CARAPAUS

Para escoitar CARAPAUS preme eiqui

Carapaus son:
Gustavo Couto (voz e tambor),
Oli Xiráldez (frautas e zanfona),
 Emilio Lois (gaitas e voces),
Sabela Galbán (acordeón e voces),
Adrián Lareu (bombo e voces).


 Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal. Cinco músicos formados durante anos na música tradicional, procedentes de formacións con amplía traxectoria como Chouteira, Ultreia ou Tintafemia, xúntanse para dar forma a este grupo de recente creación.

 Nos directos soan múltiples instrumentos da tradición galega (gaitas, frautas, zanfona, acordeón, percusións, e sobor de todo voces) combinados en diferentes formacións; que non deixan de dar frescura e ritmo durante o tempo que dura o espectáculo.

Deixao Andar... (2015)

Neste novo disco ides atopar trece temas nos que se mesturan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, con composicións de Emilio Lois e letras de Sabela Galbán, Gustavo Couto e de Sés, que achega texto e música no Canto de Baltasar.

Foi gravado no estudio A Ponte, en Roxos (Compostela) entre xaneiro e febreiro do 2015, e masterizado por Isaac Palacín en Mos en marzo do mesmo ano.

Conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira e do gaiteiro Luis O Caruncho.

Podedes solicitalo a través da páxina do facebook e enviánno por mensaxería..https://www.facebook.com/pages/Carapaus/372300442788045

DISCOGRAFI PREVIA:


O seu primeiro disco Resolvendo











CONTACTO: 

tlfn: 629 42 15 44 / 609 20 33 85