COANHADEIRA



Coanhadeira son:

Marcos Pérez, Kinhos na batería e percusións
Patricia López voz e percusións
Vadim Yukhnevich no acordeón
Rafa Morales /Efrén Novoa no baixo
Oscar Freire saxo soprano e tenor
Jesús Pérez, Chechu nas gaitas e zanfona



As “coanhadeiras” eran en algunas zonas, as personas (ou a mesma basoira empregada) para separar e recoller os restos que quedaban na aira nas “mallas”.

 

Esta Coanhadeira musical nace en Ourense no ano 2006, tratando tamén de recoller eses restos da “malla” que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis. Xurde inicialmente como grupo de “gaiteiros”, cunha base e sons eminentemente tradicionais, tanto na formación como nos “escearios” percorridos, chámense festas, romarías e demais eventos lúdico-musicais.

A transformación e a adaptación se cadra están na mesma base da tradición, mais este principio non é sempre ben interpretado. No noso caso, a formación clásica dalgún de nós e a experiencia doutros na música tradicional e folc, mestúranse coas inevitábeis e insconcentes influenzas musicais actuais de todo tipo. Engádense instrumentos “non tradicionais”, e sérvese todo cun claro entimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros “engadidos” .




7273 (2024)

Por que 𝟕𝟐𝟕𝟑? son os quilómetros cadrados da provincia de Ourense, provincia da que se nutre este 𝟕𝟐𝟕𝟑, así como tamén as nosas vidas, as nosas tradicións, os xeitos e as maneiras de facer... a sinxeleza da paz do interior, ese grande esquecido.

O deseño e ilustración é obra de @Conxenia, que se non a coñecedes, entrade nas súas redes para ver os traballos bonitos que fai.

A gravación, mestura e masterización (o que nos puxo a soar 🙂) foi traballo de Rubén Montes en @disquesistudio

Xirazga

https://www.youtube.com/watch?v=z8MPjBakcd0

Ganceiros

https://www.youtube.com/watch?v=AXW4HqJAoeU&list=OLAK5uy_ll6dlGDGFfjoiwTEqnpizIe-Gfr4TKMwM

Oroso

https://www.youtube.com/watch?v=FdfQ0k1r23k&list=OLAK5uy_l273PrrGiYgnVUlPL7Q1ERk3Yu2tKKDSE
 

 

 


Bicos con luvas
No disco, que inclúe un total de once novas cancións entre composicións propias e versións de temas tradicionais, colaboran músicos como Gonzalo Abeleiras, Gutier Álvarez, Diego Pérez e Ugía Pedreira, como letrista dun dos temas.

O título do álbum coincide cun dos seus temas e escolleuse pola forza figurativa dunha frase que transmite imaxes diferentes a cada persoa que a escoita. Porque, no fondo, para Coanhadeira aí reside a esencia da súa música: a transmisión de ideas, sensacións e emocións diferentes a través das melodías que lle ofrecen ao público. Por iso escolleron esa canción e ese título, un nome aberto que lle outorga ao espectador a capacidade de imaxinar, de crear diferentes imaxes ao escoitar tanto a canción como simplemente o seu título.

Bicos con luvas encabeza así un conxunto de cancións que inclúe temas de autoría propia como, ademais da canción que lle pon nome ao disco, Pasatempo, Nuno ou Eu ben sei. Esta última, musica de forma totalmente orixinal unha coñecida letra de Rosalía de Castro e é unha canción que xa está a ser difundida pola rede. O seu vídeo serve de agradecemento a todos os mecenas que colaboraron na campaña de Verkami lanzada polo grupo para producir este álbum.


Eu ben sei



Por outra banda, tamén se atopan no disco outros temas escritos por colaboradoras que se uniron a esta nova proposta de Coanhadeira. É o caso de Ugia Pedreira, quen elaborou a letra de Ézaro ou Bea Mariño, quen se encargou de escribir o primeiro tema do álbum: Soa. Son dúas das diversas colaboracións que inclúe Bicos con luvas, no que tamén participan o violino de Gutier Alvarez, o contrabaixo de Diego Pérez, a gaita de Gonzalo Abeleiras ou Noela de Maceda, unha nena e alumna da cantante Patricia López que achega a súa voz n'A Xota de Noela.


Coanhadeira - Ézaro (2015)



O Teatro Principal de Compostela será a primeira parada dunha serie de concertos de presentación que Coanhadeira emprenderá nas próximas semanas. Dese xeito, a banda visitará o Teatro Principal de Ourense o venres 27 de marzo, a Salasón de Cangas o domingo 5 de abril e A Arca da Noe en Vilar de Santos o sábado 11 de abril. En todos estes directos, o público poderá coñecer todas as cancións do seu novo disco, que se mesturarán no repertorio con temas anteriores dunha formación que amosará diante dos espectadores a súa propia evolución dende a súa creación no ano 2006.

DISCOGRAFIA PREVIA:

"Po"2010

1. Gargantiña
2. Carvalhesa de vinhais
3. Tres bágoas
4. Camiño das lebres
5. Un
6. Caixa de cordas
7. Pendello sen cobertura
8. Serán en Liñares I
9. Serán en Liñares II
10. Regueifa de Castrís
11. O testamento da árbore
"Haique" 2010 recolle o principal do repertorio do grupo dende a súa formación, (como grupo de “gaiteiros”, partindo dunha base eminentemente tradicional e baseándose na recollida da tradición musical popular) con renovacións de arranxos nalgún caso, e conta coas colaboracións de Guadi Galego e Fonso “Skarnio”. O grupo está detrás de todos os procesos que levaron a sacar HAIQUE, dende a pre-produción, a idea orixinal ( plasmada por Heitor Real), até a mestura e seguramente a distribución. Asemade Coanhadeira xa está a preparar os temas do que será o seu segundo traballo, con data prevista de saída a comezos do 2010.





Para mais info: COANHADEIRA.COM









musica en galego coanhadeira