ROBERTO SOBRADO GRUPO



 Roberto Sobrado son

Germán Da Ponte ao saxos, 
Roberto Sobrado ao telecaster e voz, 
EUxenio á batería e coros e  
Nuno Pico no baixo eléctrico e coros.

Roberto Sobrado é música e poesía. Sempre vai haber algún acorde que saia da súa guitarra para encher unha festa, sempre un verso a ilustrar un capítulo da vida.
Comezou con Silvio, Sabina e Serrat, logo deulle por Calamaro e Reixa, mais os seus propios versos e melodías non lles desmerecen a ningún deles nin en forza nin en compromiso.
Curtido no Fonte Sequelo (Compostela) madurou na Cavern (Liverpool) berce, entre outros, dos Beatles. Mais afortunadamente volveu ao país e deulle forma a unha banda que desde entón o acompaña e fai medrar a súa música. Música feita con sentidiño e sentimento. Música feita en Galiza e en galego.
Os seus discos son cálidos os seus directos dinámicos. Non dubidedes en achegarvos a el porque sempre sairedes cun sorriso nos lábios, sempre levaredes un retrouso no corazón.


Proletarios do Rock & Roll (2018)

Roberto Sobrado grupo volve así ao minimalismo do rock de furgoneta e ensaios nos garaxes cun traballo máis roqueiro, máis social, e con estilo máis de cantautor da formación. “Proletarios do rock 'n' roll” é un disco que contará con sete temas propios novos e, por primeira vez, cinco versións adaptadas e personalísimas onde se debulla todo o imaxinario persoal e colectivo desta banda con case 20 anos de historia.
Cunha banda renovada na sección rítmica e onde o saxo e a voz cobran máis protagonismo ca nunca, a formación presentarase ante o seu público con Germán Da Ponte ao saxos, Roberto Sobrado ao telecaster e voz, EUxenio á batería e coros e Nuno Pico no baixo eléctrico e coros.













Paraugas de sombra
https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=5eU7vj_B1jE

 https://www.youtube.com/watch?time_continue=3&v=5eU7vj_B1jE

Akrotiri 

https://www.youtube.com/watch?v=SMOMpuKDJss

 https://www.youtube.com/watch?v=SMOMpuKDJss

 



DISCOGRAFIA PREVIA:

 

ATLAS DE ANATOMIA (2015) é o nome do quinto disco de estudio da bamda. A tlas de anatomi conta con nove temas novos de Roberto Sobrado, entre eles un par de letras do poeta Jacobo Llamas e unha versión moi particular dun clásico. É un traballo cun son pop-rock-blues en galego onde, por momentos, a banda viaxa por fin ao lado escuro do rock.

“Atlas de anatomía” é unha reivindicación “resentida” e rockeira, un harakiri consciente pero non total ao cantautor que leva dentro.

Sonoramente eclécticos (coma sempre son Roberto Sobrado grupo), no seu novo traballo fártanse de facer chiscadelas reixianas, calamarianas, indie-beatles e incluso radioheadianas e suaves. Os textos retórcense buscando a metáfora asequible, o punto social, o escéptico, o surrealista e o amor.
Este traballo foi gravado en 





Roberto Sobrado Grupo • Lucía

https://www.youtube.com/watch?v=DS0UicdX-jA

ROBERTO SOBRADO  Fan de asuntos legais

https://www.youtube.com/watch?v=xlduYwqVvPw

 https://www.youtube.com/watch?v=xlduYwqVvPw


Noroeste estraño









 

 

 

ROBERTO SOBRADO GRUPO Lume 

https://www.youtube.com/watch?v=6UxFTYYFekY

2005 Agasallos sen promesas











2003 Pan e circo
https://robertosobradogrupo.bandcamp.com/releases












  





Máis info en:
http://www.myspace.com/robertosobrado
http://www.facebook.com/pages/RobertoSobrado/
188336027125?ref=ts
Contratación: 630 224 846 / robertosobrado@hotmail.com








musica en galego roberto sobradogrupo
musicaengalego roberto sobrado grupo