DAS KAPITAL

Un EP de 25 minutos pon o ramo á existencia de Das Kapital. Cinco cancións sen título nun disco sen título, que comeza co recitado de artigos da Constitución Francesa de 1793 e remata cun aviso de incendio –“o Antigo Réxime toma o control”-, despiden os catro anos de traxectoria dunha banda con base de operacións en Santiago de Compostela.

Das Kapital son:
O Leo (voz) —
Daniel Salgado (sintetizadores)-
Doutor Chou (guitarra e taladro)-
David Ageitos (guitarra) —
Marcos Paino (sintetizadores e programación) —
Tomás Ageitos (son)


16 Marzo 2015

"O horizonte péchase. sobre nós, a ameaza de termidor, a reacción das grandes masas de aire frío, a clausura das liñas de fuga, a sombra de leviatán. é o tempo do lobo, dicimos.

na proclama desesperada da ruína existe espazo para o ruído.

son elas: maximilien de robespierre, einsturzende neubauten, walter benjamin, cut hands, as sete mulheres do minho, scott walker"

na terra, decembro 2014-marzo2015


http://daskapital1.bandcamp.com/
DAS KAPITAL DAS KAPITAL (2015)

Nel, Das Kapital radicaliza a súa aposta sonora e por primeira vez emprega un complexo tecido percusivo analóxico procesado electronicamente. Cun ollo nas polirritmias ensaiadas por Einstürzende Neubauten ou Cut Hands e outro na asfixia dos tempos en curso, a banda procura alertar da posibilidade da derrota e emite un berro de auxilio.

deseño gráfico: xosé carlos hidalgo

gravado, producido e mesturado por tomás ageitos e marcos paino en estudios a ponte

masterizado por Dr. Chou

discos da máquina/pan&goat records

temas no disco:
I
II
III
IV
V
Podedes escoitalo e descargalo premendo eiqui

DISCOGRAFIA PREVIA:


GRECIA (2013)

No intervalo que afasta o vello que non dá morto do novo que non dá emerxido, das kapital procura unha furia estratéxica.

Sabe dos monstros. Sabe do estado de excepción permanente. Revólvese contra o ditado da convención melódica. Implica o ruído no seu discurso. Asume o erro. É precario. Tatexo. Periférico. Anormal.

Das Kapital asómase ao perigo da época. Na discordancia dos tempos, actúa.
En Grecia entórnase o futuro:


Socialismo ou barbarie.


Na Terra,Marzo de 2013


Gravado e mesturado en febreiro de 2013 nos estudios A Ponte (Santiago de Compostela) por Tomás Ageitos e Marcos Paino.

Masterización: Doutor Chou

Todos os temas compostos por Das Kapital agás Demoler Los Saicos

Colaboracións:

Samuel Solleiro (violão e coros)
Miguel Mosqueira (guitarra acústica e coros)
Xoán Lois G. Carlín (melódica, banxo e coros)
Álex Charlón (voz)
Roi Vidal (castañolas)

Usamos un amplificador de baixo ‘ampeg’ por cortesía de LeRoi (Grampoder)

Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo

Videos: Pablo Cayuela e Aless Alexander

Traducións ao inglés: Patricia a. Janeiro


A situación continúa a ser delicada. O capitalismo entrou nunha fase de aceleración brutal e as clases subalternas sofren en carne propia as relacións de explotación emanadas deste modo de produción. A destrución ábrese paso. Das Kapital repite o seu chamado a decidir entre socialismo e barbarie, entre o ruído negro e a violencia estrutural, entre a aventura e isto. Retiraronse aos cuarteis de inverno, diagramaron a estratexia para esta incursión en forma de disco: Grecia. 


PODEDES ESCOITAR E DESCARGAR OS TEMAS DE "GRECIA" EN:
http://daskapital1.bandcamp.com/ 

Das Kapital, Grecia (Discos da Máquina, 2013), que gañou o Premio Galego da Música ao mellor disco de música electrónica e foi número 12 na lista de mellores discos estatais do ano en Rockdelux, dixeron:
“Irrespirábeis e espectrais, son tres veces alemáns: por Einstürzende Neubauten, polo krautrock e por Spartakusbund, un proxecto case anónimo que apareceu e desapareceu da rede hai uns meses. Tras o pasamontañas poderían estar eles. Ou ti”. Rockdelux, Iago Martínez
“Electrónica de longa noite de pedra e spoken word marxista sobre os tempos en que vivimos. Xusto e necesario”. www.twitter.com/davidsaavedra, David Saavedra


RUIDO NEGRO (2011)


Das Kapital naceu en maio de 2010 nun concerto de homenaxe a Radio Océano. Cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante, Marcos Paino encárgase dos sintetizadores, O Leo da voz, Tomas Ageitos das percusións e o son en directo, Doutor Chou e David Ageitos introducen as guitarras e Daniel Salgado o Adat e o kaoscilator.

Das Kapital edita en xullo de 2011 o seu primeiro disco, Ruído Negro, e chama a decidir se queremos facer parte do problema ou queremos facer parte da solución.
Socialismo ou barbarie.

Ruido Negro foi ideado, gravado e mesturado por DasKapital no Palacio de Inverno (Santiago de Compotela) e estudios Amil (A Coruña) e masterizado por Bonjan nos estudios Bonjan (A Coruña) entre abril e maio de 2011.

Coa colaboración especial de: 
Manu Paino (trompeta), 
Alex Salgueiro (sintetizadores), 
Gonzalo Vilas (acordeón).

Deseño gráfico: Xosé Carlos Hidalgo
Producido por DasKapital
Traduccións ao ingles: Patricia Janeiro
Podes descargar RUIDO NEGRO de DAS KAPITAL desde Plataforma a Regueifa premendo eiqui

contacto :

daskapital48@gmail.com
galhegoz@hotmail.com