FLUZO



Para escoitar FLUZO preme eiqui

Fluzo é a suma do traballo e a experiencia de Javi i Hevi, que logo de múltiples colaboracións unense nun  traballo: un 10’’ no que a old school  ven da man coa IDM, a música de 8bits, o low-fi e o jazz máis experimental. Contrabaixos do lado de casiotones modificados, ventos fraseando con sintetizadores monofónicos, commodores que falan i gameboys mutantes codeándose con hammonds e vibráfonos... Unha volta o rap do futuro. En galego of course.
 
 "Sabedes cando escoitas de primeiras umha peza, e xa desde o comezo  gostas de vez? E tes ganas de escoitala compulsivamente. E saes a dar umha volta e non paras de cantarruxala…
Pois iso é o que me aconteceu hoxe a min desde que descubrín na de Sak Mundo Verde de Fluzo o enésimo proxecto do Jevi.  E deste home eu xa apenas podo dicir que nen flow, nen xeito, nen gaitas. O que ten é talento a esgalla, tanto como para que un tipo tan afastado do hip-hop coma min sinta tanta admiración por él."
(CCCP)

para máis info e descargas: fluzeando


musica en galego fluzo