Para escoitar MALVELA preme eiqui
CANCIÓNS DA TERRA, MULLERES DE VOZ
Cantaban nas súas casas, tiñan nos seus corazóns as cantigas das avoas e un día puxéronse a facer festa con elas para achegarnos o seu tesouro musical. Malvela ofrécennos as cancións que veñen da terra, a cultura das nosas aldeas, os sons de noso.
O segredo do éxito de Malvela descóbrese ao velas cantar. Cando danzamos cos ritmos que nos transmite este grupo de mulleres que vai desde os máis de oitenta anos ata os trinta e pico dámonos idea de que a nosa música tradicional non entende de idades, móvenos en todo tempo, forma parte de nós.
Cando un grupo de mulleres se anotou no curso sobre cantos populares dirixidos pola cantante Uxía na aldea da Sanguiñeda (Mos) ninguén presaxiaba cal ía ser o resultado. Aquela actividade ía dar na creación de Malvela, un divertimento que iría moito máis alá ata gravar discos, montar espectáculos, facer xiras máis alá das nosas fronteiras e sorprender no panorama musical galego. A frescura, a enerxía, a poderosa forza do noso, o entusiasmo destas mulleres que saen das súas casas para converterse en artistas e o engado das cancións tradicionais están na base do seu éxito.
O 25 de Outubro de 2011 a venta.
Malvela transmite neste álbum un ambiente festivo coa forza e convicción naturais coa que estas mulleres se empregan cada vez que pisan un escenario. Un concerto seu é sempre emocionante e participativo, unha ocasión única para gozar da mellor música popular.
As cantareiras Malvela están acompañadas polo seu grupo habitual e por convidados como Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.
Raianas é unha viaxe pola música de ambas beiras do Miño, na que aparecen cantos tradicionais e actuais e no que soarán temas novos xunto con algúns dos máis coñecidos do grupo, como a versión de “O Pirimpimpín” que se escoita na serie Padre Casares, que por primeira vez será gravada en disco. O álbum centrarase no repertorio raiano, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco
NOVO DISCO. NOVO ESPECTÁCULO: 'RAIANAS'
O grupo Malvela sempre tivo unha querencia especial polo repertorio raiano e quere plasmar agora nun disco en directo este afán de irmandade con Portugal e o Miño. Malvela soa mellor 'ao vivo', aí reside a súa esencia e a súa razón de ser. Elas disfrutan do calor do público e están máis 'á vontade', como dirían os nosos veciños portugueses, cantando para a súa xente, bailando, aturuxando e amenizando a festa.
Discografía:
Que o pano non me namora 2002
O aghinaldo 2004
Da miña xanela a túa 2007
Para máis info: malvela.com