NA PUNTA DO PE PES DE LAN


.

Preme en video para ollar as imaxes.

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán


Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de
Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal.

Para escoitar PESDELAN preme eiqui

EDITA: Kalandraka
Produce: Merlo branco

SALTA NO CRIBO

Para escoitar SALTA NO CRIBO preme eiqui
son:
Luis: gaita e clarinete         Pablo: violín
José Manuél: acordeón       Carolina: voz e pandeireta
Ismael: percusión               Rebeca: bombo e percusión
Suso: frauta e gaita            Braulio: guitarra

Dende as bretemas mornas do val, da montaña, que abriga as músicas dos nosos ancellos, músicas que aínda resoan, cantigas e notas que arrecenden a outrora. Traspasando as fronteiras do pasado e do agora, atopados na fala e atopaos na escoita, co murmurio do Sarria que acariña o pasar As Aceas nace Saltanocribo. ¿ Qué é Saltanocribo? E unha nova formación musical da que forman parte músicos cun longo percorrido: Membros de Xarín, gaiteiros do Incio, membros de Os Eoas, de A Quenlla; que actuaron en distintos lugares de Galicia, Francia e Portugal. Estamos unidos pola inquedenza de remexer nas nosas músicas de raiz, e pola ilusión de facer algo novo,abríndonos a novas influencias, e na espera de gustar, fundamentalmente de gustar a todos os que nos escoiten. Gracias polo voso tempo. ..

Para máis info www.saltanocribo.net

OS CEMPES


OS CEMPES SON:
Serxo Cés: Pandeireta, saxo soprano, gran asubío e voz.
Antón Varela: Gaitas e clarinete.
Toni do Jaz: Batería e percusión.
Oscar Fdez. Sanjurjo: Acordeón, zanfona, voz e carajillo.

O grupo inicou a súa historia en 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira.

Opaiii! foi o título escollido para o primeiro traballo, que foi gravado en varios locais galegos, conforme o grupo ía facendo concertos, e que reflicte a intención do grupo por facer música popular. O disco tivo escaso éxito en Galicia, inda que non en circuítos europeos. Conforme o grupo evolucionou, foi cobrando máis protagonismo instrumentos como a zanfona, o acordeón e o saxo, así como aumentando tamén a presencia das pezas cantadas, compostas en base a coplas tradicionais e outras de autoría propia. A pesares deses cambios, a raigame popular do grupo segue a reflexarse tanto nas pezas escollidas rumbas, pasodobles fos-trot ....


Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro. De feito o último disco foi Moe a moa, un directo gravado en Vigo en outubro do 2007, durante a gala dos VI Premios Opinión de Música Folk, o grupo fixo a última actuación para despois desfacerse oficialmente.

DISCOGRAFÍA

O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboraciónde numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc,  e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com, mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta bandaque presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.




opa ¡¡¡ 1996








Capitan re 1997







 Circo Montecuruto 2000







Moe a moa 2007




SETEMBRO 2 FESTAS DA RUA DE BAIXO SANTIAGO D.C.

DESTACAMOS:


día 2 de setembro
20:30 ruada musical
21:00 inicio da festa e discurso de benvida a cargo de
xose gonzález ares
premio ao farol máis bonito

21:30 espectáculo musical:
os modernos
habelas hainas
tanto nos ten

PARA MÁIS INFO: EIQUI

MALVELA

Para escoitar MALVELA preme eiqui

CANCIÓNS DA TERRA, MULLERES DE VOZ

Cantaban nas súas casas, tiñan nos seus corazóns as cantigas das avoas e un día puxéronse a facer festa con elas para achegarnos o seu tesouro musical. Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.

O segredo do éxito de Malvela descóbrese ao velas cantar. Cando danzamos cos ritmos que nos transmite este grupo de mulleres que vai desde os máis de oitenta anos ata os trinta e pico dámonos idea de que a nosa música tradicional non entende de idades, móvenos en todo tempo, forma parte de nós.

