CLAVE DE FADO


Para escoitar CLAVE DE FADO preme eiqui











son:

Iria Estévez voz
Gono Piña
guitarra española 
Paco Dicenta contrabaixo 
Isaac Garabatos bouzuqui, viola, caipira



CLAVE DE FADO, fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña, naceu a finais do 2009 na Casa da Cultura de O Vicedo ,como grupo de versións. O proxecto, deseñado pola súa vocalista, Iria Estévez, estabaorientado orixinalmente, á creación de versións de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, aportando unha visión nova sobre a música portuguesa por excelencia, o fado.

O proxecto foi medrando, incluíndo outros estilos musicais, ampliando repertorio e conseguindo así un bo diálogo entre diferentes estilos, todos de moi diversa orixe, pero coa lusofonía como motor principal.

Con estes obxectivos claros e unha sonoridade moi particular, Clave de Fado consegue concerto, tras concerto, atrae-la atención do público, un público cada vez máis numeroso. Acadando un éxito tras outro nas súas presentacións, Clave de Fado comeza a compoñer temas propios, dándose a coñecer no mundo da cultura galega.

Pasan os anos e o grupo, animado pola gran resposta que está a ter a tódolos niveis, decide dar un paso máis e a principios do 2014 únese ao a eles un novo membro, Paco Dicenta, un recoñecido músico multidisciplinar, que aportará a Clave de Fado a sabedoría dun músico consagrado e cun gusto exquisito.


Nas súas actuacións, Clave de Fado combina a frescura dos fados máis ledos coa emoción das cancións galegas e os fados máis sentidos. 


Xanelas supón a sintese de cinco anos de traballo un disco autoproducido e autoeditado financiado mediante Crowfunding.
 Temas:
1 Xanelas
2 Fado Do Ausente
3 Sombras
4 Redondo Vocabulo
5 Adios Rios Adios Fontes
6 Fado Na Despedida
7 Lela
8 Meu Fado Bossa
9 No Te Debo Nada
10 A Saudade Que Ficou
11 Lágrima



Coa formación ben consolidada, catro anos de andadura e moitísimas ganas de medrar, Clave de fado proponse un reto importante : gravar o seu primeiro disco nun momento difícil para a industria musical no que a única opción é a autoprodución. Para consegui-lo levan a cabo unha campaña de crowdfunding a través dunha plataforma online. Conseguen recadar os cartos cos que financiarán gran parte da gravación e edición do disco, que chamarán “Xanelas,” e en xuño do 2014 ven realizado o seu soño... O resultado é un disco completo, composto de versións de grandes temas da música galega e portuguesa e temas propios ( fados galegos, bossas fadeiras, cantiga galega afadistada...) ,para o que contaron ademais coa participación
de Uxía Senlle, Isaac  Garabatos, Sapoconcho ,David Outumuro e Dani López. Trala gravación do disco, un dos co-fundadores, Pepe Piña, decide deixa-la formación para dedicarse ao seu proxecto persoal, e pasa a formar parte do grupo o recoñecido compositor e guitarrista Isaac Garabatos, que co seu estilo virtuoso e moi actual, contribúe a lograr o obxectivo do grupo: acadar un son propio,e único.

Música composta por Clave de fado (Gonzo Piña,Iria Estévez e Pepe Piña,ex –membro do grupo) e algunha versión de grandes temas da música de Galicia e Portugal.

Grabado en Mandeo Records por Dani López.Mesturado en Son Natural por Fran Gude,Xavier Olite e supervisados por Gonzo Piña e Paco Dicenta.Masterización en Madrid por Fran Gude.

Producción : Autoproducción financiada a traves dunha campaña de crowdfunding.

Edición : Autoedición

Distribución: Pódese escoitar e mercar o disco en máis de 20 portáis de internet de todo o mundo,entre eles Itunes,Spotify ou Bandcamp. En breve estará dispoñible en formato físico


Clave de fado actualmente está a recibir moi boas críticas, referidas tanto aos seus directos como ao seu disco, “Xanelas”.




Contacto:   
enclavedefado@gmail.com 
Telf  690 773 230

Páxina web: http://clavedefado.wix.com/clavedefado
Facebook: https://www.facebook.com/enclavedefado

Bandcamp:  http://clavedefado.bandcamp.com/album/xanelas