MAIO 23-26 FESIVAL DE CANS 2012

CANS 2012 


 E LOGO ESTE ANO... QUE HAI DE NOVO EN CANS?
Pois unha morea de novidades audiovisuais:
· Exploramos novos xéneros: curta documental, web series, cine mudo...
· 18 curtas a concurso: 12 de ficción e 6 de animación, con máis directoras que nunca
· Galegos no espazo exterior, unha sección para mostrar o traballo dos profesionais
galegos que traballan fóra facendo curtas de gran nivel
· O Jalpón Friki amplía horizontes con novo nome: docus, curtas e frikadas no Jalpón Fri
· Estreamos a última longa de Héctor Carré: Personal movie
· Proxectamos secuencias inéditas das multipremiadas Tralas luces e Arrugas
· Fill@s de Cans: adiantamos imaxes de pelis galegas que están aínda no forno
Tamén novidades musicais:
· Mostramos todas as conexións entre música e audiovisual: grupos de película, docus
musicais, cine mudo con música en directo, videoclips, autores de BSO...
· Celebrando a Aerolíneas Federales: con motivo da volta da mítica banda e o seu
concerto en Cans estreamos documentais sobre a movida dos 80 en Vigo
· Máis de vinte actuacións musicais de todos os estilos: pop, rock, punk, folk, cumbia...
· Inauguramos o Cans Voulevar: concertos e mercado de artesanía na estrada de Cans
Moitos protagonistas:
· Aumentamos os encontros dos directores co público nos Coloquios na Leira e
Arredores: Isabel Coixet, Antón Reixa, Sandra Sánchez e Ángel de la Cruz
· Estrelas no Torreiro para: Isabel Coixet, Morris, Chete Lera, Celso Bugallo e Mabel
Rivera
· Xurados de primeira: Federico Pérez, María Mera, Antón Losada, Edu Soto (El Neng),
Germán Coppini, Flora de Merando...
· O debuxante Kiko da Silva toma o relevo en Miradas de Cans
E ademais...
· Estreamos sinaléctica e reforzamos os aparcadoiros

O IX FESTIVAL DE CANS EN NOVE CLAVES
1- Máis xéneros ca nunca: ficción, animación, videoclips, curtametraxe documental, web
series, cine mudo, documental musical…
Na Sala Multiusos inauguramos tres seccións ben interesantes: curtametraxes documentais;
web series e cine mudo a través do hilarante mundo dos Irmás Lumieira. Ademais
renomeamos o Jalpón Fiki, que agora pasará a chamarse Jalpón Fri e, ademais das producións
máis bizarras do momento, acollerá a sección Galegos no Espazo Exterior, documentais e
outras pezas curtas. Buscamos así abranguer os novos xéneros emerxentes, adaptados aos
tempos de Internet e vacas fracas.
2- Un cartel musical moi completo, con máis de vinte actuacións: Aerolíneas Federales,
Xoel López, O Sonoro Maxín, Banda Crebinsky... e moito máis.
Despois de 15 anos volven Aerolíneas Federales e tocarán en Cans temas clásicos como “Soy
una punk” e “No me beses en los labios”. Xoel López, O Sonoro Maxín e Banda Crebinsky
presentan en directo o seus novos discos. As sesións dj corren a cargo de Germán Coppini,
Isabel Risco, Segio Lagartija e Enrique Otero. O Leo i Arremecághona transfórmase no
"cantautor bomba". Anxo Pintos e Serxio Ces, autores da banda sonora de Percebeiros, e
Mullet, con temas en Agélica e Roberta, tocarán no Jaliñeiro Unplugged. E ademais, sesión
vermú coa Banda Municipal de Redondela, música festeira cos Veraneantes e os Lajaretas e
serán dos veciños cas Padereteiras de Cas, As Feiticeiras e as Voces das Rías Baixas.
3- Poñemos a andar o Cans Voulevar, a avenida máis animada da parroquia.
A estrada de Cans, xa habitualmente chea de vida durante o festival, cobra agora forma. Será o
noso Sunset Boulevard particular, cun mercado de artesanía, unha cantina e música na rúa. Alí
tocarán para os viandantes Sés, Bruno T. Ford e Habelas Hainas.
4- Celebrando a Aerolíneas Federales, revisamos a movida dos 80.
Para celebra o reencontro de Aerolínea proxectaremos os documentais musicais Galicia
caníbal, de Antón Reixa, e Efecto ría, de Alba Escudero. Así mesmo, Dj Lagartija,
sorprenderanos cunha selección de música dos 80 e Germán Coppini repasará as principais
influencias da súa música na Noite V Clips.
5- Isabel Coixet fará unha lectura participativa do guión inédito Elisa e Marcela.
Ademais, máis coloquios con directores: Sandra Sánchez, Ángel de la Cruz e Antón Reixa
Non vos parece ben inusual que unha cineasta dea a coñecer publicamente o guión dunha
película que aínda non comezou a rodar? Cousas deste estilo só suceden en Cans. Ademais
faremos coloquios cos creadores das producións galegas máis premiadas do último ano:
Sandra Sánchez, de Tralas luces; Ángel de la Cruz e Manuel Cristóbal, de Arrugas; e Antón
Reixa, de Galicia Caníbal.
6- Ensinamos o nunca visto: secuencias inéditas das producións máis premiadas do ano
e avances das que están aínda no forno.
Este ano estreamos a película Personal Movie de Héctor Carré. Como nas anteriores edicións,
será no Círculo Recreativo con procesión de chimpibuses e a presenza do equipo, cos actores e
actrices protagonistas, entre outros, Santi Romay, Chete Lera, Miguel de Lira e Yelena Molina.
Na sección de inéditos proxectaremos o filme de animación Arrugas, co final alternativo en
exclusiva para Cans; e a longa documental Tralas luces, cunha escena a maiores escollida para
a ocasión pola directora e titulada "Caracois". E na sección Fill@s de Cans, na que realizadores
vinculados ao festival presentan os seus proxectos nos que están traballando, poderemos ver
as primeiras imaxes de A Tropa de Trapo na selva do arco da vella (Alejandro Colls), Meigallos
(Virginia Curiá), A cicatriz branca (Margarita Ledo), Fraga y Fidel sin embargo (Manuel
Fernández-Valdés) e Worg in progress (Xosé Antón Moure e Nahum Fiuza).
7- Ampliamos o proxecto de formación audiovisual Can Campus.
O proxecto Can Campus, desenvolvido en colaboración coa Facultade de Comunicación da
Universidade de Vigo, implicou a mais de 75 persoas entre estudantes, profesores, grupos
musicais e veciños. Este ano rodáronse tres videoclips dos grupos MeDoMedÁ, Glasgow e
Banda Crebinsky; un making of e varios vídeos promocionais, que se estrean agora no festival.
Todo baixo a supervisión dos realizadores Juan Lesta e Belén Montero.
8- Máis Cans Protagonistas no Torreiro, en xurados de primeira e entre os veciños.
O Premio Pedigree'12 recibirao o actor Antón Durán "Morris" e os Chimpíns de Prata o
reporteiro Fernando González "Gonzo" e os veciños Carme Fernández Quintas e Alberto Davila
Giráldez. Por outra banda, Celso Bugallo, Mabel Rivera e Chete Lera, que foron Premio
Pedigree nos anos, respectivamente, 2005, 2006 e 2008, colocarán as súas estrelas no Torreiro
das Estrelas. Manuel Rivas presentará a súa Mirada de Cans e pasaralle o relevo ao debuxante
Kiko da Silva. O xurado da sección oficial de curtametraxes a concurso integrarano Federico
Pérez, Ángel de la Cruz, María Mera, Antón Losada, Marta Piñeiro e Yolanda Muíños. O dos
veciños: Francelina, Manolo da Costa Rocha, Quintas, Concha do Lameiro e Flora de Merando.
E o do concurso de videoclips: Isabel Risco, Iago Martínez, Santi Romay e Germán Coppini. E o
xoves e venres o alumnado dos colexios da comarca serán espectadores protagonistas en
proxeccións especiais para eles.
9-Estreamos sinaléctica e reforzamos o aparcamento
Cans non é unha parroquia moi grande, pero entre os miles de persoas que a visitan durante o
festival sempre hai alguén que fai un pequeno lío para chegar ata as salas. Este ano decidimos
poñerlle fin a estes pequenos contratempos e estreamos sinaléctica. Dádevos conta de como
son os sinais en Ushuaia, as terras que marcan a fin do mundo polo sur? Pois así serán os de
Cans, un cruce de indicacións sobre postes de madeira, como os do cartel. Ademais
habilitamos dúas zonas para o aparcamento, ao carón do Pavillón Polideportivo e do
restaurante Guanabara, con paradas de autobús nas dúas.
E agora que está de moda o crowdfounding vía internet, nós apostamos polo financiamento
colectivo de toda a vida: as rifas. Farémolo cuns premios de cine: asistir á rodaxe da próxima
peli de Isabel Coixet e vir a gastos pagos á próxima edición do festival.

