TIRULEQUE

Para escoitar TIRULEQUE preme eiqui
ANTÓN BUENO: contrabaixo
ALEX FENTE: acordeón
LUÍS GARCÍA: bombo con pratos, percusións, coros
MIGUEL HORJALES: caixa, percusións, coros
SERXO NÚÑEZ: clarinete, gaita, percusións, voz
FERNANDO ROMÁN: saxo, clarinete, trompeta
JOSÉ A. VÁZQUEZ: gaita, saxo, percusións




"A súa alma é festeira e, polo tanto, é nos seus concertos onde desprenden toda a súa maxia" (Bruno Sanxurxo)

Na primavera do 2002 nace como proxecto TIRULEQUE, consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.

Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de "etiquetas" que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo "música galega" nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de TIRULEQUE é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.

Nas suas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa manera a tradición, TIRULEQUE recurre a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.

En Setembro de 2009 e tras sete anos dende a súa formación, TIRULEQUE publica o seu primeiro traballo discográfico, autoproducido por eles mesmos.


En Setembro de 2009 e tras sete anos dende a súa formación, TIRULEQUE publica o seu primeiro traballo discográfico, autoproducido por eles mesmos.


Tiruleque chama á festa ao berro de ‘Mu!!’





Tiruleque ten novo disco, un traballo que leva por título Mu!!
Por fin chegou o día. Despois de varios meses de gravación nos Estudios Bonham de A Coruña e elexindo de novo a autoproducción, con este aviso anunciamos o segundo traballo discográfico de TIRULEQUE, que ten por título "Mu!!".

Neste disco de novo Tiruleque ten a satisfacción de poder mostrar ao mundo a súa maneira de entender a música, e esta cheo de moitas sorpresas.

Contaron coa inestimable colaboración do pintor coruñés Ramón Astray nas súas ilustracións (http://www.ramonastray.com/)

O grupo folk coruñés consolida o estilo acadado no seu primeiro álbum, autoproducido coma este, presentando un traballo vencellado á terra, pero no que asoman ritmos doutras latitudes como pode ser o dixie ou son cubano. Son nove temas nos que se mesturan xotas, alalás, muiñeiras, pasodobres, valses e polcas e entre os que se atopan títulos como A Laranxa, Limiñoa ou A pereira e o cerralleiro.

Mu!! non é máis do mesmo. Mu!! é un traballo coidado co que o grupo madura a nivel musical, con arranxos máis desenvolvidos e ousados. 


Este segundo traballo mestura de novo temas instrumentais e cantados e invita a mover os pés do primeiro ao último tema. Á forza que xa de por si teñen todas as pezas únese o trazo do pintor coruñés Ramón Astray, autor das ilustracións que arroupan o disco. O cadro escollido para a portada, Cabeza de vaca, pretente retratar o xeito en que Tiruleque entende a música, conxugando tradición e modernidade. Non hai animal máis vencellado á terra ca vaca, elemento multicultural como moitas das chiscadas que fai o grupo. Mais a vaca de Astray é unha vaca onírica, surrealista. O de sempre visto con outros ollos.


(http://www.ramonastray.com/)Podedes escoitar o tema adianto do disco LIMIÑOA no seguinte enlace:




PARA MAIS INFO  www.tiruleque.com

CONTACTO: tiruleque@tiruleque.com


TIRULEQUE, música galega.www.tiruleque.com
tiruleque@tiruleque.com
Contratación:  (0034) 606 044 298
layogurtera@gmail.com

FACEBOOK:https://www.facebook.com/tiruleque
TWITTER: https://twitter.com/tiruleque
YOUTUBE: http://www.youtube.com/tiruleque2002
MYSPACE: http://www.myspace.com/tirulequecoruna
VIMEO: http://vimeo.com/tiruleque
SOUNDCLOUD: https://soundcloud.com/tiruleque


PODEDES MERCALOS ON LINE EN:

- Inquedanzas Sonoras: http://www.inquedanzas.com/component/search/?searchword=tiruleque&ordering&searchphrase=all
 

- iTunes: https://itunes.apple.com/es/artist/tiruleque/id824192888
 

- emusic: http://www.emusic.com/artist/tiruleque/14591254
 

- Amazon mp3: http://www.amazon.es/s/ref=dm_ar_dp_rd?ie=UTF8&field-author=Tiruleque&index=digital-music&search-type=ss
 

- Spotify: http://open.spotify.com/artist/3kwUK8Y8H79MQiYQdlnJoo
 

- Google Play: https://play.google.com/store/music/artist/Tiruleque?id=A56azzkr2fx5oly4dvfhmqgytla&hl=es
 

- Napster: http://es.napster.com/artist/tiruleque
 

- Deezer: http://www.deezer.com/artist/5547468


musicaengalego tiruleque
musica en galego tiruleque