A CONA YEYE

Para escoitar A CONA YEYE preme eiqui

A Cona Ye-yé somos:
Siño:         Voz
Miguel:      Voz
Santonio:   Guitarras
toño:         Baixo
Peri Lee:   Batería
(Música de José Antonio Ríos e A Cona / Letras de Jesús M. Sánchez e Miguel Calvo)
(2010)

A Cona Ye-yé nace en Ordes no 2009, xurdindo de bandas paralelas como Chícharo Psicótico, Plan 9, Os Gin-Tonics, aMacheta ou 5 talegos coa única e sana intención de pasalo ben e fuxir do aburrimento.
As variopintas influencias iniciais da Cona foron grupos como os Stones, GrandFunk, Public Enemy, Love, Pantera, a Creedence, Mötley Crüe, Monster Magnet ou Kiss, só por dicir uns poucos, pero sempre acentuando, tanto nos ensaios como no directo. a faceta teatral de grupos como a Alice Cooper Band, New York Dolls, os Doors ou Stooges,
Tocando polo mundo adiante, exclusivamente temas propios, descubrimos que o que facíamos non era tan nefasto despois de todo, pero sen nada editado, e cun nome que non é un paradigma do bo gusto precisamente, as portas non é que se nos abran de par en par para tocar nos grandes escenarios (tampouco nos pequenos). Así que coa axuda dos amigos de Rapapoulo Estudios de Ordes, decidimos invertir os poucos cartos que tiñamos en sacar adiante unha maqueta honónima, totalmente autoxestionada, acadando a súa realización en apenas 3 días.
Coa creación deste disco, a nosa única pretensión é tocar nos máximos sitios posibles, disfrutando da música en directo
CONTACTO:


Santonio:
630 16 71 54
Miguel:
625 45 93 04