PROGRAMA
MÉRCORES 23 DE MAIO
Baixo de Moncho (Cans):
17.30h. Proxección de Tralas luces+Escena inédita Caracois. Coloquio coa directora Sandra Sánchez
Rotonta da Adroza (Cans):
21.00h. Apertura da novena edición no Can de Pedra
Baixo de Moncho (Cans):
21.30h.- Día dos veciños
Presentación de CanZine
Presentación do xurado dos veciños
Presentación de 20 Anos do Tranvía. O Tranvía Dixital
Avance do making of de Cans 2011: O ano que saímos na CNN
Serán dos músicos de Cans
Actuacións de Pandereteiras de Cans, As Feiticeiras e Voces das Rías Baixas
XOVES 24 DE MAIO
Baixo de Moncho (Cans):
10.00h. Cans de Futuro. Visitas guiadas de colexios e proxección para estudantes con coloquios con actores
e directores
Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño):
17:30h. Proxección de Arrugas+O final alternativo. Coloquio co guionista Ángel de la Cruz e o produtor
Manuel Cristóbal
20.00h. Desfile de chimpíns desde o Parque Infantil ata o CRC cos equipos técnico e artístico de Personal
Movie. Amenizado polos Lajaretas
20.30h. Estrea mundial de Personal Movie. Coa presenza do director, Hector Carré, e os actores e actrices
Chete Lera, Miguel de Lira, Yelena Molina, Isabel Blanco,Víctor Mosqueira, Santi Romay e Deborah Vukusic
Bar Tubulart (O Porriño):
23.30h. Noite V Clips, presentada por Isabel Risco
0.30h. Sesión dj con Germán Coppini
VENRES 25 DE MAIO
Baixo de Moncho (Cans):
10.00h. Cans de futuro. Visitas guiadas de colexios e proxección para estudiantes con coloquios con actores
e directores
16.30h. Fill@s de Cans: A tropa de trapo na selva do arco da vella, Meigallos, A cicatriz branca, Fraga e Fidel
sin embargo e WIP
18.00h. Avance do documental Xoel López e a caravana americana. Coloquio con Xoel López
19.00h. Estrea de Galicia caníbal. Co coloquio co director, Antón Reixa
20.30h. Avance do documental da Caravana Vilamor
21.00h. Procesión de chimpíns coa Banda Crebinsky
Torreiro de Cans:
21.30h. Noite de estrea
Presentación dos xurados do festival
Proxección do making of de Cans 2011: O ano que saímos na CNN
Entrega de premios do concurso de videoclips
Proxección dos videoclips gañadores
Estrea dos traballos de Can Campus: videoclips de MeDoMedÁ e Glasgow+Spots promocionais
Entrega dos Chimpíns de Prata aos veciños Alberto Davila Giráldez e Carme Fernández Quintas e ao
presentador Fernando González “Gonzo”
Entrega do Premio de Honra Pedigree'2012 a Antonio Durán "Morris" e colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas
23.30h. Universo Crebinsky: estrea do videoclip "Un piatto" e actuación de Banda Crebinsky
0.30h. Concerto de Xoel López
2.00h. Sesión DiscoChimpín con DJ Risco no Disco (Isabel Risco)
Bar A Escola Vella (Cans):
3.30h. O Leo e Arremecághona, O cantautor bomba
SÁBADO 26 DE MAIO
Cans (torreiro , salas , leiras e camiños):
9.30h. Ruta a pé: “Camiño de Atios, remontando O Roupeiro”. Saída desde a igrexa de Cans
11.30h. Coloquio na leira con Isabel Coixet. Na leira de Alicia
13.30h. Isabel Coixet coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
13.30h. Sesión vermú coa Banda Municipal de Redondela
15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada polos Veraneantes e Lajaretas
16.00h. Chete Lera coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
16.30h. Inicio do das proxeccións da sección oficial
16.30h. Miradas de Cans: Manuel Rivas + Toma o relevo Kiko da Silva. Na Sala Multiusos
16.30h. Galegos no espazo exterior: El Premio, Desayuno con diadema, Disección de una tormenta. No
Jalpón Fri
16.30h. Actuación de Sés. No Cans Voulevar
17.00h. Sección curtas documentais: Lobos + Aurelia + Percebeiros. Na Sala Multiusos
17.30h. Anxo Pintos + Serxio Ces (BSO de Percebeiros). No Jaliñeiro Unplugged
18.00h. Sección Web Series: Te quiero, pero, Entre Pipas, Unha voz na miña cabeza e Angelica e Roberta. Na
Sala Multiusos
18.00h. Sección Friki: A culpa é dos pais, La charcutera caníbal e Fillos de Sansón. No Jalpón Fri
18.30h. Actuación de Bruno T. Ford. No Cans Voulevar
19.00h. Mullet (Música de Angélica e Roberta). No Jaliñeiro Un plugged
19.15h. Celso Bugallo coloca as súa estrela no Torreiro das Estrelas
19.30h. Concerto de O Sonoro Maxín
20.30h. Reinicio das proxeccións da sección oficial
20.30h. Estea de Efecto Ría, documental de Alba Escudero. No Jalpón Fri
20.30h. Actuación de Habelas Hainas. No Cans Voulevar
21.00h. O Fantabuloso cine ambulante dos Irmáns Lumieira. Na Sala Multiusos
1ª Sesión: Never weekend, de Harold Lloyd. Prezo: 1€
21.00h. Proxección dos traballos do Can Campus: videoclips de MeDoMedÁ, Glasgow e Banda
Crebinsky+Spots promocionais. No Jalpón Fri
22.00h. O Fantabuloso cine ambulante dos Irmáns Lumieira. Na Sala Multiusos
2ª Sesión: One week, de Buster Keaton. Prezo: 1€
23.15h. Mabel Rivera coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
0.00h. Entrega de premios
0.30h. Concerto de Aerolíneas Federales
2.00h. Disco chimpín. Dj Lagartija
3.30h. Bar A Escola Vella. Dj Crebinsky (Quique Otero)
MARTES 29 DE MAIO
Bar Liceum (O Porriño):
22.00h. Proxección das curtas gañadoras
7
CURTAMETRAXES A CONCURSO
Este ano batemos un récord histórico coa recepción de 166 producións. Para a sección oficial a
concurso están seleccionadas 12 curtametraxes de ficción e 6 de animación. Un dos datos máis
destacados na escolla deste ano é a elevada presenza feminina na dirección de curtametraxes,
con directoras como Eva Quintas, Sabela Pernas Soto e Sol Álvarez, as irmáns Albert Sobrino,
Iria Ares e Sonia Méndez. Así mesmo, obsérvase unha importante canteira de creadores
galegos e galegas que están realizando fóra de Galicia traballos de gran calidade.
FICCIÓN
La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa
2011 / 21' / castelán
Dirección: Iria Ares
Guión: Los Plases Joen
Montaxe: Jorge Saavedra
Produción: La Tuerka Films
Fotografía: Jaime Pérez
Música: Manuel Riveiro
Elenco: Daniel Currás, Camila Bossa, Carolina Vázquez,
Milo Taboada e Amalia Gómez
Vai de: Nada é o que parece. Nin Macareno é un
desalmado proxeneta nin a Sarita unha puta calquera.
Rodeados dunha rocambolesca fauna de personaxes,
vivirán unha aventura nas lindes entre o real e o
imaxinario.
Xénero: Fantasía de barrio
O detalle: O produtor e protagonista é Daniel Currás,
coñecido pola serie Matalobos.
Mr Bear
2011 / 14' / inglés
Dirección: Andrés Rosende
Guión: Andrés Rosende e Marin DeSoto
Montaxe: Jeff Miller
Produción: Senin Porto George T. Kimmel IV
Fotografía: Inyoung Choi
Música: Manuel Riveiro
Elenco: Dan Daily, Geraldine Librandi, James Holloway e
Glenn Fleary
Vai de: Unha parella viaxa no seu coche para pasar a
noiteboa en familia. O coche detense de forma inesperada
e teñen que pedir axuda nun taller ás aforas, pero alí en
realidade esperaban a Mr Bear.
Xénero: Humor negro
O detalle: O director compostelán Andrés Rosende
desenvolve a súa carreira nos Estados Unidos, pero as
súas curtas prodúcense desde Galicia.
Sefa Sound System
2012 / 3'' / galego
Dirección, guión, montaxe, produción e fotografía:
Sabela Pernas Soto e Sol Álvarez
Música: Ana Seijo Cuba
Elenco: Josefa Lamas Novo
Vai de: Como cada mañá, Josefa fai as súas tarefas
domésticas creando unha banda sonora orixinal da súa
propia vida.
Xénero: Biopic rítmico
O detalle: As tarefas domésticas vanche soar diferente
cando chegues á casa.
Aurora
2011 / 15' / galego e castelán
Dirección, guión e montaxe: Manuel Macou
Produción: Teatro Scaenae
Fotografía: Fernando Dans
Música: Rodrigo Guerrero
Elenco: Xúlio Abonjo, Mª Ángeles Prieto, Camila Bossa,
Antonio Mourelos e Abi Buceta
Vai de: Todos temos un pasado e un don. Tamén Aurora,
aínda que non sexa quen de lembralo.
Xénero: Drama musical
O detalle: A protagonista, Ángeles Prieto, é unha
veterana actriz galega irmá do actor Manuel Manquiña.
Anacos
2012 / 7' / galego
Dirección, guión, montaxe e produción: Xacio Baño
Fotografía: Lucía C. Pan
Elenco: Mabel Rivera, Fernando Morán, Xosé Barato
Vai de: A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela
coma a súa receita de biscoito.
Xénero: Biopic culinario
O detalle: Xacio Baño gañou o ano pasado no Festival de
Cans coa curta Estereoscopía. Con Anacos vén de ser
recoñecido tamén nos festivais de Málaga e As Palmas.