Cando un grupo de mulleres se anotou no curso sobre cantos populares dirixidos pola cantante Uxía na aldea da Sanguiñeda (Mos) ninguén presaxiaba cal ía ser o resultado. Aquela actividade ía dar na creación de Malvela, un divertimento que iría moito máis alá ata gravar discos, montar espectáculos, facer xiras máis alá das nosas fronteiras e sorprender no panorama musical galego. A frescura, a enerxía, a poderosa forza do noso, o entusiasmo destas mulleres que saen das súas casas para converterse en artistas e o engado das cancións tradicionais están na base do seu éxito.

 O 25 de Outubro de 2011 a venta.
Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular.
As cantareiras Malvela están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como  Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.
Raianas é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soarán temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo,  como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez será gravada en disco. O álbum centrarase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco


NOVO DISCO. NOVO ESPECTÁCULO: 'RAIANAS'
O grupo Malvela sempre tivo unha querencia especial polo repertorio raiano e quere plasmar agora nun disco en directo este afán de irmandade con Portugal e o Miño. Malvela soa mellor 'ao vivo', aí reside a súa esencia e a súa razón de ser. Elas disfrutan do calor do público e están máis 'á vontade', como dirían os nosos veciños portugueses, cantando para a súa xente, bailando, aturuxando e amenizando a festa.






Discografía:


 Que o pano non me namora 2002
 O aghinaldo 2004
Da miña xanela a túa 2007




















Para máis info: malvela.com

SON DE SEU

Para escoitar SON DE SEU preme eiqui

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

SonDeSeu naceu no ano 2001 no antigo departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios, hoxe Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, e-Trad, experiencia singular que persigue a fusión entre formación especializada, práctica escénica e música en comunidade. Dende entón leva unha traxectoria ascendente que a proxecta no panorama español e internacional, con tres publicacións discográficas e numerosos recoñecementos públicos. Os concertos ao vivo son unha celebración da recuperación do patrimonio oral e a súa integración na modernidade urbana no que o público, integrado por xente de diversa idade e procedencia cultural, toma parte activa. Na actualidade, en colaboración co Concello de Vigo, SonDeSeu lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) no que se está a impulsar a creación de novas orquestras por toda Europa para consolidar unha rede estable de participación e intercambio.

Discografía


Danzas brancas 2013
Este novo traballo contén temas de músicos galegos de recoñecido prestixo vinculados á propia orquestra como Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz e Rodrigo Romaní.

Danzas Brancas, conta coa colaboración de Kepa Junquera que nesta ocasión se funde cos máis de corenta instrumentistas que forman a primeira orquestra folk de Europa.

Danzas Brancas resulta ser unha evocación da tradición personificada nun tipo peculiar de danza vinculada a celebracións relixiosas con forte influenza de elementos pagáns anteriores.



  Barlovento 2010







  Trastempo 2007




Mar de Vigo 2004










Para máis info: sondeseu.org

SECHO Y LOS INVISIBLES


Secho y los invisibles:
Sergio Castiñeiras: Voz e guitarra acústica
Benjamín Vázquez: Guitarra eléctrica
Anxo Araujo: Baixo
Roi Castaño: Batería e percusión

Secho y los invisibles é unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento.

Son verbas, amor, desencontro, desconcerto, elegancia.

O proxecto comeza a súa andadura no ano 2009 da man de Sergio Castiñeiras, principal artífice da banda.
Na busca da continua mellora, despois de máis de sete anos de actividade en concertos por todo o país e de pasar por diferentes formatos, Secho y los invisibles estabilízase na formación onde sempre se sentiu máis cómodo: o cuarteto.
Tras varias maquetas e aparicións en distintos discos recopilatorios e de homenaxes a outros artistas, a banda acada a súa madurez e decide gravar o seu primeiro disco.


Xa fai un tempo” (2016)

Despois dun intenso traballo nace “Xa fai un tempo” (2016), unha mestura de modernidade e tradición, de rock e folk, de asfalto e terra, co que pretenden chegar á esencia das cousas e acadar un intre de complicidade coa xente .

