XABIER DIAZ

Para escoitar XABIER DIAZ preme eiqui

Xabier Díaz (A Coruña, 1969). Músico e compositor, compaxina ambas facetas profesionais coa súa longa laboura como investigador e compilador do noso folclore tradicional.
Ao longo da súa carreira son destacábeis múltiples colaboracións en concertos e traballos discográficos con diversos artistas e formacións como Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful e Nordestinas, Berrogüetto.


‘The tambourine man’, é o titulo do disco que saiu á rúa este outono de 2015 no que Xabier Díaz se alía coas Adufeiras de Salitre para reinterpretar a tradición galega.

Trátase do disco máis ambicioso do cantor coruñés que xunto coas Adufeiras, un grupo de 11 percusionistas e cantoras de música tradicional, realiza un traballo de renovación da música popular galega engadíndolle un enfoque vangardista e diferenciado.

Neste traballo están ademais acompañados por Gutier Álvarez (zanfona e violino) e Javier Álvarez (acordeón diatónico).

Neste traballo, no que Xabier Díaz lle engade un enfoque vangardista e diferenciado a 11 temas tradicionais galegos e un castelán, tamén colaboran destacados músicos da música tradicional ibérica, como Kepa Junkera e Aleix Tobias (Coetus), ademais doutros músicos galegos como Xosé Manuel Budiño, Fernando Barroso ou Alfonso Merino.



"Cantiga da Montaña" adianto do novo disco de Xabier Diaz & Adufeiras de Salitre


https://www.youtube.com/watch?v=Z0Ok4iTHELU


“No principio de todo foi a percusión a que construíu a nosa música popular, e seguramente a que estableceu o vínculo entre esta e o baile. O máis singular deste proxecto é que regresamos outra vez ao principio de todo, dende o século XXI, claro”, explica o músico coruñés. “Por unha parte está a vella idea na miña cabeza de facer un traballo no que a voz e a percusión foran os elementos principais, e por outra parte estaba a enerxía que se ía xerando no local de ensaio cando me xuntaba coas Adufeiras”.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Capra Aegagrus Hircus (Muiñeira do Cañizo) 

https://www.youtube.com/watch?v=DIbnjUSUARg

Díaz cónta ‘The Tambourine Man’ así: “O disco confórmano once cortes que levaban bastante tempo aniñando na miña cabeza, así que baixei ao meu estudo de gravación e empecei a fornealos con moita calma. Levar esas marabillas que eu escoitara ás mulleres das aldeas a outros universos, a outros países, parecíame un xeito marabilloso de espallar esas sementes polo mundo”. “Na miña carreira o disco supón un punto de inflexión, de renacemento, de regresar outra vez ao principio. Son un tipo tremendamente curioso e sedúceme moito a idea de transitar por camiños diferentes sen ter moi en conta cal vai ser o destino, simplemente deixándome disfrutar da viaxe”.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Langueirón 

https://www.youtube.com/watch?v=_kUnaBWEneo


DITRIBUE:

NUBA Records / KARONTE Distribuciones Madrid.

CONTRATACION:

Producciones Mirmidon S.L.

DISCOGRAFIA PREVIA:

En 2004  xunto co guitarrista Guillermo Fernández, edita o disco “Músicas de Salitre" traballo que os levará a ser finalistas nos premios da Academia da Música no 2005, acadando ademáis o 3º posto na edición dos galardóns La Opinión do mesmo ano.





No seu segundo traballo “Coplas para Icía” (2007), rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do estenso traballo que el mesmo leva a cabo entre os anos 1990 e 2000. En “Coplas para Icía” ten como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias.

aCadaCanto

GUADI GALEGO, 
XABIER DÍAZ, 
GUILLERME FERNÁNDEZ E 
XOSÉ LOIS ROMERO 

 Neste proxecto musical conflúiron por primeira vez de maneira conxunta as carreiras musicais destes catro músicos; compañeiros en outras formacións coma Berrogüetto, Espido, ou Nova Galega de Danza, os catro xúntanse na gravación do sexto disco de Músicas de Salitre.

Autoproducido, aCadaCanto fórmano trece cancións, a maioría orixinais e algunha procedente da música tradicional. A procedencia dos textos e músicas é diversa, aínda que ao final conquerimos unha unidade estética e lírica”, indican os catro responsables do disco. Algunhas das cancións foron feitas para outros discos e remataron neste, coma Aurora ou Lírica do silencio; algunhas, coma Dous meses son de procedencia tradicional, e outras da lírica culta de autores galegos da talla de Xosé María Alvarez Blázquez ou Carlos Rivero.


Para máis info Xabier Diaz.com




musicaengalego xabier diaz
musica en galego xabier diaz