ESQUIOS


...nunca choveu que non escampara... (2017)

Despois de máis de once anos de actividade, Esquíos ven de gravar ao vivo durante os pasados 3 e 4 de decembro nos Estudios Bonham da Coruña , seu noveno disco,
... nunca choveu que non escampara...

Dez temas propios máis unha versión dos Pixies adaptada á súa persoal idiosincrasia, compoñen o novo asalto sonoro da banda estradense.
Once cancións cunha temática variada, que vai dende a alocución directa aos personaxes que manipulan e enganan, e aos cales consideran responsables en boa medida da situación actual, caso de temas como Dobreces ou Telépata popular; temas de ácida e irónica crítica social como Panorama para botar ou Terra meiga; cantos en contra do pensamento único en Non ides poder ou Reflexións; peticións de cambio climático en clave hilarante en Que pare de chover, e ata cancións de amor e desamor como Vexo os teus ollos, Chantaxe ou Manías en común.

Esta variedade lírica ven acompañada tamén dunha maior diversidade sonora. Esquíos deciden nesta nova entrega botar o freo no musical, e entregan o seu disco máis variado e melódico.

A psicodelia, a melodía e os ritmos máis hipnóticos e bailables, son desta volta os protagonistas en detrimento da velocidade. Os sons máis limpos gañan terreo a distorsión, aínda sendo esta preponderante.

Malia ser bastante negativos ao longo do disco respecto á situación político-social actual e no tocante ás relacións humanas, dado que o disco compúxose no medio dunha tormentosa situación persoal do seu compositor (enfermidade, morte, ruptura...), son capaces de albiscar unha luz ao final do túnel, e en conxunto, esta é a mensaxe que queren transmitir, unha mensaxe positiva, de non baixar os brazos nin renderse nunca.

Pero sucedeu que non eran quen de atopar o título que reflectira este desexo, ata que se lles abriu a porta da sabedoría popular, suxeríndolles esta sentencia que se cingue escrupulosamente ao que procuraban: Nunca choveu que non escampara.

Esquíos estrea neste disco a súa nova formación, que inclúe aos fundadores Jorge Rodríguez, guitarra e compositor, e a Jorge Iglesias, batería e percusión, xunto con Manuel Rodríguez Barros, guitarra, e os novos Adán Fernández, vocalista e axitador xuvenil, e o futuro sex symbol xuvenil Andrés Reices, baixo, vocalista en O bar de Encarna e corista.





Esquíos - Chantaxe

https://www.youtube.com/watch?v=amARRDWxsu8


Esquíos - Non ides poder

https://www.youtube.com/watch?v=pINcIRNqE1E

 https://www.youtube.com/watch?v=pINcIRNqE1E



O disco estará dispoñible a partir do 4 de marzo, en breve comezaran a anunciar as datas de presentación, a súa intención é presentalo esa mesma data na Estrada e nun lugar aínda por confirmar.
En resumo, para bailar e para sorrir, para protestar e para pensar:
Nunca choveu que non escampara!

Discografia previa:

Dez anos pintando a mona

Esquios celebran os dez anos de existencia da banda, oito discos, máis de cento cincuenta concertos e o que nos queda. Bo proveito!!



Gravado en directo en Estudio Phonos na Estrada, na mañá do 19 de decembro por Valentín Torrado, Curi.

Adiantándonos a unha posible polémica dicir que Esquíos non so apoiamos ás mareas, senón que
algúns de nos participan activamente nalgunha...pero hai que saber rirse dun mesmo :)

Toda a música e letras por Jorge Rodríguez agás a música de O NADAL que é de The Ramones.

Temas arranxados por ESQUÍOS.





Esquíos - O Nadal 

https://www.youtube.com/watch?v=fd_TFZbtQM0

 https://www.youtube.com/watch?v=fd_TFZbtQM0

Esquíos - Mareate 

https://www.youtube.com/watch?v=CCXSh2_m7jE

https://www.youtube.com/watch?v=CCXSh2_m7jE







A diana somos tod@s


Podedes escoita-los temas eiqui

1. As nosas armas
2. Asalariado
3. Animais de aspecto estraño
4. So unha ollada
5. Aínda miña mente fala
6. Saudade do sol
7. Es menos que nada
8. Animal
9. Dalle lume Robin
10. Aprende inglés
11. Non deixes de avanzar
12. Isto é todo amig@s