 Xa Fai un Tempo
 Miro Para Outro Lado
 Noticias 24h
 Uña E Carne
 Seguramente
 Cocodrilo Dundee
 Ten Unha Pinta Ben Distinta
 Asi Non Se Fai
 Cando Non Sei



En 2016 Secho y los invisibles pasa a formar parte do selo discográfico Discos da Máquina (ddm), xunto con Ataque Escampe, Caxade, e outras bandas de referencia no panorama actual galego.


Podedes escoitar os temas adianto Asi Non Se Fai e  Xa Fai un Tempo no seu Bandcamp
https://sechoylosinvisibles.bandcamp.com/album/xa-fai-un-tempo

Xa fai un tempo esta nas principais plataformas dixitais e a venda fisica nos seguintes puntos de venda:

A CORUÑA: Sisargas, Suevia.
COMPOSTELA: Bichovintage, Discos Fans, Miranda, Pedreira.
DODRO: Bar Piñeiro.
FERROL: Limiar, Metropoliscomic.
FOZ: Bahía.
LUGO: Don Disco.
OURENSE: Peggy Records.
PADRÓN: Casa do Patín, O Tallón.
PONTEVEDRA: Libraría Paz.
RIBADEO: Gráficas Santiago.
SANXENXO: Nós.
VIGO: Andel, Cartabón, Librouro, Mendinho.
VILAGARCÍA: Escola Coda.

DISCOGRAFIA PREVIA:


Para escoitar SECHO Y LOS INVISIBLES preme eiqui













CONTACTO:

Contratación: 619 85 52 55 / 616 58 88 47
sechoylosinvisibles@gmail.com
www.sechoylosinvisibles.com

OS TRASNOS DE MOSCOSO

Para escoitar Os Trasnos de Moscoso preme eiqui

Para descargar Casa da Joaquina de
Plataforma a Regueifa
preme eiqui

Os Trasnos de Moscoso é uma banda de rap galega criada no ano 2003. Com “Denominación de Orixe: Rap do País” (A Regueifa Plataforma, 2007) consegue o 3º premio no Certame Galego de Creadores Novos 2006 e leva a sua música por salas e festivais de toda Galiza. Casa da Joaquina é a sua segunda maquete. As 7 cançoes que a formam som uma pequena viagem pelos 4 últimos anos da banda. Com este trabalho Malvares “O último que ri” e mOn fecham a sua etapa como OTDM e abrem outra com o nome de PROJETO XIDO dentro do coletivo LÍNGUA NATIVA. CRÉDITOS: Letras e voz: Malvares “O último que ri”. Scratching: mOn Beats: Arre-O! (Língua Nativa). Casa da Joaquina foi gravada, misturada, masterizada e produzida em Xabelo Records por Jimi Damolinera (Bleak Days). Faixa 5: Teoria do Flow de Mihaly Csikscentmihalyi e guitarra slide por Jimi Desenho e fotografia: Zalo e Ingrid Debuxo: José Nogueira “Pito do Valente”.

CUCHUFELLOS

Para escoitar CUCHUFELLOS preme eiqui

Cuchufellos é unha banda multicultural afincada na Republica Independente do Macizo Central,formada por 10 musicos incontrolables, inconformables e inclasificables . Trompeta ,saxos ,Baixo,guitarra, ,acordeon e percusión son as suas armas de diversión masiva,que utilizan para cumplir  a sua misión, facer de cada concerto , unha festa. Teñen tocado en numerosos festivais Galegos e e de fora dá galiza ( Barcelona ,Madrid, Burgos, Leon...) destacando a súa participación en festivais como Reperkusion,Revenidas,Demandafolk,Son de Meiga, compartindo cartel con grandes nomes do panorama musical nacional. En 2009 presentan ou seu último traballo Achegaivos fregueses, 11 temas en galego, que van dende vos balcans ata manzaneda , nunha  viaxe cargada de ritmos frenéticos.

