A BANDA DA BALBINA

Para escoitar A BANDA DA BALBINA preme eiqui

Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega. Un ano máis tarde a Balbina pareu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón de este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda galicia, (compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos...) levando sempre boa música en galego e moita festa.
          

  As nósas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país.
Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nósas e comúns nas catro provincias da Galiza. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega.
Agora mesmo temos un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina "Estomballada", e esperamos en breve ter máis cousas que contarvos.

Unha aperta da Banda Da Balbina.

A Banda da Balbina son:
Silvia Carreira (A Balbina): Voz
Juan Fuentes: Guitarra
Dani Fuentes: Baixo e coros
Carlos Gómez: Bateria
Gabriel Riveiro (Belito): Acordeón


 Convertindo cuncas en ferrados (2016)

Gravado por Ramón Raindo nos Estudios "A Balbina" en Os Anxeles (Brión).


Producido por Ramón Raindo.


Deseño gráfico: Julia Seijas (lacosagrafica.com)


Música, letras e arranxos da A Bamda da Balbina





Temas:

O marco
Cala a boca
Ghipe non es
Mariñeiro Matalote
Bebamos
Que che den
Moncho mariñeiro
A vaca Marela
Garota de Ortigueira
O tren

Bonus Track: Estomballada

A Banda de Balbina - O marco

https://www.youtube.com/watch?v=mlsY1-WNmYI

 https://www.youtube.com/watch?v=mlsY1-WNmYI


Para máis info:
www.abandadabalbina

Contratación: chamanos@abandadabalbina.com