Prezadas/os amigas/os,
Recibida a vosa consulta a través do perfil da Mesa pola Normalización Lingüística no facebook, informámosvos de que agora mesmo o dicionario en liña máis completo para a lingua galega é www.digalego.com, da coñecida editora Ir Indo. Ten unha pequena pexa, ao noso ver, e é a súa non gratuidade: como veredes unha vez que entredes na páxina, acceder a el require dunha subscrición anual.
Xa dunha perspectiva ortográfica reintegracionista, mais tamén moi completa, é a versión on-line dun dos clásicos da nosa lingua: o dicionario elaborado por Isaac Alonso Estraviz. Pódese consultar en www.estraviz.org.
A Xunta de Galiza, en colaboración coa RAG, dispoñibiliza tamén en liña un dicionario –elaborado pola propia Academia - na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/ diccionarios/index_rag.html
A novidade máis recente –e que se cadra tamén vos pode interesar –é a publicación do Dicionario de pronuncia da lingua galega, publicado aínda a finais deste pasado mes de agosto grazas ao traballo do Instituto da Lingua Galega. Este traballo emprega as modernas tecnoloxías de voz para incorporar a pronuncia considerada estándar para 60.000 vocábulos do léxico galego. Está dispoñíbel en http://ilg.usc.es/pronuncia.
Canto a tradutores e outras ferramentas que vos poidan interesar, remítimosvos ao portal Mancomun.org e, concretamente, á seguinte ligazón: http://www.mancomun.org/en/no_ cache/descargarprogramas/ aplicativosdeusoxenerico/ ofimaticaecorrectores/
Tamén podedes obter máis información neste sinxelo portal de recursos para a lingua elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña: www.recursosparaogalego.com
Se vos surxe calquera dúbida ou tendes algunha consulta máis que facernos, non dubidedes en dirixirvos de novo a nós.
Cumprimentos cordiais,
A Liña do Galego
A Mesa pola Normalización Lingüística
Rúa do Vilar 15, 1º Dta
15705 Santiago de Compostela
Tlf: 981 563 885musica en galego diccionarios