8
Lvoluten Osken (hazlopormí)
2012 / 6' / trnavés
Dirección, montaxe e fotografía: Javi Camino
Guión: Cain Maijov
Produción: Velma Kostaina
Música: Gummi Cerumi
Elenco: Enrique Lojo, Stela Kaminova e Doreen Slater
Vai de: 6 minutos de pesimismo, absurdo e batido de fresa.
Xénero: Traxedia fucsia
O detalle: O director, Javi Camino, é un habitual na
competición de videoclips, onde xa foi premiado, pero é a
primeira vez que entra nas escolla de curtas de ficción.
O olláparo
2011 / 12' / galego
Dirección, guión, montaxe, produción e fotografía:
Sonia e Miriam Albert Sobrino
Música: C.G. Santos
Elenco: Antonio Mourelos, Julio S. Barja e Francisco S. Ares
Vai de: O Pai (86 anos) e O Fillo (46 anos) terán que
enfrontarse ao Olláparo, unha poderosa criatura dun só
ollo e apetito caníbal da mitoloxía galega. As leis de vida
decidirán o seu destino.
Xénero: Drama mitolóxico
O detalle: Dirixen dúas irmás xemelgas que deixaron a
enfermería pola experimentación audiovisual.
Conversa coa muller morta
2012 / 15' / galego
Dirección, guión e produción: Sonia Méndez
Montaxe: Sonia Méndez e Óscar Chamorro
Fotografía: Óscar Chamorro
Música: Osphan tracks
Elenco: Luis Zahera e Camila Bossa
Vai de: Luís acaba de saír do cárcere onde cumpría
condena polo asasinato da súa muller Elena, cometido
quince anos atrás. Cando chega á casa ela aparéceselle
“de entre as mortas” para saldar contas.
Xénero: Drama dende o alén
O detalle: Sonia Méndez vén de recibir o Mestre Mateo á
mellor curtametraxe de ficción por As damas negras.
Dúas letras
2011 / 22' / galego
Dirección, montaxe e fotografía: Eloy Varela
Guión: Fina Casalderrey
Produción: Mariano García e Eloy Varela
Música: Óscar Tercero
Elenco: Teresa Fraga, Fina Casalderrey, Mariano García
Claudina Casalderrey, Celso Casalderrey e Bernando García.
Vai de: As ausencias, a diglosia, a emigración, os
silencios... van tatuando no rostro de Áurea as cicatrices
do seu drama persoal. Mentres, a esperanza de volver ver
ao seu fillo vai crebando.
Xénero: Drama e emigración
O detalle: A escritora Fina Casalderrey, ademais da
guionista, interpreta a unha das personaxes principais.
El baile maldito
2012/ 6' /castelán
Dirección: Rafa de los Arcos
Guión: Rafa de los Arcos e Miguel Ángel Blanca
Montaxe: Ingrid Boixadós
Produción: Raquel Giménez y Bernat Manzano
Fotografía: Alex Sans
Música: Sara Fontán e Pau Juliá
Elenco: Igor Szpakowski e Joana Vilapuig
Vai de: Nubes negras achéganse polo horizonte... a xente
foxe aterrada das catastróficas consecuencias do ataque
so se maligno e o seu baile maldito.
Xénero: Apocalipse estival
O detalle: Rafa de los Arcos xa levou un premio do
Público en Cans por Uruguai 2030.
Soap Opera
2011 / 11' / inglés
Dirección: Eva Quintas Froufe
Guión: Jennifer Gerber
Montaxe: Alberto Froufe Sánchez
Producción: Jennifer Gerber
Fotografía: Cori Dross
Música: Hyosang Jung
Elenco: Will Cart, Jody Flader e Matt Farber
Vai de: Nun lugar tan pouco inspirador como unha
lavandería xorde o amor entre Cheryl e Charlie, que vai
evolucionando á par dos ciclos de lavado, centrifugado,
secado e dobrado.
Xénero: Romance centrifugado
O detalle: A directora Eva Quintas estudou nos Estados
Unidos, onde rodou a curta. Xa foi finalista en dúas
edicións de Cans.
Adivina quién viene a comer mañana
2012 / 30' / castelán
Dirección e guión: Pepe Jordana
Montaxe: Fernando Guariniello
Produción: Sara Horta e Luis Collar
Fotografía: Alberto Díaz “Bertixi”
Música: Darío Eskenazi
Elenco: Chete Lera, María Castro, Jorge Bosch e Óscar
Hernández
Vai de: Unha moza volve á casa para anunciar que vai
casar cun prestixioso neurólogo. O pai, movido polos
celos e a ignorancia, confunde a neuroloxía coa maxia
negra e decide impedir a voda axudado por unha recua de
veciños bastante peculiares.
Xénero: Comedia conspiratoria
O detalle: É o debut como director de Pepe Jordana, que
ten sido produtor dalgunha das curtas españolas máis
premiadas dos últimos anos.

ANIMACIÓN
O xigante
2012 / 11' / galego
Dirección: Luis Matta e Julio Vanzeler
Guión: Nelia Cruz
Montaxe: Pedro Lino
Produción: Lola B. Riudoms
Producido por: Abano Films SL
Fotografía: Lúa Testa
Música: Nani García
Vai de: O Xigante é unha xanela que amosa a fantástica
aventura de medrar. Simboliza o corazón de todos os
pais, homes e mulleres que a través da súa mirada lle
revelan o mundo aos seus fillos, axudándolles a
construír o seu universo e a deixalos marchar cando
chegue o momento.
Xénero: Aventura
O detalle: Escoitade con atención a emocionante
banda sonora.
Lorchos e fanecas
2011/6'/galego
Dirección e guión: Lucas Ricoy Castro
Montaxe: Gonçalo Brito, Talita Gándara, Lucas Ricoy
Castro e Francesc Terrades
Produción: Lucas Ricoy Castro, IDEC-UPF
Música: Xandre Outeiro
Vai de: Un conto sobre o mar. Unha historia onde se
mesturan realidade, ficción e memoria para
reconstruír a vida dun mariñeiro galego a través dos
ollos do seu neto.
Xénero: Conto animado
O detalle: Se che gustan as historias dos vellos
mariñeiros, gustarache esta curta.
A banda (The band)
2011 / 11' / galego
Dirección, guión, montaxe, produción e fotografía:
José Luis González
Música: Enrique Barros Ambroa
Voces: Jesús Álvarez “Willy”
Vai de: Gabi é unha gaivota patiamarela, especie
protexida, que devece por entrar no grupo de rock de
Zarpas, Buchi e Flaco, pero a cuestión ponse cada vez
máis difícil. Nos seus intentos sempre termina
rebentando os ensaios, as reunións e os concertos... ata
que un día sucede algo inesperado que pon en valor o
seu graznido.
Xénero: Animación avícola
O detalle: É a segunda vez que o director entra en
Cans nos finalistas de animación.
Coda
2011 / 2' / inglés
Dirección, produción, montaxe e posprodución:
DSK (Juan Lesta e Belén Montero)
Guión: Belén Montero
Fotografía: Juan Lesta
Música: The Big Head Troubled Boy (Mireia Salazar
Pascual)
Vai de: Retrato metafórico do entretemento visual
actual polos espazos de difusión e as redes sociais,
fronte ao cinema convencional.
Xénero: Origami animado
O detalle: Contén guiños a Twitter, YouTube,
Hitchcock, Hollywood, Actors Studio... en pouco menos
de dous minutos.
El club del bromista
2011 / 9' / castelán
Dirección: Luis Usón
Guión: Luis Usón e Omar Rabuñal
Montaxe: Luis Usón e Miguel Corujo
Produción: Uson Studio
Música: Sergio Pena
Voces: Evaristo Calvo, Juan Diéguez e Tomás
Salvadores
Vai de: Un vendedor a domicilio de artigos de broma,
sen moita fortuna profesional. Pero un día xurdirá
unha oportunidade que o cambiará todo.
Xénero: Comedia
O detalle: Levou o último premio Mestre Mateo á
mellor curta de animación.
Cribba, o vampiro
2010 / 8' / galego
Dirección: Daniel Montero
Guión: Samuel Lema e Marcos Rodríguez
Produción: Daniel Froiz
Música: Daniel Montero e Cristian Franganillo
Vai de: Cribba é un vampiro pulcro e presumido que
vive nun castelo nos Cárpatos. Cada noite sae a buscar
unha nova vítima que alimente a súa sede de sangue,
pero Cribba sente saudade de cando era humano. Unha
moza, un marabilloso quit de maquillaxe e un espello
son os obxectos que lle axudarán a acadar o seu
desexo, aínda que iso lle custe o fin da súa existencia
inmortal.
Xénero: Traxicomedia vampírica
O detalle: Os vampiros son de sangue quente e ás
veces provocan secuencias algo subidas de ton.
10
NOITE V CLIPS
O Concurso de videoclips, patrocinado por V Televisión, conta cun xurado composto por:
Isabel Risco: actriz coñecida por programas como Air Galicia, Pillados e Land Rover ou series
como O Nordés e Padre Casares. Será a encargada de presentar a Noite V Clips.
Iago Martínez: xornalista experto coñecedor do panorama dos novos grupos do rock galego.
É colaborador de El País e da revista musical Rockdelux.
Santi Romay: actor e organizador de eventos musicais como o Nordestazo Rock de Malpica.
Ademais, está en Cans para presentar o filme Personal Movie, que protagoniza.
Germán Copini: cantante mítico da primeira época de Siniestro Total, que logo lle puxo voz a
Golpes Bajos. Agora desenvolve o seu proxecto Lemuri Pop, combinado con sesións como dj.