Para máis info www.cuchufellos.com 

VICTOR ANEIROS


"Os lamentos son comúns en calquera parte do mundo e establecen sólidas relacions entre culturas extrañas", dixo un poeta africano, pai da teoría da negritude. Deste xeito, o blues en galego ten todo o sentido do mundo. E semella que o ten moito máis na voz e a guitarra de Víctor Aneiros.


Nacido en Ferrol, A Coruña en 1960. Músico autodidacta e heterodoxo, está considerado como un dos pioneiros do blues-rock en galego.


Discografia:

Víctor Aneiros, edita un novo disco, o séptimo da súa discografía oficial, e o bautiza co inequívoco título de A soidade pide copas nos bares.
Edita, unha vez máis, o selo vasco Gaztelupeko Hotsak, que xá ten no seu catálogo cinco discos do músico de Ferrol.
Son versións acústicas tiradas de tres discos anteriores, O blues do amencer (2004), Heroe secreto (2008) e Brétemas da memoria (2010). Xuntas, na sua nova forma acústica -pero en absoluto desenchufadas- as pezas compoñen un sublime fresco arredor da melancolía.
As versións de Miña bala perdida, Vida bohemia, Un tute á morte e Autor de westerns cobran novos significados nos solos da guitarra clara, limpa, espida de Aneiros. E medran tamén en intensidade, coa incorporación afortunada dun vello coñecido do guitarrista: Fran Rey, que manten fermosos diálogos bohemios, casi parisiens, co seu acordeón. E un duelo amistoso, parolado con profunda sinxeleza, fronte á guitarra de Aneiros.
Nesta época de pensamentos únicos e dóciles, esquecer -para non sentirse estranxeiro- é o que quere a maioría. Pero A soidade pide copas nos bares propón todo o contrario, e bota unha arrolladora ollada nostálxica sobre todo o que perdimos.    

Ao vivo 2011

Concerto gravado no teatro Jofre durante o ciclo OUT JAZZ FERROL 2010. Coa colaboración da Concelleria de Cultura do concello de Ferrol, GSeis Audiovisuais, Radio Galega, Infernos. TV, Babel de Sons e coa particiapción da Deputación da A Coruña.






 Bretemas da memoria 2010 no que adica unha importantísima parte do seu quinto disco á obra de Ramiro Fonte (1957-2008), adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta. “Brétemas da memoria” é melancólico, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén está preñado dunha contaxiosa enerxía que nos transmite a guitarra de Aneiros.
1.- Bule Bule (Instrumental)
2.- Sirenas da Policía
3.- Axúdame
4.- Lupanar de Cristal
5.- Máis Alá
6.- Autor de Westerns
7.- Vida Bohemia
8.- Un Tute á Morte
9.- Sombras de Compostela
10.-Canido blues


Heroe secreto 2008, no que pon música a poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo e Ramiro Fonte, e fai unha adaptación ao blues do himno da emigración galega “Unha noite na eira do trigo” do poeta Curros Enríquez.Neste traballo inclúese o tema “Miña bala perdida” polo que foi nomeada a mellor canción en galego na XIII edición dos premios da música 2009.
1.- Iago
2.- Miña Bala Perdida
3.- Heroe Secreto
4.- Na Barra
5.- Solpor
6.- Unha Noite Na Eira Do Trigo
7.- Soia
8.- Lúa
9.- Árbores E Lume
10.- Canzón Pra Que Un Neno Non Durma
11.- Tuneis Ao Pé Do Cantil


 O blues do amencer 2004







  • 1.- Unha Nota De Blues









  • 2.- Avó Gaviota






  • 3.- Ó Revés Caes Outra Vez





  • 4.- O Ceo Está Chorando




  • 5.- Bote 20cts Na Ranura




  • 6.- Prestige Blues




  • 7.- Delirando Pola Cidade




  • 8.- Ningún Lugar Está Lonxe




  • 9.- Home Solitario




  • 10.- Non Me Deixes Morrer Aquí




  • 11.- As Rapazas De Flores






  • 12.- Blues Do Amenc




  •  Live in Montreux  2003












    Que el Blues te acompañe 1999













    contacto:


    info@victoraneiros.com 

    Teléfono : 627 574 679
     

    Para máis info: victor aneiros.com




    musica en galego victor aneiros








    SETEMBRO 10 ROCK IN RIAN RIANXO

    SABADO 10 NO PARQUE GALICIA DE RIANXO:

