PANCHO ALVAREZ


Pancho Álvarez é un dos nomes máis destacados da música galega, desenvolve o seu particular perfil como músico utilizando instrumentos de corda: violín, viola, viola da gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo. Ademais toca a concertina, o acordeón e a percusión, é compositor, arranxador, gran coñecedor do folclore e tradición da música galega, foi membro de Matto Congrio, Na Lúa, é músico estable da banda de Carlos Núñez coa que xira de cotío por todo o mundo.





CELTIS AUSTRALIS (2017)

O título garda básicamente dous significados: por un lado pretende ubicar a Galicia como o sitio dos celtas do sur, en contraposición aos considerados típicos paises celtas do norte como Irlanda ou Escocia, e por outro é o nome botánico do árbore “Lodoeiro” (almez ou lodón ou flor de loto para os romanos).

Pancho Álvarez preséntanos un disco optimista, aberto e creativo no que se recollen ecos da nosa viaxeira historia musical e onde se encara modernidade e tradición coa mesma naturalidade.

Pancho conta de novo coa colaboración de Suso de Toro nos textos, ademáis de Manuel Forcadela e Magín Blanco. Tamén con músicos como Antón Seoane, Pablo Novoa, os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente, Xurxo Núñez, Carlos Beceiro, Gutier Álvarez, David Migoya, Álvaro Vieito, Miguel Argibay, Álvaro Iglesias, Juan Álvarez, Maruxa Álvarez Solleiro e a voz de María Solleiro.

CELTIS AUSTRALIS preséntase nunha edición digipack moi coidada, cun deseño de Luis Umbría.


OUTRA MAÑÁ
https://www.youtube.com/watch?v=c0WskKiNqjU


 Temas:

1. Nas Túas Mans A Miña Casa      
2. Aires de Aquí E De Acolá      
3. Mestre Florencio      
4. Canto De Berce      
5. Rumbas Do Sar       
6. Illas Do Norte      
7. Medulio      
8. Unha Tregua      
9. Baixo O Lodoeiro      
10. Danzas Do Sur      
11. Dos Gregos Aprendín      
12. Pasodoble De San Roque      
13. Aires De Guimaraes      
14. A Miña Viola      
15. O Cando      
16. Outra Mañá      
17. The Burren

DISCOGRAFIA PREVIA:




SONCHE ATALNTICO 2012
Pancho Álvarez presenta “Sonche Atlántico” o seu cuarto álbum en solitario, un traballo que mostra a evolución vital do artista na busca de novos camiños creativos e a mestura dos sons acústicos da música tradicional con guitarras eléctricas, arranxos experimentais e textos contemporáneos do recoñecido escritor galego Suso de Toro ou do artista multimedia Antón Reixa. O álbum conten doce novas gravacións inspiradas no grandioso e inmenso Océano Atlántico, cun pé na música galega e outro pegando nas terras que comparten este océano cheo de sons procedentes do norte e do sur americanos, das costas africanas, das portuguesas, das de Irlanda e da Bretaña francesa, etcétera. “Sonche Atlántico” contén cancións de autor e cancións con melodías tradicionais coas que Pancho ten unha especial relación emocional, un vinculo creado a través das experiencias nas súas viaxes, da xente que vive a carón do mar, co mito do fin do mundo ou coa forza da natureza e da paisaxe atlántica. Hai tamén cancións cheas de humor e de vivencias cotiás dos pobos e aldeas galegas, seguindo a liña da tradición oral da que Pancho é admirador e coñecedor. Gravado o mesturado por Pancho Álvarez nun logo proceso creativo, o álbum e froito do traballo intenso na busca dun son propio que mostra a forte personalidade musical de este artista galego. Escoitamos con pracer estas grandes e sinxelas cancións de autor.


A borna


Solidos galicianos 2009
 Nas cordas 2001
 Florencio, o cego dos Vilares 1998












Contacto:

panchoalvarezmail@gmail.com












musica en galego pancho alvarez
musicaengalego