Os videoclips a concurso son:
NOVEDADES CARMIÑA. Jódete y Baila. De Javi Camino
RUXE-RUXE. Rock do país. De Adrián Cuña
VÍCTOR COYOTE. Joven de cuello vuelto. De Víctor Coyote
FRANC3S. Como haremos para desaparecer? De Rubén Domingues e Mar Catarina Serantes
MILKNAUT. Gumboots girl. De Beatriz Vázquez
K-RAXE. Control do mal. De Paulo Bouzas
MULLET. Puerto del Sonido. De Rubén Domínguez
BALDOSA AMARILLA. Desequilibrio. De Tomás Martínez
ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS. El tiempo futuro. De Alberto Baamonde
HOLLYWATER. Shame on us. De Xacobo Díaz e Xácome Alexandre
SRASRSRA. Putos señora. De Moncho Fernández e Lucía de Llano
LINDA GUIGALA. Cientos de ovnis. De Javi Camino
MARYLAND. Red Boots. De Martín Rendo
SÉS. Admirando a condición. De Marcos Martínez
COMBO DINAMO. Quieto, Muere, resucita. De Héctor Diéguez
CARDIGAN BRIDGE. Under the drizzle. De Francisco Gallego
IGLOO. Cientos de motivos. De Victor Moreno
MANOS DE TOPO. Tus siete diferencias. De Kike Maíllo
TELEPHONES ROUGES. Helio. De Javi Camino
COLECTIVO ORUGA. Tired. De Colectivo Oruga
E ao rematar Germán Coppini ofrecerá unha sesión Dj, unha faceta súa pouco coñecida, aínda
que ten pinchado en locais de Madrid e foi dj residente da sala Calle 54. Para Cans preparou
unha sesión moi persoal onde pinchará todo o pop e o rock que o influíu e o marcou como
músico. Un repaso coa intención de facer bailar sen parar ao público.
11
SALA MULTIUSOS
Miradas de Cans: Manuel Rivas (2011)
Recolle o relevo Kiko da Silva (2012)
Convidamos a creadores de diferentes ámbitos a vivir o festival en primeira persoa, para que
ao ano seguinte nos presenten a súa Mirada de Cans. Na pasada edición foi a quenda de
Manuel Rivas, que agora nos presenta as súas conclusións. Ao final do acto tomará o relevo o
debuxante Kiko da Silva, que nos visita este ano para coñecer de preto o universo Cans e
presentalo desde o seu punto de vista en 2013.
Curtas documentais
A curtametraxe documental está experimentado un crecemento en Galicia nos últimos anos.
Así o observamos no material que recibimos no festival. Por iso quixemos facer unha pequena
escolma destas pezas. Eliximos tres de temáticas variadas para mostrar o que se fixo este ano.
Lobos
2011 / 7' / galego
Dirección e guión: Xes Chapela
Montaxe: Xes Chapela e Zulima Fernández
Produción: Cristina Pérez
Fotografía: Zulima Fernández
Música: Víctor Fernández
Elenco: Veciños de San Pedro de Ríos
Vai de: Na aldea de San Pedro de Nós os lobos, xa
extinguidos, volven sentirse a través dos relatos de
Paca e os seus veciños. Son historias en primeira
persoa, nas que o lobo forma parte da cultura popular
como a encarnación do mesmo mal, pero é tamén un
veciño e protagonista necesario.
Xénero: Documental e lendas
O detalle: O traballo foi feito cos alumnos do Ciclo de
Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos do
CIFP A Farixa (Ourense).
Aurelia
2011 / 7' /galego
Dirección e guión: Milena Martínez Basalo
Montaxe: Iago López
Produción: Sara Rollón
Fotografía: Iago López
Música: Edsol Records
Elenco: María Aurelia García Vázquez
Vai de: Aurelia marchou emigrada para Inglaterra
cando era unha mociña alá polos anos 70. Logo de
pasar unha tempada en Escocia decidiu ir para
Londres e alí fixo unha entrevista para traballar como
persoal de servizo na casa dunha xente moi
importante. Non soubo quen eran ata o seu primeiro
día de traballo, cando lle apareceu pola mañá
asubiando na cociña nin máis nin menos que Ringo
Starr.
Xénero: Beatlemanía
O detalle: Aurelia non volveu nunca a Londres, pero
aínda ten idea de facelo e presentarse na casa do ex
Beatle. A curta estivo preseleccionada para os Goya.
Percebeiros
2011 / 11' / galego e castelán
Dirección: David Beriain
Guión: Fernando Ureña e David Beriain
Cámaras: Sergio Caro, Ernesto Villalba, Sergio
Carmona e Helifilms
Realización: Quique de la Vara e Nuria Gómez
Son: Suso Ramallo
Produción: Elena Delgado de León
Música: Anxo Pintos
Elenco: Serxio Ces
Vai de: Ruxe o vento. O mar golpea os cantís. Dous
metros de rocha, esa é a franxa de auga e osíxeno na
que medra o percebe. Dous metros onde o mar bate
con forza milenaria. Unha fronteira de ondas, espuma,
valor e medo na que Serxio e os seus compañeiros
loitan por un bocado de mar.
Xénero: Documental mariñeiro
O detalle: O protagonista é o percebeiro Serxio Cés,
músico do grupo folk Os Cempés.
12
Web Series
A crise limita as producións e as canles convencionais como a televisión ou o cinema poñen en
marcha cada vez menos obras de ficción. Neste escenario, moitos profesionais optan por
autoproducirse e crear na rede un lugar para mostrar o seu traballo. Son pezas curtas de
ficción, principalmente webseries, onde se experimentan novos camiños. En Cans fixemos
unha escolma para que saibades o que se está a mover no contexto actual.
Te quiero, pero
2011 / 11'
Dirección, guión e produción: Carlos Gulías e
Ángel Seoane
Fotografía: Luis García Juan
Son: David Crego
Elenco: Julio Muñoz, Tati García, Alejandro Carro,
Cristina Domínguez, Óscar Abades, Sandra Iglesias,
Ángel Seoane, Carlos Gulías, María Verdía e Oreo.
Vai de: Javi, Berta, Álvaro, Pablo, Manu, Sole, Lucía,
Raúl e Clara son amigos con ao redor de trinta anos
que viven de distinta maneira o paso da mocidade á
madureza, compartindo as súas penas e alegrías con
moito humor e con moito amor.
Xénero: Web serie romántica
O detalle: Os guionistas baseáronse nos seus
propios amigos para escribir as diferentes historias.
Web: tequieropero.es
Entre pipas
2011 / 7'
Dirección, guión e produción: Jorge Cassinello
Fotografía: Nacho Vicente e Jerome Kim
Música: Jorge Cassinello
Elenco: Luis Zahera, Xúlio Abonjo, Helena Golden,
Willy McHotibus e Waco
Vai de: Dous amigos un tanto dispares que quedan
sempre no mesmo banco ao pé dunha autoestrada.
Luis, actor, é vehemente, leal e temperamental; e
Julio, realizador nunha produtora, é introvertido,
sensible e observador. Ambos representan as dúas
caras dunha amizade tan imperfecta como
incondicional.
Xénero: Web serie de amigos
O detalle: Nunca comer pipas deu para tanta
reflexión.
Web: www.entrepipas.com
Unha voz na miña cabeza
2011 / 8'
Dirección, idea orixinal e guión: C. Ares, X. Castro,
A. Mahía
Produción: Zopilote SL
Elenco: Víctor Fábregas
Vai de: Víctor é un tipo tímido e respectuoso ao que,
en ocasións, unha voz interior o anima a saltar as
normas: colarse no cine, sorrirlle a unha moza nun
bar, tirar o envoltorio dun caramelo ao chan... Pero,
invariablemente, a pequena infracción deriva nunha
situación incómoda, estrambótica e fóra de control,
sobre todo no medio de robustos bielorrusos.
Xénero: Web serie de humor
O detalle: Ten referentes televisivos ben coñecidos
como Mr Bean ou Brien O´Brien. Fíxate na
interpretación xestual de Víctor Fábregas.
Angélica y Roberta+Inéditos especial Cans
2011 / 15'
Realización: Judas Diz e Óscar Chamorro
Produción: Nati Juncal e Ágel Patiño
Fotografía: Catalina Candocia e Víctor Rodríguez
Montaxe: Sonia Méndez e Óscar Chamorro
Elenco: Sandra Lesta, Sonia Méndez, Xulio Abonjo,
Luis Zahera e Alberto Rolán
Vai de: O día a día de dúas amigas que ao pasar a
trintena deciden, por fin, irse da casa dos seus pais
para vivir xuntas. Instálanse no seu novo fogar, con
horta e hórreo, un reduto onde aplican a súa
peculiar forma de enfrontarse aos conflitos cotiáns
con grandes doses de agudeza e enxeño.
Xénero: Web serie cómica
O detalle: A voz en off do pai de Roberta é a de
Manuel Manquiña e na BSO están temas de moitos
grupos indies galegos da última fornada, entre eles
Mullet, que tocará no Jaliñeiro Unplugged.
Web: www.angelicayroberta.com
13
Cine Mudo
O extraordinario éxito acadado polo filme mudo The Artist, activou de novo o interese do
público por este xénero que semellaba ancorado no tempo. No cine mudo os actores
interpretan de forma diferente, a música toma un papel relevante e ata o público parece
comportarse doutro xeito. En Cans non somos alleos á nova febre do cine mudo. Por iso están
aquí os Irmáns Lumieira, para sorprendernos co que promete ser un dos espectáculos do ano.
