MIGUEL ALONSO



Nunca encaixei moi ben en ningunha parte. Veño dunha familia conservadora coa que chocaba constantemente e dun entorno que me quería impor os pasos correctos a seguir en cada momento. Quen me coñece sabe que son teimudo e tendo a resistirme se pretenden obrigarme a facer "o correcto". Sabe tamén quen me quere ben que valoro a miña liberdade e a miña felicidade por riba de todo o demais, tamén da seguridade económica e do éxito.

O cantautor ferrolán leva xa anos gravando discos e tocando en directo nos locais máis emblemáticos de Galicia.

 

 





Houbo unha vez, hai anos, que puxen a carauta para intentar encaixar... E non saíu ben. "Eles" pretenden impoñerche o seu criterio, o seu modo de ver a vida, mesmo o seu xeito de amar.Lembra que para que haxa un "nós" ten que haber un "eles". E de eles (e de min) vai esta canción.

A carauta deste entroido

Dirixido por Irene Quinteiro.

https://www.youtube.com/watch?v=fgJzQDsYKZo
 




Gravado en Pequeno Desastre Records por Miguel Alonso Mesturado e masterizado en Drum&Roll Studios por Iago Blanco
Manual de saudades (Libro-CD)(2015) editado por Lastura  http://lastura.org/manualdesaudades/ 

“Xavier Frías describe neste manual, cheo de erotismo e sensualidade, un espazo onde a amada se percibe ausente ou insuficiente, ou onde o desexo é tal que nunca é suficiente o que a amada lle entrega. Sinte esa saudade da necesidade de máis ti, de máis real, máis intenso, máis presenza e máis pertenza. ”.
Verónica Martínez (fragmento del prólogo).

O CD contén catro poemas musicados por Miguel Alonso, gravados en Pequeno Desastre Records por Miguel Alonso e mesturados e masterizados en Drum&Roll Studios por Iago Blanco. Pódedelos escoitar en:
http://miguelalonso.bandcamp.com/album/manual-de-saudades



 "Como dioses de alquiler"; 2014)
Este disco  é o único traballo en castelán do autor.













 
"O día despois da noite dos cans" (2013)
Miguel Alonso "Teño reflexionado moito nos últimos tempos sobre como facer chegar a miña música á xente. Gravar discos é caro, sobre todo nestes tempos de crise, e o mesmo podería aplicarse a quen os ten que comprar.

Por iso, tomei unha decisión que, creo, debería gustarnos a todos. Vou seguir gravando discos, digamos, "oficiais", por suposto, co presuposto que me poda permitir, mais tamén vou aproveitar para editar outras cousas que me interesen e nas que o presuposto tenda a cero.

Decidín que, de cando en vez, vou publicar na rede cancións inéditas, descartes, temas en directo, cancións gravadas en estudio para compilatorios... que por unha cousa ou outra non teñen cabida nos meus discos. Incluso proxectos afastados da miña carreira musical habitual. Imos aproveitar a tecnoloxía e vou compartir algúns arquivos de audio que teño no meu pequeno home-studio. Hai centos de cousas aí, non todas interesantes, pero algunhas poden gustar.

A moeda de cambio vai ser o EP. Catro ou cinco cancións de cada vez, só cando eu considere que hai algo interesante que compartir. Neste caso, regálovos catro temas que pertencen ás sesións do meu último disco, "A noite dos cans" (2010). Dous son temas de estudio, gravados para compilatorios ("Nos ollos teus" e "Días raros") e os outros dous son maquetas de temas que non se incluíron porque quedaban fóra do concepto que eu pretendía transmitir, non pola súa menor calidade. Iso si! Son maquetas gravadas por min tocando todo o que oídes, e na casa!!

Por suposto o trato vai nas dúas direccións! A cambio do regalo, vós compartides o EP e o espallades por aí, ok? :)

Déixovos con "O día despois da noite dos cans"! Podedes escoitalo en liña aquí: http://miguelalonso.bandcamp.com/album/o-d-a-despois-da-noite-dos-cans




“A noite dos cans” (2010)
O primeiro disco de Miguel Alonso  gravado integramente en galego e editado a finais do verán do 2010.

Nos directos presentouse acompañado pola súa banda habitual: Javier Santana (guitarras e coros), David Dapena (batería e percusión) e Juan Aparicio (baixo).









PUNTOS DE VENDA:
Toupa.net -
Escribindo a contacto@miguelalonso.tk (8 euros + gastos de envío)


Web oficial: www.miguelalonso.tk
Contacto: miguel_alonso_fdez@hotmail.com