    DESEQUILIBRIO MENTAL
    STRABISMO
    PITO DE PIKASSO
    MEDOMEDA

    SETEMBRO 2 LIXO ROCK REDONDELA

    Ola , non e un festiavl ao uso... E un especie de "jamsession" onde se monta o escenario con equipo e a xente se apunta e vai subindo a tocar tres ou catro temas. Polo xeral son músicos/as de Redondela e arredores que dende semanas antes xuntanse para ensaiar e montar grupos para a ocasión. E ao longo da noite van subindo diferentes xeracións e estilos.Esta será a XVII edición e estades convidados/as. Saúdo

    METRALLETAS LECHERAS

    Para escoitar METRALLETAS LECHERAS preme eiqui

    ou euqui
    Raafa Anido (guitarra e voces),
    Zé Pequeno (baixo e voces),
    Rubena Domíngues (farfisa) e
    Don Camilo (batería).

    Somos mistura de celtas e moros, de irlandeses e marroquís, que viñeron aquí a queimar a catedral e porque os chamamos para comer.

     TEMAS de Melodias para Romanos:

    1.Cementerio Caliente   2.Uganda
    3.A Dos Mistos            4.Peregrina
    5.Faire l'Amour             6.Composición China
    7.Bótalle Salsa              8.Ana De Palacio
    9.Noite Neghra            10.Tita Cervera

    Sitios web:





    musicaengalego metralletas lecheras
    musica en galego metralletas lecheras

    SETEMBRO 3 O SON DAS MAMOAS CANDEAN VIGO

    SABADO 3 DE SETEMBROA PARTIR DAS 22:00 CONCERTO:

    BASTARDS ON PARADE
    SKAKEO
    KOGITO
    RECAMBIOS TUCHO

    máis info: facebook osondasmamoas

    AGOSTO 17,18 FESTIVAL IRMANDIÑO

    XXXIII FESTIVAL IRMANDIÑO Moeche 17 e 18 de agosto de 2012



    Venres 17 de agosto
    • Representación da obra “Comendo pementos de Padrón con Tarantino” a cargo da compañía “Carrachanacacha” no interior do Castelo de Moeche (hora prevista de comenzo ás 20:30 horas)
    • Repichoca popular no campo do Melle


    Sábado 18 de agosto
    • Exposición da obra do artista ferrolán Braxe no museo do Castelo de Moeche
    • Durante todo o día exposicións de artesanía no castelo e arredores
    • Xogos populares (tiro de corda, carreiras de sacos e zancos, tronzadura,…)e actividades para os nenos durante a tarde
    • A partir das 22:00 horas concertos a cargo de:
    -NO COMBARO
    -BERROS DO CASTRO
    -Fred Morrison&Matheu Watson (Escocia)
    -Pablo Seoane Grupo
    -Alén de Ancos
    • Á medianoite lectura do pregón a cargo do actor e presentador Xosé Barato e Asalto ó Castelo para rememorar as Revoltas Irmandiñas

    LORETTA MARTIN

    Para escoitar LORETTA MARTIN preme eiqui

    Son:
    - Brais Morán: voz e guitarra
    - Fran Sanz: baixo
    - Miguel Cabana: batería
    Formado en A Coruña, no ano 2002, como un proxecto musical que pretende desenvolver un estilo próximo ao rock e ao blues.

    No ano 2004 gravan dúas cancións para o recompilatorio "Campus Sons".


    No an o 2006, gravan e dan á luz o seu primeiro traballo: Paraiso distante

    Despois de dous anos afastados dos escenarios e con case dez de música ás nosas costas, estamos de regreso, cargados de enerxía, ritmo e liberdade. Danzade malditos, Loretta Martin está na casa!!

    Podedelos atopar no facebook


    musica en galego loretta martin