O fantabuloso cine ambulante dos irmáns Lumieira
Faranse dous pases
Entrada: 1€ cada pase
Aforo limitado
Dirección: Víctor Mosqueira
Música: Suso Alonso
Vestiario e caracterización: Víctor Mosqueira
Escenografía: Natasha Lelenco
Atrezzo: Pepe Penabade
Cinematografía:
Dirección e Montaxe: Tomás Lijó
Fotografía e cámara: Alberto Díaz 'Bertitxi'
Produción: Tomás Lijó e Ana Triñanes
Elenco: Suso Alonso, Tomás Lijó e Carlos Meixide
Vai de: O universo hilarante de tres irmáns que emulan a maxia e a paixón dos primeiros tolos
do cinematógrafo. Ademais de relatar a súa propia historia e amosar as súas propias
filmacións en auténtica película de 16 mm, nas súas sesións en Cans presentarán dúas xoias
do cine mudo: Never weaken, de Harold Lloyd (1921) e One week, de Buster Keaton (1920).
Xénero: Cine mudo e humor
O detalle: Nas súas sesión empregan un proxector de máis de 50 anos e auténticas copias
orixinais en 16 mm.
JALPÓN FRI
Galegos no espazo exterior
Unha sección para mostrar o traballo de moitos profesionais galegos que fan curtas de gran
nivel polo mundo adiante e que dificilmente se poden ver en Galicia. Este ano escollemos dúas
onde actúan Carlos Blanco e Luis Zahera e outra escrita polo guionista Alfonso de la Puente.
Desayuno con diadema
2012 / 18'' / castelán
Dirección, guión e montaxe: Óscar Bernàcer
Produción: Nakamura Films S.C.
Fotografía: Nacho Ramírez
Música: Iván Capillas
Elenco: Carlos Blanco e Rosario Pardo
Vai de: Un almorzo entre dous descoñecidos. Un tren que
pasa. Atreveranse a collelo?
Xénero: Comedia matutina
O detalle: O actor Carlos Blanco é o protagonista da curta
Disección de una tormenta
2012 / 18' / español
Dirección, produción e montaxe: Julio Soto
Guión: Julio Soto e Alfonso de la Puente
Fotografía: Álvaro Martín Blanco
Música: Rafael Arnau
Elenco: Cristina Piaget, Ferrán Terraza, Leticia Pascual,
Luis Alberto Gimeno, Verónica Muñoz, Mari Carmen
Rivas, Elena Boaben, Luis Reina.
Vai de: Unha muller chamada D busca refuxio nun
sanatorio no medio das montañas para fuxir dun pasado
que a atormenta. A obsesión da que intenta escapar é a
morte, pero esta toma para ela unha inusual forma: a do
seu propio cabelo. Baseada no libro homónimo de
Menchu Gutiérrez.
Xénero: Psicodrama
O detalle: O coguionista é o galego Alfonso de la Puente.
El premio
2011 / 16' / castelán
Dirección e guión: León Siminiani
Montaxe: David Pinillos
Produción: Koldo Zuazua, Daniel Sánchez Arévalo e León
Siminiani
Fotografía: Alfonso Postigo
Música: Guillermo McGill
Elenco: Pilar Castro e Luis Zahera
Vai de: Pilar e Manuel prepáranse para o que debería ser
unha noite de celebración e glamour. Debería, pero levan
demasiado tempo varrendo a súa relación para debaixo
da alfombra vermella...
Xénero: Comedia e glamour
O detalle: Esta rodada nos premios Goya e veredes
moitas caras coñecidas.
Sección Friki
A culpa é dos pais
2011 / 20' / galego
Dirección, guión, montaxe e produción: Daniel
Villaverde
Son: Rubén Ruíz e Pablo Lamosa
Música: Faino Ti
Elenco: Antonio Mourelos, Daniel Villaverde, Pedro Díaz,
María Mercedes Framil, Dolores Mirás, Valeria Dios...
Vai de: Un estudante de Comunicación Audiovisual que
en 21 anos non foi quen de descubrir cara onde vai. Iso si,
ten moi claro de onde vén.
Xénero: Documental universitario
O detalle: A curta conta a vida do propio director, coa
implicación da súa familia, amigos e profesores.
La charcutera caníbal
2010 / 5' / castelán
Dirección, montaxe e produción: Rosario Carballo
Vai de: O noticieiro recolle un monstruoso caso de
sadismo extremo na posguerra civil española,
protagonizado por unha muller de Pontevedra,
republicana e atea.
Xénero: Efecto Kulechov
O detalle: As imaxes proceden na súa totalidade do
NODO, facendo un enxeñoso exercicio de
reinterpretación.
Fillos de Sansón
26' / galego e castelán
Dirección e montaxe: Eloy Domínguez
Guión: Luis Rodríguez, Víctor Barberá e Eloy Domínguez
Produción: Lisa Andracke
Fotografía: Joan Cuevas
Música: Víctor Barberá, Joan Cuevas e Luis Rodríguez
Vai de: Durante séculos o pelo foi símbolo de virilidade.
Un dos maiores culpables do asunto foi Sansón. Pero xa é
hora de derrubar certos prexuízos.
Xénero: Documental alopécico
O detalle: É unha produción do máster de documental
creativo da Universidade Autónoma de Barcelona.
15
MÚSICA
Día dos veciños
Pandereteiras de Cans | Feiticeiras | Voces das Rías Baixas
Os veciños e veciñas de Cans, verdadeira alma mater do festival, inauguran a novena edición
amosando o seu talento musical. Despois das actuacións das xa veteranas neste serán
Pandereteiras de Cans, Feiticeiras e Voces das Rías Baixas, sumaranse moitos músicos dos
arredores na fin de festa.
Mércores 23 | 21.30h. | Baixo de Moncho
Noite V Clips
Germán Coppini
O Festival de Cans ofrece por vez primeira en Galicia a faceta como dj dun personaxe mítico da
movida: Germán Coppini. Foi o punki rompedor da primeira época de Siniestro Total e púxolle
voz e personalidade a Golpes Bajos. Desenvolve agora o seu proxecto Lemuri Pop combinado
con sesións como dj. Ten pinchado en locais de Madrid e foi dj residente da sala Calle 54. Para
Cans preparou unha sesión moi persoal onde pinchará todo o pop e o rock que o influíu e o
marcou como músico. Un repaso coa intención de facer bailar ao público.
Xoves 24 | 1.00h. | Bar Tubulart (O Porriño)
Noite de estrea
Universo Crebinsky (pasarrúas+concerto+estrea de videoclip)
A responsable da BSO do filme Crebinsky saltou da pantalla ataviada co uniforme das bandas
de música soviéticas da época para envolvernos no ambiente da película. Cunha coidada posta
en escena e os ritmos frenéticos da Europa do leste garante festa e diversión. Dánlle vida a
esta proposta oito músicos de amplas carreiras, comandados polo contrabaixista Pablo Pérez e
o acordeonista bielorruso Vadim Yukhnevich e entre os que está o propio director do filme
Enrique Otero. Teñen disco novo, Jet lag, do que gravaron en Cans o videoclip do tema "Un
piatto", que agora se estrea no festival, e do que tocarán un adianto de varios temas.
Venres 25 | 21.00h. e 23.30h. | Camiños e Torreiro de Cans
Xoel López
O líder da que foi unha das bandas máis internacionais do noso panorama musical, Deluxe,
chegará ao torreiro de Cans arroupado por unha gran banda para presentar o seu novo disco,
Atlántico, que acaba de saír do forno. É o seu primeiro álbum como Xoel López, co que abre
unha nova andaina despois de dous anos buscando inspiración e novos retos na outra beira do
océano. Un Xoel López máis tranqui, máis reflexivo e máis atlántico que nunca, pero coa
mesma vocación de artista libre.
Venres 25 | 0.30h. | Torreiro de Cans
16
Dj Risco no Disco (Isabel Risco)
Isabel Risco, unha das actrices galegas con máis ritmo, recunca este ano á fronte dos pratos do
DiscoChimpín, despois do éxito que acadou na pasada edición. Exprimirá ao máximo o seu
tesouro de vinilos dos 60 e 70 nunha sesión cen por cen bailable.
Venres 25 | 2.00h. | Torreiro de Cans
O Leo i Arremecághona, o cantautor bomba
O cantor máis punk de Galicia presenta o seu novo espectáculo: "O cantautor bomba".
Rock'n'Roll cañeiro, combativo, con sentido do humor e unha personalidade tan esquizoide
como o país no que vivimos. Tede coidado, pois O Leo pode inmolarse en calquera momento.
Venres 25 | 3.30h. | Bar A Escola Vella (Cans)
Día Grande
Banda Municipal de Redondela
Pasarrúas dende a rotonda do Can ata o Torreiro e sesión vermú coa banda de música de
Redondela, que recupera temas imprescindibles de filmes como “A vida é bela” e “Dr Zivagho”.
Sábado 26 | 13.00h. | Torreiro de Cans
Os Veraneantes+Lajaretas
Como vén sendo habitual, a música acompañará a procesión de chimpibuses e animarán os
camiños de Cans. Os Veraneantes e os Lajaretas serán os encargados de orixinar ese ambiente
festeiro con melodías aceleradas e desbarre de proporcións descoñecidas.
Sábado 26 | 15.30h. | Camiños de Cans
O Sonoro Maxín
Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que,
aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas. E vén cargada de ritmos descompasados
que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas
melodías atopadas no fol dun acordeón. Isto é o que promete o novo disco que O Sonoro Maxín
presentará en Cans: A onda sonora (chega do interior). De novo a visión musical múltiple da
banda ourensá, baseada nunha mestura de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou
vallenato.
