INTERCOLES

Para escoitar INTERCOLES preme eiqui

pauU   bateria
Puchenko baixo
caaR guitarra rítmica e coros
Mene guitarra solista
Topi singer


Intercoles nace en Dodro en setembro do 2008,da man de 2 rapaces e 2 rapazas deste concello. Estes 4 formaban parte de diversos grupos e uníronse mais que nada para entreterse, tocar en festas e no que se poña por diante. Mais pa diante atopamos a Topi, e este incorporase como singer.
O nome nace de unha ocorrencia do baixista, en principio en plan parida, pero a lo tonto xa lle quedou!
Ensaiamos en Dodro como podemos, xa que non temos local de ensaio. Contamos coa axuda dun dos guitarristas do agraciado grupo Medomedá, que anteriormente tocaba en Trifulka e demais(un saudo Joseeee!).
As nosas cancións soen ser versións, as cales lle facemos pequenas (ou grandes) modificacións tanto na letra como na música. Ainda que tamén intentamos facer cancións propias, sempre en galego (mais ben "ghallegho") e coa intención de entreter, gustar, e quizais conseguir unhas risas entre os ointes.

Para máis info e contacto: intercoles@hotmail.com




 intercoles musica en galego