MAIO 26 4ª NOITE IRMANDIÑA

A Asociación Os Irmandiños de Seixalbo en colaboración coa Asociación de Veciños San Breixo da localidade e o patrocinio do Concello de Ourense organiza unha nova edición da Noite Irmandiña, unha iniciativa que se celebrará o día 26 de maio ao longo de toda a xornada cun programa de actividades protagonizado pola música pero no que haberá tamén propostas para os máis cativos. xogos populares e conferencias.

O programa previsto para esta cuarta edición da iniciativa é o seguinte:

11.00. Parque da Infesta. Campionato de Chave para nenos e adultos.
16.30. Canellas. Espectáculo para os máis cativos coa actuación de Cé Orquestra Pantasma.
18.00. Canellas. Conferencia de Bieito Lobeira sobre "A lingua que nos une".
20.00. Praza do Cabildo. Actuación do grupo Castro y Montes.


22.00. Parque da Infesta. Concerto dos grupos 
Tabú,
The Turre`s Band,
The Teta`s Van, 
A Compañía do Ruído e
Sesión de Puntxica.