Sábado 26 | 19.30h. | Torreiro de Cans
Aerolíneas Federales
O reencontro máis esperado do ano. Miguel Costas, Luis Santamarina, Silvino Díaz, Rosa
Costas e Coral Alonso volven aos escenarios quince anos despois da súa última actuación.
Todo grazas a un fan do Perú, que logo de moito insistir, conseguiu que foran tocar no seu país.
É que Aerolíneas Federales non son só referentes da movida aquí, senón que xuntaron tamén
unha boa caterva de seguidores en América Latina. A aventura foi positiva e decidiron seguir
adiante e deixarnos gozar do pop dos seus clásicos “Soy una punk”, “No me beses en los
labios”, “Rollo porno”, “Isto non é o que parece, amigo” e moitos máis. Tocarán tamén temas do
seu novo disco Hasta el final y más allá.
Sábado 26 | 0.30h. | Torreiro de Cans
17
Dj Lagartija
Sergio Lagartija leva dende os 16 anos percorrendo as salas máis importantes de toda a
península. A súas sesión son unha bomba ecléctica e impredicible. En Cans sorprenderanos
cunha selección de música dos 80, para continuar celebrando a volta de Aerolíneas.
Sábado 26 | 2.00h. | Torreiro de Cans
Dj Crebinsky
Enrique Otero, director da película Crebinsky e teclista da banda Crebinsky, preséntanos unha
sesión dj para viaxar bailando dende O Brasil ao Cáucaso.
Sábado 25 | 3.30h. | Bar A Escola Vella (Cans)
Jaliñeiro Unplugged
Anxo Pintos+Serxio Ces
Anxo Pintos, un Berrogüetto, e Serxio Ces, un Cempés, xuntan o seu talento musical para
poñerlle dramatismo á BSO de Percebeiros. Anxo Pintos compuxo os temas e interpreta a
parte musical e Serxio Ces pon a voz, ademais de ser o protagonista do documental.
Sábado 26 | 17.30h. | Jaliñeiro Unplugged
Mullet
Temas dos lugueses Mullet son a BSO dalgún capítulo de Angélica e Roberta. A súa música non
se rexe por ningún criterio concreto, nin abstracto. Tocan todos os paus que se deixan tocar e
fan, en definitiva, o que lles ben en gana.
Sábado 26 | 19.00h. | Jaliñeiro Unplugged
Cans Voulevar
Sés
Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos
repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e
independente. Unha das revelacións do ano.
Sábado 26 | 16.30h. | Voulevar
Bruno T. Ford
Neste proxecto persoal dun ex Río Bravo priman os ritmos rock'n'roll, bluegrass e country,
todo baixo a contención do acústico, pero sen perder a actitude rockeira. Does it bite? é o seu
primeiro álbum.
Sábado 26 | 18.30h. | Voulevar
Habelas Hainas
Habelas Hainas son Sandra Tamayo, Patricia Gamallo, Arantza Alfaia e Jara Ortiz, catro mozas
multiinstrumentistas, que parten da música tradicional e de raíz, para experimentar con ela e
crear un son enérxico, fresco e orixinal.
Sábado 26 | 20.30h. | Voulevar
CELEBRANDO A AEROLÍNEAS
Ademais das sesións dj de Germán Coppini repasando as principais influencias da súa música
e de Sergio Lagartija pinchando unha selección de música dos 80, proxectaremos dous
documentais que rastrexan os "porqués" dun dos momentos de maior creatividade musical en
Galicia, o que se viviu en Vigo nos anos 80 e que deu en chamarse a Movida.
Galicia caníbal
2012 / 52' / galego
Dirección: Antón Reixa
Realización: Luis Montenegro
Guión: Jacobo Paz
Montaxe: Mario Varela
Posprodución: Héctor Cerdeira
Produción: Filmanova para TVE
Interveñen: Antón Reixa, Manuel Manquiña, Julián Hernández, Miguel Costas, Germán
Coppini, Antón Patiño, Manuel Romón, Luis Santamarina, Pilar Comesaña...
Vai de: Músicos, xornalistas, políticos, artistas, cineastas ou escritores xúntanse para analizar
unha época da que participaron e que seguramente foi o momento de maior efervescencia
creativa de Galicia: os 80. Vigo bramaba nas rúas de día contra a reconversión naval e fervía de
noite creativamente nos bares daquilo que se deu en chamar a movida. Cando e como
empezou? Por que se produciu? Cando rematou? Todas as claves en Galicia Caníbal.
Xénero: Documental musical
O detalle: O documental foi seleccionado no prestixioso festival de documentais musicais In-
Edit Barcelona. Esta á a súa estrea en Galicia.
Venres 25 | 19.00h. | Baixo de Moncho
Efecto Ría
Ano 2012/ 18' / galego
Dirección: Alba Escudero
Axudantes de dirección: Eunice Bayona e Antonio Varela
Produción: Josué Pérez
Fotografía: Diego de Coo
Interveñen: Emilio Alonso, Nicolás Pastoriza, Salva Ronco, Pablo Novoa, Ragdog, Pacífico,
Javier Abreu
Sinopse: “Todo o mundo na cidade coñece a alguén que toca nun grupo”. Esta podería ser
unha frase que defina o que é Vigo, a cidade da movida, unha cidade onde todo o mundo leva a
música metida dentro. Efecto Ría mestura as opinións de moitos dos músicos da época, pero
sobre todo explora o que chegou daqueles grupos ata a escena actual, pasando polo momento
do Xabarín. Serviu para algo a movida ou nalgúns casos é un lastre?
Xénero: Documental musical
O detalle: Grupos actuais como Ragdog, Pacífico, Patricia Moon o Phantom Club realizaron
versións de cancións dos 80 para a banda sonora.
Sábado 26 | 20.30h. | Jalpón Fri
19
COLOQUIOS NA LEIRA E ARREDORES
Isabel Coixet
Isabel Coixet fará en exclusiva para o público de Cans unha lectura participativa do guión da
súa próxima película, Elisa y Marcela. Este filme, coproducido por Filmanova Invest, Milou
Films e Castafiore Films, está baseado na historia historia de dúas mulleres galegas que
protagonizaron o primeiro matrimonio homosexual de Europa e vai ser rodado en Galicia.
Non é a primeira vez que Coixet traballa na nosa terra. A finais dos 90 percorreu a xeografía
lucense para A los que aman e en 2010 desenvolveu no antigo cárcere provincial da Coruña a
instalación de homenaxe a Jonh Berger, From I to J. Ademais, o seu documental Escuchando al
juez Garzón, no que Manuel Rivas entrevista en profundidade ao popular maxistrado, puido
verse na pasada edición de Cans, nunha das sesións con máis afluencia de público na historia
do festival.
Sábado 26 | 11.30h. | Leira de Alicia
Sandra Sánchez / Tralas luces
O ano pasado Sandra Sánchez estivo na sección Fill@s de Cans presentando Tralas luces. Este
ano volve para amosar o seu traballo xa rematado e faino logo de recibir os premios Mestre
Mateo á mellor dirección e longametraxe documental. Ademais, proxectará unha escena
inédita do filme, titulada "Caracois", na que se pode ver a complicidade da directora coas
familia protagonista e o seu xeito de interactuar despois de nove meses de convivencia e máis
de 200 horas de gravación. Os asistentes poderán preguntarlle por este e outros proxectos
seus anteriores como Sueños desde el abismo ou Aguiño, sobrevivir al Prestige.
Mércores 23 | 17.30h. | Baixo de Moncho (Cans)
Ángel de la Cruz+Manuel Cristóbal / Arrugas
O filme Arrugas, baseado no cómic de Paco Roca que foi Premio Nacional en 2008 e que vén de
gañar 2 Goyas (mellor longa de animación e mellor guión adaptado) e 4 Mestres Mateo
(dirección artística, música orixinal, guión e longametraxe de animación), será o centro doutro
dos coloquios desta edición. Nel intervirán Ángel de la Cruz, guionista, e Manuel Cristóbal,
produtor. Con anterioridade, De la Cruz compaxinou traballos de dirección e guión en
proxectos como Os muertos van á presa, O bosque animado e O soño dunha noite de San Xoán.
Pola súa parte, Manuel Cristóbal, á fronte de Perro Verde Films, participou na produción de,
entre outras películas, A noite que deixou de chover e Gritos en el pasillo, estreadas no Festival
de Cans, respectivamente, en 2009 e 2007.
Xoves 24 |17.30h. | Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño)
Antón Reixa / Galicia caníbal
Antón Reixa, que foi Premio Pedigree en 2007, ano no que compartiu o Coloquio na Leira con
Tristán Ulloa, volve agora a Cans para presentar o seu documental Galicia Caníbal. Unha
inmersión na Movida dos anos 80 dirixida por un dos principais protagonistas, o propio Reixa,
e narrada pola voz de máis de vinte persoas. Nunca unha estrea foi tan oportuna no festival,
despois do concerto-homenaxe dos Resentidos e a volta de Aerolíneas Federales. Os asistentes
poderán revivir da man de Reixa aqueles anos de emerxencia musical.
