Breve historia
Milesios nace recén comezado o verán de 2009, do interese común por interpretar música de raíz galega eirlandesa.
Desde entón, participan en diversos festivais:PenelaRock (2009), Rabafolc (2010), Festival celta máis pequeno do mundo (2011 e 2012), San Froilán (2011), Noite Celta de Porcía(2012)e Pardiñas(2012).
Ademais, actúan enlocais de música en directo de toda Galiza comoARepichoca, na Coruña, Clavicémbalo, en Lugo, O Con do Moucho, na Illa de Arousa, Taberna Marrucho, en Baiona, ou A Farándula e o Torreiro da Festa, en Vigo.
E así dando concertos por todo o pais desde A Coruña a Baiona acadando exitos de público e crítica.
Os músicos
Maite Veiga: voz, percusións, baixo.
Marta Portela: voz, pandeireta, e outras percusións.
Manuel Mª Veiga: bouzouki, mandolina, frautas, clarinete, gaita, acordeón, guitarra,
baixo.
Manuel do Moucheiro: guitarra, bodhrán.
Noelia Fersán: gaitas, frautas, percusións.
Paula Veiga: violín, mandolina.
Senén Montero: acordeón, tamboril, batería, bodhrán, gadaña e outras percusións.
libro-CD: indoevindo (2017)
Catro anos despois de alén mar, chega este novo traballo gravado, mesturado e masterizado en Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero.
O traballo continúa a explorar as relacións entre a música galega e irlandesa con pezas que beben de ambas tradicións e outras de
composición propia.
A principal mudanza deste traballo respecto ao anterior é a incorporación da voz en catro das pezas. Tres destas pezas son adaptacións de cantos tradicionais e na cuarta, Milesios pon música ao poema Anceio, publicado en 1954 por Manuel María dentro do libro Advento.
O novo traballo de Milesios componse de 11 temas que queren ser un concerto itinerante. Despois destes once temas que conforman o concerto, atoparedes unha paisaxe sonora, creada sobre unha idea de Daniel Díaz, que evoca o noso ir e vir cotián e contén os ecos do concerto recén escoitado. Para finalizar o concerto, ofrécennos unhas xotas de propina. E como non hai xota sen muiñeira, tamén atoparedes unhas muiñeiras para rematar bailando.
Música que se insire nas paisaxes que se repiten, sempre distintas, indo e vindo, das fotografías de Daniel Díaz Trigo.
“escoito das sombras a música no camiño lúcido da chuvia”
DANIEL DÍAZ
Indoevindo
Primeiros acordes do novo traballo musical de Milesios.
Inspirado nos versos do poeta chairego Manuel María
e nas paisaxes que se repiten, sempre distintas, indo e vindo.
DISCOGRAFIA PREVIA:
Milesios lanzou o seu primeiro disco Alén Mar
O grupo de música celta Milesios acaba de publicar o seu primeiro disco, titulado Alén mar. Fiel á súa traxectoria, o disco contén obras tradicionais e obras compostas polo grupo. A peza que dá nome ao disco, Alén mar, é unha das primeiras composicións do grupo e fai referencia á viaxe que os Milesios fixeron hai miles de anos desde as costas de Galiza cara Irlanda. Neste primeiro traballo, o grupo introduce por primeira vez a voz en dúas das catorce pezas que compoñen o disco. Unha das pezas cantadas constitúe a versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana e, para a súa interpretación, Milesios conta coa colaboración especialde Pilocha Martínez. A outra peza cantada é un tema tradicionalno que Carolina Vázquez Castro se une ás voces que aportan os compoñentes do grupo. A produción de son correu a cargo de Ezequiel Orol, de Fuzz Audio Facilities, Daniel Díaz Trigo é o responsable das fotografías e o deseño gráfico, mentres Nerea Pallares escribiu evocadores textos para cada un dos temas.
Información e contacto:
Correo electrónico:
http://milesios.blogaliza.org/grupomilesios@gmail.com
Teléfonos:
Brais 677770944
Breogán 697849254
Moucheiro 629807906
Para máis info e descargas
www.milesios.blogaliza.org