Reperkusion celebrarase en Bemposta na Cidade dos Muchachos

O Reperkusión cambia de localización e celebrarase en Ourense, na Cidade dos Muchachos de Bemposta

  • O festival mantén as datas e toda a súa programación: do 17 ao 19 de maio, con Manu Chao encabezando o cartel e máis de 40 actuacións de música, circo, obradoiros etc
  • A organización vese na obriga de cambiar de lugar porque a tres semanas do festival o recinto do Portiño en Allariz non cumpría as condicións mínimas necesarias
  • A Cidade dos Muchachos de Bemposta conta cunha estrutura ideal para a realización do festival: espazo para os concertos, para as actuacións de circo e de rúa, zona de acampada e aparcamento próximo con buses lanzadeira comunicando co recinto
  • Seguen á venda os bonos de tres días por 45 € e a entrada de un día por 20 € en www.reperkusion.com e nos puntos de venda físicos. A organización ofrece a posibilidade de devolver o diñeiro aos que se vexan afectados polo cambio de localización