AGOSTO 5 LUGNASAD BRETOÑA












MUXAREGA
O grupo de música folk MUXAREGA nace no ano 1995 como resultado da xuntanza dun grupo de amigos que tiñan a inquedanza de facer música folk instrumental a partires de pezas tradicionais galegas.
Máis informació
    • Muxarega
LINHO DO CUCO
Naceu en forma de pasarúas e co tempo foi evolucionando até converterse no que é a formación actual, unha sorte de “murga” tradicional á que engaden sonoridades coma as da zanfona ou o acordeón diatónico. Nos seus comezos o grupo tiña como obxectivo recoller e recuperar a música tradicional das terras de Tabeirós e de Montes. Andado o tempo, o xérmolo da banda afortalouse coa incorporación de novos membros, todos eles relacionados co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.
Máis información

    • Linho do Cuco
PE DE BOI
Proxecto musical nado no Val do Ulla (A Estrada), alá polo ano 95. Ao longo dos anos a formación do grupo foi mudando, o que propiciou tamén a aposta por diversos estilos musicais en cada proxecto, reinventándose a través da multiculturalidade e a mestura.
Máis información
  • p e d e b o i
    • Pe de Boi
ULTRÄQÄNS
Os Ulträqäns fabrican un punk-folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo. Os Ulträqäns naceron coa idea de darlle outra volta ao parafuso da música do novo milenio, forxando un son orixinal e non catalogábel, pero que dan ao tempo coa fórmula de provocar o baile intenso no seu público.
Máis información

PARA MÁIS INFO LUGNASAD