Venres 25 | 19.00h. | Baixo de Moncho
20
LONGAMETRAXES E INÉDITOS
Estrea
Personal Movie
2011 / 90' / castelán
Dirección e guión: Héctor Carré
Produción Executiva: Antón Reixa e Héctor Carré
Producido por: Sun Lua e Filmanova
Dirección de Fotografía: Juan Carlos Gómez
Montaxe: Isidoro Menéndez
Música: Manuel Varela
Maquillaxe e perruquería: Ana Coya
Vestiario: Arantxa Domínguez
Coa participación de TVG e o apoio de AGADIC
Elenco: Santi Romay, Chete Lera, Miguel de Lira, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Isabel Blanco e
Deborah Vukusic.
Vai de: Manolo é un mozo de vinte anos como calquera outro, que durante as súas vacacións se atopa
cun destino inesperado. Despois dunha noite de esmorga encontra un brazo humano na neveira. Como
non lembra nada do sucedido a véspera, vese obrigado a descubrir que pasou sen denunciar o feito á
policía.
Xénero: Thriller
O detalle: Estrea mundial en Cans.
Xoves 24 | 20.30h. | Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño)
Longametraxes + Secuencias inéditas
Tralas Luces+Secuencia inédita "Caracois"
2011 / 112' / portugués e castelán
Dirección, guión, fotografía e cámara: Sandra Sánchez
Producida por: Fernanda del Nido (Tic Tac
Producciones)
Coproducida por: Hugo Castro Fau (Lagarto Cine) e
Pandora da Cunha Telles (Ukbar Filmes)
Son: Claudio Canedo
Música orixinal: Acho Estol
Montaxe: Sandra Sánchez e Nahum C. Fiuza
Vai de: A viaxe de Lourdes, unha feirante que percorre na
súa caravana as estradas do norte de España xunto coa
súa familia e coa súa pista de coches de choque ás costas.
O que hai anos era un soño hoxe afoga as esperanzas
desta muller, sen que ninguén pareza decatarse. Unha
gran historia de amor e perda.
Xénero: Documental itinerante
O detalle: Acaba de recibir tres Premios Mestre Mateo:
mellor longametraxe documental, mellor dirección e
mellor montaxe.
Mércores 23 | 17.30h. | Baixo do Moncho
Arrugas+O final alternativo
2011 | 89' | galego
Dirección: Ignacio Ferreras
Guión: Ángel de la Cruz, Paco Roca, Ignacio Ferreras,
Rosanne Cechinni
Deseño de personaxes: Paco Roca
Produción: Manuel Cristóbal e Orio Ivern
Supervisión de animación: Baltasar Pedrosa
Son: Cinemar Films
Música: Nani García
Vai de: A amizade de Emilio e Miguel, dous anciáns que
conviven nun xeriátrico. Emilio chega á residencia nun
estado inicial de Alzheimer e recibe a axuda de Miguel e
outros compañeiros para non rematar na planta superior
da residencia, o temido piso dos asistidos. A comedia e a
tenrura ateigan o seu aloucado plan. Baseada no cómic de
Paco Roca que foi Premio Nacional en 2008.
Xénero: Animación
O detalle: Gañou 2 Goyas (mellor longa de animación e
mellor guión adaptado) e 4 Mestres Mateo (dirección
artística, música orixinal, guión e longametraxe de
animación).
Xoves 24 | 17.30h | Círculo Recreativo e Cultural
fill@s de Cans
Creadores moi vinculados co festival presentan avances dos seus novos traballos. O público de
Cans poderá ver secuencias inéditas escollidas especialmente para a ocasión.
A Tropa de Trapo na selva do arco da vella
Dirección: Alejandro Colls
Guión: Lola Beccaria
Produción executiva: Chelo Loureiro
Produción: Abano Films, Anera Films e Raiz
Produçoes
Dirección de animación: Xosé Cuenca
Dobraxe e mesturas: Cinemar Films
Vai de: As mascotas da Tropa de Trapo, tras decatarse
da penosa situación na que se atopan pequenos
animais como elas noutros lugares do planeta, senten
a necesidade de axudarlles a solucionar as súas
dificultades para sobrevivir e deciden saír nunha
misión solidaria que as levará até o Val do Arco da
Vella.
Xénero: Animación
Meigallos
Dirección: Virginia Curiá
Guión: Ánxela Loureiro
Produción: Pancho Casal (Continental produciones
S.L.)
Produción executiva: Chelo Loureiro
Estudios de animación: Moonbite
Dobraxe e mesturas: Cinemar Films
Vai de: Malva vive coa súa avoa Lalilas e a súa mascota
Mus, unha divertida donicela, nunha caravana coa que
se desprazan de pobo en pobo vendendo herbas e
preparados de medicinas naturais tradicionais. Estas
fórmulas son obxecto de desexo de Rufa, dona dunha
fábrica de cosméticos, que para conseguilas non
dubidará en secuestrar á anciá. Malva terá que usar o
seu enxeño para argallar unha misión de rescate.
Xénero: Animación
A cicatriz branca
2012 / 92' / galego
Dirección: Margarita Ledo
Guión: Margarita Leto
Dirección de fotografía: Pablo Cayuela
Montaxe: Ramiro Ledo Cordeiro
Música: Abe Rábade
Produción executiva: Margarita Ledo e Vanessa
Ragone
Dirección de produción: Katrin Pors e Carolina
Urbieta
Dirección de arte: Bernardo Tejeda
Elenco: Eva Veiga, Xavier Deive, Lino Braxe, Tamar
Novás, Margarita Fernández, Mónica Camaño, Xoana
Pintos, Clotilde Iglesias, Néstor Ageitos e Darío
Ageitos.
Vai de: Na primeira metade do século XX, milleiros de
mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas
delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa
idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias
como a de Merce, sen lugar onde ir nin a quen acudir. Á
par dun traballo na fábrica Mil8, casa e asiste a clases
de contabilidade, mais un bo día a norma esnaquiza
por algo tan simple como prendarse dunha situación
que aínda non é quen de nomear.
Xénero: Ficción
Fraga y Fidel sin embargo
2011 / 98' / galego e castelán
Dirección: Manuel Fernández-Valdés
Guión: Manuel Fernández-Valdés
Produción: Teresa Fernández-Valdés e Ramón
Campos
Cámaras: Carlos Vásquez e Enrique Baró
Montaxe: Fernando Carmena Barrachina
Son: Juan J. Gay
Vai de: En 1992 Fidel Castro visitou a casa de Láncara
na que naceu o seu pai. O presidente galego que o
recibiu foi Manuel Fraga, que estivo ao seu carón
durante os seus dous días de estancia e preparoulle
unha axenda cargada de paseos, homenaxes e
celebracións. O filme é unha viaxe persoal a través
desas 48 horas de cortesía.
Xénero: Documental
Work in progress (WIP)
Dirección, guión, produción e montaxe: Xosé Antón
Moure e Nahum Fiuza
Vai de: Work in progress (W.I.P.) é un documental
sobre un director de cine obsesivo, que se deixa a vida
en cada un dos seus proxectos, malia que nunca
chegan a ver a luz. O filme reflicte o que, con toda
seguridade, é o seu derradeiro intento por conseguir
rodar unha película. O que comeza como un simple
"making of” deriva na crónica de anos de traballo, de
loita creativa e existencial.
Xénero: Documental
Venres 25 | 16.30h. | Baixo de Moncho
22
CAN CAMPUS
Cans volveu converterse nun espazo para a formación audiovisual na segunda edición de Can
Campus, o proxecto en colaboración coa Facultade de Comunicación de Pontevedra, que
implicou a mais de 75 persoas entre estudantes, profesores, grupos musicais e veciños. Os
impulsores da idea, o director do festival Alfonso Pato e o profesor Oswaldo García, decidiron
ampliar a participación, polo que se rodaron tres videoclips, un maikg of, un spot promocional
e varios vídeos virais, todo isto baixo a supervisión dos realizadores Juan Lesta e Belén
Montero. Todas as pezas estréanse agora no Festival de Cans.
Videoclip “Quero ver como te ris” | MeDoMedÁ
2012 / 3'/ galego
Dirección: Carmen Rey
Axudante de dirección: Alba Paz
Montaxe: Alfonso Merino
Cámaras: Bruno Vence e Alfonso Merino
Fotografía: Bruno Vence e Eva Rodríguez
Script: Germán Pérez e Eva Rodríguez
O detalle: Durante a gravación en Cans os músicos
levaban tan pouca roupa que á semana seguinte
sufriron as consecuencias dun catarro. Ademais,
Cans en pleno participou na rodaxe á saída da misa.
Xénero: Rock
Videoclip “Tormenta de verano” | Glasgow
2012 / 3' / castelán
Dirección: Leticia Otero Blanco
O detalle: Tanto o equipo técnico como o musical
tiveron que levar ás costas o material de gravación e
os instrumentos ata o alto do Pianista, unha das
localizacións principais do videoclip.
Xénero: Power Pop
Videoclip “Un piatto” | Banda Crebinsky
2012 / 3' / galego
Por Control Z:
Dirección: Enrique Otero
Dirección de fotografía: Adriá Pino
Produción: Xacobe Sineiro
Axudante de produción: Elena Mareque
Pola Facultade de Comunicación:
Produción: Alba Aguiar Rodríguez e Fátima
Santiago Cortegoso
Cámara: Eva Rodríguez Calvar e Alba Colino
Montaxe: Dunia Álvarez e Alfonso Merino García
O detalle: É o primeiro videoclip do novo disco da
bada Crebinsky titulado Jet Lag e entre as máis de
30 persoas que aparecen no videoclip están o
músico Tony Lomba, o actor Ricardo de Barreiro e
moitos veciños e veciñas de Cans.
