BANDA POTEMKIN

Para escoitar a BANDA POTEMKIN preme eiqui
Compoñentes:
 Manolo: Frauta e voz
Miguel: Gaita, percusións e voz
Louren: Bombardino
Rubén: Guitarra
Anxo: Baixo
Santi: Bateria

Bio:
Forxada nos asteleiros de Agrela a partir de pezas provintes das máis diversas formacións musicais galegas (Papaqueixos, 3 Trebóns, Banda Melgacha, Meniños da rúa, Dandy Fever, Tiruleke, A Turma Angolo-galega, Miki Nervio & Bluesmakers entre outros) chega unha nova etapa en Banda Potemkin coa próxima presentación dun primeiro traballo discográfico co que pretenden consolidar un lugar propio no panorama da música feita en Galicia.

A proposta desta banda céntrase na variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folque, co común denominador de facer música bailable, leda e divertida, que chegue a todo o mundo sen importar razas, culturas nin etiquetas, e sen que isto estea rifado coa calidade musical. Por outra parte, as letras amosan unha frescura e retranca características no modo de tratar as realidades sociais e personais que estamos a vivir hoxe en día.

Resumindo, a Banda Potemkin, na sua odisea, vai espallando festa, humor, e ganas de pasalo ben cun directo cheo de forza e calidade fraguado tras anos de andadura musical polos escenarios de toda Galicia, Euskadi e Catalunya, un directo no que se mesturan elementos de todo tipo nun coctel único froito da colaboración de todos e cada un dos artistas que forman a banda.