LEO i ARREMECAGHONA

Para escoitar o LEO i ARREMECAGHONA preme eiqui


O Leo i Arremecághona!!! é o nome do proxecto musical como cantautor punk de Leonardo Fernández Campos, nado en Matamá en 1974, que é un artista polifacético, filólogo e poeta.

 

 

https://arremecaghona.bandcamp.com/album/arremecaghona-ostia

OSTIA (2016)

1. Ostia 03:06
2. gz c&b-pp 00:30
3. Corina (lo) Peta 02:56
4. pighas 00:22
5. Nique dos Ramones 03:44
6. vivan as veighas 00:29
7. Rural love 04:24
8. mili-metrosexual 00:29
9. Enlomasondo 04:44
10. O Día da Marmota 03:08
11. Heavy o Metal 05:00
12. BIBLIOGRHRAFÍA COMENTADA 03:43
13. Coristanco Über Alles 02:45
14. I'm on my way to Coristanco 01:16
15. A/O Internacional 06:06

Podedes escoita-lo, merca-lo, descarga-lo en:

https://arremecaghona.bandcamp.com/album/arremecaghona-ostia

Podedes escoita-lo, merca-lo, descarga-lo en:

 A neurona na patineta


1. 15. I'm on my way to Coristanco 01:26
2. 01. intro 00:46
3. 02. gym-sberg 00:07
4. 03. gz c&b, power pop 00:44
5. 04. día da patria '08 00:07
6. 05. ramones no colacao 01:07
7. 06. frase mítica dun colega 00:08
8. 07. dupla denominación 00:46
9. 08. in-de-pen-den-cia 01:26
10. 09. lóxica práctica 00:02
11. 10. educación infantil 00:54
12. 11. contiño 01:52
13. 12. orvital 00:03
14. 13. galinglish 01:15
15. 14. coristanco 00:37
16. 16. vertixe 00:14
17. 17. é matemático 00:18
18. 18. nin un can 02:04
19. 19. a vida é unha muiñeira 01:02
20. 20. tátara 02:04
21. 21. vivan as veighas 02:41
22. 22. tractorada 00:02
23. 24. sei afinar 00:14
24. 25. berros da tribo 01:15
25. 23. ghasús 01:59
26. 26. materialismo dialéctico 01:26
27. 27. dúbidas cartesianas 00:29
28. 28. atrapado nunha rotonda 00:59
29. 29. dous rombos 01:59
30. mili-metrosexual
31. 31. a min ghústanme as pighas 00:23
32. 32. antiprohibicionismo 00:33
33. 33. liberdade de expresión 01:36
34. 34. ti es mundial 00:30
35. 35. ti formas a internacional 00:44
36. 36. o peido está no vento 00:48
37. 37. a vida 02:06

Podedes escoita-lo, merca-lo, descarga-lo en:

https://arremecaghona.bandcamp.com/album/a-neurona-na-patineta

 

Traxectoria

A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuidas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.
O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para intepretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda a Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.
No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).
No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
Forma arte doutros proxectos musicais, como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital (xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).

Poesía

No outono de 2007 Edicións Xerais editou o seu libro de poesía Hai cu, baseado no blog homónimo. As presentacións, nese mesmo ano, baseáronse nun espectáculo chamado "Espectáculo Multimerda", semellante ao monólogo humorístico onde se ían recitando os distintos poemas. Tamén ao longo do 2007 acompañou musicalmente á presentación do libro de Anxo Angueira Fóra do sagrado por distintas cidades da Galiza.

Xira Pompis '10

Arremecághona's Produçións recupera o blog para dar conta da supercalifraxilísticoespialidosa xira de verán que arrincou o sábado pasado no Mesturasóns da Bóla. Dous meses de rock'n'roll e personalidade múltipla, tan esquizoide coma o país en que vivimos. Logo de se vestir de folclórica española na era Fraga. De cambiar para folclórica galega na experiencia bipartita. E írselle a pinza definitivamente co tropezo Feijóo, a produtora improdutiva ponse didáctica: Rosalía de Castro meets Mary Poppins.