Skandalo GZ




Para escoitar  SKANDALOGZ preme eiqui





Se queres escoitar o adianto do novo disco SOMOS MAIS  de SKANDALO GZ preme en Licor Café



Xa temos eiqui o máis quentiño para o verán o novo dos Skandalo GZ "os fuxidos da Guerra Civil" adianto do novo traballo SOMOS MAIS .
Para o escoitar preme eiqui






  HISTORIA DO GRUPO Música : SKANDALO GZ, formado no 2007 por 3 obreiros en Ponteareas, aínda que agora somos 5, xa que introducimos unha trompeta e un trombón de varas. Tocamos un estilo de punk rock ska e definimos a nosa música como música para a clase obreira, con letras de información sobre inxustizas da vida,política e socialmente. Actualmente temos cancións en galego e en castelán, coa intención de acabar facendo todas en galego, e tamén facemos algunha versión de grupos que influiron en nos. Non tiñamos local de ensaio pero levantamos un autoxestionado por nos mesmos, o igual que a maqueta que temos que foi gravada con poucos medios e grazas a axuda dun compañeiro, onde temos 10 cancións gravadas sen os instrumentos de vento xa que naquel momento aínda non se incorporaran o grupo. Demos concertos en varios locais de ponteareas, e tamén nun festival chamado Ovopicaraña, pero onde empezamos a tocar foi nun centro social moi ligado a nos chamado CENTRO SOCIAL AUTOXESTIONADO "O FRESCO". En tódolos concertos, aparte de tocar, damos discursos sobre as novidades da vida, sobre todo as relacionadas co tema dos traballadores e as inxustizas que con eles se cometen a cotío.E tamen sempre recordamos nos nosos concertos tanto nas cancions como en discursos a matanza do 1936. SKANDALO GZ foi gañador por medio do público do A Polo Ghit 2008 coa sua canción "Likor Kafé" e tamén foi semifinalista de Nsaio no Camiño 2008.Tamen foi gañador do concurso de maquetas do festival Millo Verde 2009. Este grupo deu concertos por toda Galiza, na Fábrica de Chocolate, na Farándula (Vigo), no Salón Parroquial(Ponteareas), no Centro Social "O Fresco"(Ponteareas), no pub A Pola(Ponteareas), no pub Outótono(Ponteareas), na Casa da Triga(Ponteareas), en Xinzo e no Festival Ovopicaraña Rock (Ponteareas), na sala Café Cultural Auriense (Ourense), no Festival Rock..n Rio Miño 2008 (Cortegada), no pub Badulake (Ordes), no pub A Garufa (Coruña), na Sala Clavicembalo (Lugo) e teloneiros de Boikot na semifinal de Nsaio no Camiño 2008 (Ribadeo). No festival Millo Verde 2009. na Festa da Prehistoria 2009en Mos . e taman se despalzaron ata Euskadi a tocar nas festas do Monte Igeldo 2009 en Guipuzcua.acabaron o ano 2009 tocando no castañazo rock 2009 xunto con dixebra e talco.NO 2010 tamen tocaron no pub Vogue (PONTEAREAS) nas festas dos callos en salvaterra , en porriño colaborando co Senegal ,Nas festas en Viladesuso concello de IO , na presentacion do disco de Dakidarria en Nigran , teloneiros de Che Sudaka en Bueu na sala zona , no Festival da mocidade en Xinzo de limia(Rairiz de Veiga) No primeiro Lira ROCK en salvaterra de miño.