A formación actual é:
Lucía da Fonte-Voz.
Alberto Rama Batería
Miguel Iglesias Guitarra
Gonzalo Suárez Baixo e coros
J. Luis ToxoGuitarra e teclados
“Solsticios” (2023)
"Solsticio de verán" é o novo traballo de Ith. Caracterízase por unha composición e produción renovada, produto dunha evolución natural da propia banda. Como nos traballos anteriores, todos os temas están compostos en galego e polos membros de Ith, conservando un marcado carácter enérxico dentro do rock.
“Efervescencia” fala dun volcán que a veces sentimos as persoas dentro do noso corpo, cando temos moita vontade de facer algo. Pero ese algo non pode facerse en calquera momento. Dalgún modo, é como esperar por un momento que, á súa vez, é incerto, e non sabes nin sequera se algún día chegará. Non obstante, hai un punto que parece que alimenta a esperanza de que algún día chegue ese ansiado momento para botar todo o lume fóra e poder liberarte dunha enerxía que te inquieta e que, polo tanto, tes de máis no teu interior. “Solsticio de verán” é a canción que dá nome a este traballo, e é paixón pura. Tan apaixonante como efémera. É o reflexo da liquidez que caracteriza as relacións de hoxe en día: unha noite de San Xoán na que dúas persoas coinciden, déixanse levar (pero con empeño e convicción), e desfrutan cada instante. Sen prexuízos, sen desasosegos. Como se se parase o tempo. O carpe diem en estado puro que a todo o mundo, de cando en cando, nos vai moi ben aplicar, pero sempre sen perder de vista o carácter puntual, pois as inquedanzas moitas vecen forzan as distancias. E remata un conto para comezar outro.
“Estar sen estar” aborda o egoísmo emocional, cando o emotivo ten que ser cando alguén quere. Aínda que non queiras ti. Cando o esforzo non físico, senón emocional, remata. Morre e non hai volta atrás. Cando ese tira e afrouxa che fai dubidar, á vez que a ferida non deixa de sangrar. O máis intelixente, o máis san, por ambas partes é, sen dúbida, parar. E o tempo cura a alma ou, ao menos, rexenéraa. Abofé.
Así se fixo "Solsticios" 2023
https://www.youtube.com/watch?v=SmAnQgr9reM
MEDO A PERDER
Ith + MercedesPeón
Para escoitar ITH no seu bandcamp preme eiqui
ITH é un príncipe celta que dá nome ao grupo de Xanceda e arredores (Mesía - A Coruña, que mantén por principio facer rock galego e en galego
A música de ITH guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy e do pop. Influencias que achegan cada un dos componentes, e que se aglutinan nos seus temas de composición propia.
Frear o momento(2020)
Gravado en Abrigueiro Estudios
(Friol, Lugo)
“Frear o momento” é o quinto traballo discográfico de Ith. Os oito temas que o conforman beben da creatividade dos últimos dous anos. Fieis ao puro estilo da música rock, os temas tratan temas ben diversos entre si, mais todos xiran arredor dun eixo común: a reflexión.
O disco abre co tema de presentación do disco: “Aloumiños que festexan”, unha peza rockandrollera inspirada na enerxía que poden chegar a quitar e a achegar ao mesmo tempo as crianzas á vida das persoas adultas.
Aloumiños que festexan
https://www.youtube.com/watch?v=Cz4wbNQmbGc
Aloumiños que festexan
Adicado a Daniela e Danut
https://www.youtube.com/watch?v=utoZ_f74dL0
A este primeiro tema séguelle “O indefendible”, que non é senón un canto ao “terra, trágame”: algo co que non te identificas é, xa que logo, un “produto” indefendible.
O indefendible
https://www.youtube.com/watch?v=KTA5dE0RNZg
A terceira canción leva por título “Fasquía de cristal”, un medio tempo pesimista que filosofa sobre a enfermidade e sobre a lóxica desta vida.
Con “Sen mirar atrás” o grupo muda de discurso cara ao optimismo e a esperanza: a vida só é unha, polo que cómpre aproveitala e amar a quen se ama, sen prexuízos nin estereotipos, mesmo se iso implica deixar atrás media vida e romper con clixés sociais.
Sen mirar atrás
https://www.youtube.com/watch?v=0u_sTZd8LcU
“Máis aló” é un canto ao activismo e á necesidade de crear piña para mellorar as condicións dos colectivos. Trátase dun berro de rexeitamento ao egoísmo.
Máis aló
https://www.youtube.com/watch?v=n21MgIkCJ_M
A sexta canción titúlase “(Des)estimativa”, un tema con moita forza que toma forma de crítica á sociedade estamental (que non clasista) na que algunhas persoas cren vivir. A letra insiste na pouca capacidade que moitas veces temos de estimar o valor dos acontecementos.
Esta vai seguida por “Frear o momento”, que dá nome ao disco, unha composición convertida nunha lección de vida que deixa claro que os sentimentos non se escollen, polo que non se debe ir en contra deles.
Frear o momento
https://www.youtube.com/watch?v=SZlRnkmWp6c
“O destino” pon o broche final ao disco, teimando en que o destino non está escrito, polo que cómpre avanzar e abrir moitos camiños, pois nalgún deles atoparemos o noso sitio. “Frear o momento” é un disco autoproducido por Ith e gravado en Abrigueiro Estudios (Friol, Lugo), da man de Arturo Vaquero, entre os meses de outubro e novembro de 2020.
DISCOGRAFIA PREVIA:
ITH e Machina desenchufados
Machinazón
O mínimo que o contén todo (2018)
Este novo traballo da banda de Mesía foi gravado, producido e mesturado por ArturoVaquero, en Abrigueiro Estudios.
A temática das cancións vai dende a sempre presente reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción. Rock galego e en galego.
Que Saia de Ti
Só Eu
Indirectamente Proporcional
Desvendar
Fiz
Medo a perder
O mínimo que o contén todo
O disco xa se atopa á venda en Fnac e no Corte Inglés, e tamén contactando directamente con Ith.
Día Novo,
Hoxe por ti e mañá por ti,
Non son eu,
Recordos que ainda mancan,
Loitar por ser,
Terapia Breve,
E Logo...Que?,
Deixa,
Django,
Está ben,
Explicación,
Ansiedade,
Ith.
.
Despois de máis de 14 anos de traxectoria musical, tres maquetas, un disco editado e gravado ao vivo, DVD gravado e autoeditado ao vivo, e un CD en acústico presentaron o seu traballo "Forte".
Foi gravado por Xosé Aller e nós en Curtis, mesturado por Xosé Aller de (Tiro na Testa), masterizado en Kadifornia Mastering por Mario G. Alberni
Pódese acadar en Amazon, Spotify, Bandcam en formato dixital e en Amazon de forma física e no plazo de un mes en case todas as plataformas dixitais Tamén contactando con rupo en:
ITH - Loitar por ser
https://www.youtube.com/watch?v=BcIUHWJ2E1g
ITH Ith
https://www.youtube.com/watch?v=aSBpaefn9O4
ITH Día Novo
https://www.youtube.com/watch?v=ue3wS-LX0vs
Algo raro ( 2013)
Ith en Directo (2009)
CONTACTO:
ith.rock@hotmail.com
https://www.facebook.com/ithgrupo
619 343 329
680 201 492