Despois de cinco anos do seu primeiro disco Paraíso distante, a
banda coruñesa regresa con Despois da Mandinga, un álbum
gravado nos estudios Abrigueiro e producido con Arturo
Vaquero. As novas cancións, con máis enerxía e ritmo ca nunca,
respiran ao compás do funk e doutras tendencias como o samba
ou o pop, caracterizando o seu propio son : fresco e espontáneo.
Isto reflíctese no videoclip do single “Saio só”, onde se resume a
esencia e a contundencia que define ao grupo.
Brais Morán (voz e guitarra), Fran Sanz (baixo) e Miguel Cabana
(batería), movidos sempre pola necesidade de mirar máis alá e
fuxindo da pureza e dos límites estilísticos levan ao directo con
intensidade o resultado destes últimos anos de traballo.
Con Despois da Mandinga Loretta Martin celebra unha década
enriba dos escenarios coa fórmula de sempre, pero mellor ca
nunca.
Data de lanzamento: 13 marzo do 2012.
Contacto:
braismoran@gmail.com
fsanzf@gmail.com