Xénero: Fanfarria
Making of+Vídeos promocionais "Cans de Cine"
Equipo técnico:
Alba Aguiar Rodríguez
Antía González Paredes
Eloy Miranda García
Andrea Andión Fernández
Guadalupe Gallego Fuentes
O detalle: O alumnado de Comunicación
Audiovisual descubriu que os veciños de Cans son
uns auténticos cinéfilos e mesmo lle poñen aos seus
cans os nomes das súas personaxes preferidas.
Venres 25 | 21.30h. | Torreiro de Cans
Sábado 26 | 21.00 h. | Jalpón Fri
23
CANS PROTAGONISTAS
Premio Pedigree'12: Antonio Durán “Morris”
Antonio Durán “Morris” recibe este ano o premio de honra en recoñecemento á súa prolífica
traxectoria como actor de cine, televisión e teatro, que o converteu nun dos protagonistas da
memoria audiovisual de Galicia. O festival tamén valora o seu apoio constante aos novos
realizadores de curtametraxes e súa implicación social activa ao fronte de diferentes causas,
agora como presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Para a
organización é especialmente gratificante premiar a unha persoa asidua do festival desde a
primeira edición, na que foi membro do xurado.
Venres 25 | 23.30h. | Torreiro de Cans
Chimpín de Prata: Fernando González “Gonzo”
Xornalista, presentador e reporteiro de televisión, coñecido pola súa participación en
programas como Caiga Quien Caiga, El Método Gonzo, A Caixa Negra e El Intermedio. No 2009
foi membro do xurado do festival; o ano pasado conseguiu unha importante repercusión para
o festival cun vídeo con El Gran Wyoming saudando a Cans que tivo un forte impacto nas redes
sociais; e este ano recuncou con outro vídeo no que se autoentrevista para explicar os méritos
que o fan merecedor do chimpín de prata. Estamos pensando en convertelo no noso
embaixador oficial alén do Padornelo.
Venres 25 | 23.00h. | Torreiro de Cans
Chimpín de Prata: Carme Fernández Quintas e Alberto Davila Giráldez
Personifican o papel que moitos veciños xogan no festival: xente que apoia á organización cun
labor silencioso, de axuda constante e disposición absoluta, persoas que poden pasar
desapercibidas para o público pero que son fundamentais para que este evento saia adiante. A
casa de Carme e Alberto ao lado do torreiro xa serviu de almacén de bebidas, servizos para os
convidados, sala de reunións ou espazo para a rodaxe dalgunha serie.
Venres 25 | 23.00h. | Torreiro de Cans
TORREIRO DAS ESTRELAS
Chete Lera
Aproveitaremos tamén o paso polo festival de Chete Lera por mor da estrea de Personal Movie
para completar as estrelas dos nosos homenaxeados, pois Lera foi Pedigree en 2008.
Sábado 26 | 16.00h. | Torreiro das Estrelas
Celso Bugallo
Celso Bugallo recibiu o Premio de Honra Pedigree en 2005, polo xa era tempo de colocar a súa
estrela no Torreiro das Estrelas.
Sábado 26 | 19.00h. | Torreiro das Estrelas
Mabel Rivera
Mabel Rivera, que recibiu o premio Pedigree en 2006, tamén tiña pendente gravar as súas
poutas no Torreiro das Estrelas.
Sábado 26 | 23.15h. | Torreiro das Estrelas
24
XURADO DAS CURTAMETRAXES
Federico Pérez: guionista e actor, popular polas súas intervencións en Padre Casares, Era
visto ou Tourilandia.
Ángel de la Cruz: director, produtor e guionista. No último ano levou o Goya ao mellor guión
adaptado por Arrugas.
María Mera: actriz de teatro e televisión, coñecida polo seu papel protagonista na serie
Matalobos.
Antón Losada: xornalista e profesor da Universidade de Santiago, habitual de diversos
programas de análise da actualidade. Tamén ten traballado como guionista.
Marta Piñeiro: realizadora e directora da serie Matalobos. Anteriormente traballou en Libro
de Familia ou O Nordés.
Yolanda Muíños: actriz con longa experiencia en teatro e televisión. Ten traballado en series
como Libro de Familia ou, agora, en A Escoba.
Edu Soto: actor coñecido polo seu papel como El Neng no programa de Buenafuente. Foi
colaborador habitual de Land Rover na TVG.
XURADO DOS VECIÑOS
Francelina Marino (Do barrio do Castillo, 74 anos). Rosquilleira de toda a vida retirada.
Manuel Giráldez (Manolo da Costa da Rocha, do barrio da Adroza). Construtor xubilado.
José Quintas (Quintas das Sequeiras, do barrio de Sequeiras, 67 anos). Matachín de
Frigolouro retirado.
Rosa Rodríguez (Do barrio da Graña, 64 anos). É Rosa de nome pero todos a coñecen como
Concha do Lameiro. Traballou toda a vida no campo e segue ao pé do canón.
Flora Soliño (Flora de Merando, do barrio dos Eidos, 36 anos). Habitualmente traballa como
transportista na empresa familiar.
25
E MOITO MÁIS...
Presentación de CanZine
Como todo gran Festival, o de Cans ten a súa propia publicación oficial: o CanZine. Dirixida por
Diego Giráldez e Amparo Rodríguez, é unha extensión do programa do certame con
entrevistas, reportaxes ou artigos de opinión. No deste ano poderedes ler a María Solar,
Ricardo de Barreiro, Xosé Manuel Pereiro, Hector Carré, Carlos Ares, Miguel Costas, Uxía,
Moisés Álvarez, Isabel Risco, Esmeralda L. Castro, Javier Veiga, Tony Lomba, Roberto Varela,
Ángel de la Cruz, Pilar Comesaña, etc. Tamén haberá entrevistas a Antonio Durán "Morris",
Fernando González "Gonzo", Isabel Coixet, os vecinos Alberto e Carmen, Xoel López e Germán
Coppini, e unha morea de reportaxes. A portada é obra do ilustrador Paco Quintas Etsueña.
Por certo, tede a man as gafas 3D para vela!
Mércores 23 | 21.30h. | Baixo de Moncho
Presentación de 20 anos de Tranvía. O Tranvía dixital
O Tranvía. Revista trimestral do Val da Louriña.
Números 0 a 11. O Porriño: 1992-1995.
O tranvía sempre foi un transporte guai e traqueteante onde coincidían os señoritos de
canotier que ían correr as farras a Vigo, coas leiteiras e as vendedoras de repolos nun
ambiente caótico e comunicativo. Este mesmo ambiente pretende ter esta revista que saíu á
luz promovida por un grupo heteroxéneo de persoas que sentiron a necesidade dunha prensa
local que recollese aqueles aspectos que non teñen cabida na prensa convencional. Aquela
experiencia reedítase agora en versión dixital.
Mércores 23 | 21.30h. | Baixo de Moncho
Xoel López y la caravana americana
En 2008 Xoel López púxolle fin a Deluxe e iniciou unha viaxe de busca por todo o continente
americano. Que foi o que enfeitizou ao cantante de América para que estivese deambulando
por alá máis de dous anos? Descubrirémolo no Festival de Cans coa proxección dunha
selección de momentos emblemáticos do documental que recolle esa viaxe e a posterior xira
por España acompañado de máis de 30 músicos. Trátase dunha escolla de imaxes feita en
para a ocasión e comentada polo propio Xoel.
Venres 25 | 18.00h. | Baixo de Moncho
Caravana Vilamor
A caravana Vilamor chega a Cans. O equipo do novo filme de Ignacio Vilar, que está
percorrendo Galicia realizando un documental, fará unha parada no festival. Gravarán
diferentes escenas para engadirlle á peza e avanzaran algunhas imaxes dese documental.
Venres 25 | 20.30h. | Estrada de Cans
26
Estrea do making of de 2011:
Cans. O ano que saímos na CNN
2011 | 21' | galego, castelán e inglés
Imaxe: Susana Sotelo, Xoan G. Arellano.
Son: Carla Rivera, Iago G. Moro.
Montaxe e posprodución: Iago G. Moro
Sinopse: Merkel e Sarkozy estaban reunidos no cumio do G-20 en Cannes (no outro). A CNN
pensou que era neste Cans, loxicamente, e puxo o seu nome sobre o mapa de Galicia. Nunca tal
difusión mundial esperabamos. O 2011 foi o ano que saímos na CNN, pero tamén o ano no que
pasaron por Cans Fernando León, Manuel Rivas, Carlos Núñez, María Pujalte... e algúns
rumorean que ata estivo Núñez Feijoo, sería verdade?
Venres 25 | 22.00h. | Torreiro de Cans
Ruta a pé: “Camiño de Atios, remontando O Roupeiro”
Tempo estimado: 1 hora e 30 minutos.
Dificultade: media-baixa.
Este ano remontaremos o río do Roupeiro cara a veciña parroquia de Atios. Unha ruta creada
para a ocasión que discorre na súa maior parte pegada ao río, escoitando a auga que baixa con
forza e vai facendo pequenas pozas por todo o percorrido, entre unha frondosa natureza.
Pasaremos por lugares enigmáticos como o Cachón do Roupeiro, unha poza da que se conta
que nunca se atopa o fondo, por especies que forman parte do catálogo de Árbores Senlleiras,
e por varias presas, muíños e polos camiños apreixados entre as pastas de pedra, tan
peculiares da zona, e sobre todo dun sitio específico de canteiras como é Atios. E non será raro
que os coellos atravesen o camiño ou ver as pegas saltando de póla en póla. E case todo o
percorrido camiñando coa referencia do Monte Castelo, que estará moi presente desde
diferentes perspectivas.