Vol.1: Serán), de Xandre Outeiro -da man de Edicións Intermitentes-; e algunha que outra sorpresa que temos reservada...
Recibide un saúdo, agradecendo-vos por adiantado a difusión desta convocatória e agardando ver-vos a todos nesta VIII Aña Urbana.
Sachos ao lombo!
Agardamos-vos en www.trepia.org...