"Este ano 2015 ao chegar a primavera a Esquíos ademais de alterársenos o sangue, entráronnos unhas ganas tolas de gravar un novo disco, unha nova colección de cancións que capturarán o noso momento vital actual e que reflectirán a nosa carraxe co que está a pasar a nivel político e social, que amosaran o noso lado máis combativo tanto a nivel lírico coma musical…e coma as cousas e mellor botalas fora que calalas, a comezos de abril pechámonos dous días nos Bonham estudios da Coruña para gravar ao unísono, coma adoitamos facer"


Todas as músicas e letras compostas e escritas por Jorge Rodríguez. Todos os temas arranxados por Esquíos.
Gravado, mesturado e masterizado en dous días de abril do 2015 por José Bonham, nos Bonham estudios da Coruña. 
Deseño de portada por Jorge Rodríguez.


Esquíos - Aínda miña mente fala 

https://www.youtube.com/watch?v=QIhrB9CPyXk

 https://www.youtube.com/watch?v=QIhrB9CPyXk

Esquíos 

" Bo día! Dende a seguinte ligazón podese descargar de balde a nosa ultima
arroutada auditiva, A diana somos tod@s: https://drive.google.com/file/d/0B_FlJ4uaH-7uS1E2MG5vTmtJVzA/view?usp=sharing




Estamos aquí (2014)

Para escoitar todolos temas e descargalos preme eiqui


Nove temas propios máis unha versión galeguizada de Dead kennedys é o que ides atopar neste séptimo disco da banda formada o 31 de decembro do 2005 .  

 
.



Lembrade que está gravado en directo no estudio da Radio Galega e que o que escoitades é o que se gravou tal cal, non hai retoques, nin plugins, nin ostias...,



Tema "Ghaivotos"




A imaxes corresponden á gravación e o primeiro ensaio para a xira de presentación.


Tema "A dama negra"

https://www.youtube.com/watch?v=FRM7ulUBUp4&feature=youtu.be
Esquios - A dama negra
Segundo adianto do séptimo disco de Esquíos, "Estamos aquí", primeiro coa súa nova formaciónn, dispoñible desde maio de 2014.
https://www.youtube.com/watch?v=FRM7ulUBUp4&feature=youtu.be
Máis info em www.esquios.com

Tema "Incomunicado"


https://www.youtube.com/watch?v=Se9BffX0WP8

Videoclip de Esquíos do tema "Incomunicado", incluido no seu disco "Estamos aquí", dispoñible desde maio do 2014.
https://www.youtube.com/watch?v=Se9BffX0WP8
Máis info em www.esquios.com



“Porcocan”. (2013)
Un disco onde a áceda crítica social e o hedonismo propio do rocanrol máis irreverente mesturanse dun xeito natural e desenfadado.
Unha montaña rusa de sensacións onde as líricas profundas e comprometidas apareanse con outras  triviais e divertidas, onde a velocidade e a melodía fundense de xeito íntimo e convidante a bailar de xeito descontrolado e irracional, sen esquecer que vivimos nun mundo inxusto que podemos mellorar entre tod@s se nolo propoñemos.
Soando máis potentes e mellor que nunca grazas a gravación ao vivo nos estudios Abrigueiro, chega o novo artefacto sonoro da banda estradense, un traballo sen fisuras no que incorporan voces femininas en varios temas e onde contan coa colaboración de varios amigos nos coros.
Punk-rock, garaxe, hardcore, rock.....ou “Porcocan”, que máis da coma o chames, o caso é que existe e está aquí para vos!

Podese escoitar o disco en
http://esquios.bandcamp.com/album/porcocan

 

Podedes ver o videoclip de "O baile do parado", tema presentación do disco en:
http://www.youtube.com/watch?v=UJsIpDDOO7Y

http://www.youtube.com/watch?v=UJsIpDDOO7Y


Descarga da edición dixital de "Porcocan":

https://hotfile.com/dl/213054962/68c451e/Esquos_-_Porcocan.rar.html


Agora si!!…despois igual non(imolo vendo) (2011)
https://esquios.bandcamp.com/album/agora-si-despois-igual-non-imolo-vendo

 




Galician carraxe on garaxe(2010)
https://esquios.bandcamp.com/track/hedonismo









Eche o que hai(2009)






Un tipo normal(2007)

Esquíos(2006)

 








Toda a info en:
www.esquios.com
www.esquios.wordpress.com
 ou en
www.facebook.com/esquios

Contratación: littlerockgalicia@gmail.com// 629 89 44 81
Contacto: esquios@esquios.com