Para escoitar LOBALÚ preme eiqui
Najla Shami e Héctor Lorenzo presentan HAIKUS o primeiro disco do seu novo proxecto LOBALÚ
Haikus nace arrolado pola primavera. Botou flor devagariño, cos aloumiños dunha ducia e media de músicos e amigos e converteuse nun paseo polas catro estacións do ano enfeitado pola música e a poesía. Sen as moras regulamentarias mais coa métrica da alma, cada composición, atesoura un anaquiño da musicalidade e sensibilidade dos que a conforman. O agasallo da súa impronta fai de cada un deles creadores deste espazo e catalizadores dun proceso que tivo a súa orixe na sinxeleza dunha guitarra e unha voz. Éste é o resultado. Tres cancións para cada estación, unha para cada mes do ano, de marzo a febreiro, do froito da cerdeira ó tempo de inverno, o que nos leva a chegares descalzos ós momentos importantes da vida e a vivilos coa beleza núa do haiku.
CONTACTO LOBALÚ
lobalu@myspace.com
najla.shami@yahoo.es
lobalu@myspace.com
najla.shami@yahoo.es