NAO


 Para  escoitar o novo disco de NAO preme eiqui

Jasper: Guitarra e Voz
Gus: Guitarra
Paul: Baixo
Amós: Batería





CARTAS NO CADERNO

As “ Cartas no caderno “ están xa pechadas. Listas para compartir e espallar. Grazas á agarimosa acollida do anterior traballo e os novos camiños que se lle abriron ó grupo, tráennos agora, cinco temas cargados de intensidade e forza. Unha pequena xoia da música galega, que demostra o bo momento da banda e a súa condición para alcanzar novos retos e seguir crecendo.


Estas 5 cartas que nos envía NAO reflexan o compromiso, a creatividade, o amor e a elegancia coas que NAO trata as súas cancións, levando a súa proposta por novos derroteiros, pero manténdoos fieis ós seus principios. Un tema propio que dá nome o single e catro versións feitas desde o respecto e a admiración máis profunda: “Acción Galega” de Xenreira, “Os Vampiros “ do gran Zeca Afonso, “Como o vento “ de Sétima Legiâo e “Je Veux” de Zaz.

Neste disco NAO contan coa fortuna de achegar gorxas e instrumentos de persoas que coa súa actitude e determinación fixeron e fan historia. Nomes, países e traxectorias diversas cun nexo en común: a súa actitude. Aí están Xurxo Souto de Diplomáticos de Monte Alto (GZ), Sigaro e Picchio dos míticos Banda Bassotti (IT), Xosé Manuel Pereiro de Radio Océano (GZ), Álex – Eina, Inadaptats (PPCC), Manuel Payno de Caxade e Os tres trebóns (GZ), Jony e Fonta de Kaotiko (EH), Paula Chaves (GZ), Mini de A Quenlla (GZ) e Antía e Adrián da Liga Gaiteira Galega (GZ).

Nomes, países e traxectorias diversas que conflúen. Exemplo e referencia que marcaron as súas vidas e que hoxe teñen a sorte e privilexio de acompañarlles na gravación, e xuntos fan da  nova proposta un disco soñado, feito entre amigos, para seguir soñando, para seguir camiñando.

Con todos vos: Cartas no caderno, de NAO, gozádeo...


http://www.somosnao.com/?utm_source=Promo%C3%A7om+Galiza&utm_campaign=b88a705a79-NAO_CNC_20144_9_2014&utm_medium=email&utm_term=0_376aae5171-b88a705a79-52042021

CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE 2013

Historias repetidas unha e mil veces... excepcións cheas de dignidade; “ser valentes nun país de vergoña”. Ser coraxe á indiferenza política, cultural,social… nunha dura realidade onde o simple feito de cantar e interactuar na lingua propia convértese nun acto militante. Que a día de hoxe unha banda como NAO axite a escena galega cun novo traballo tan impresionante como “Cancións de amor e liberdade”, faime recordar que, aínda que moitos neguen a evidencia, nun país onde o compromiso e a creatividade non abundan, eles sexan capaces  de demostrar nestes trece temas que con esforzo, paixón e persistencia todos podemos chegar a ter o noso momento. E este é o seu.

Sen dúbida NAO facturou o disco que levan anos procurando: máis melódico, máis variado, máis poético, directo… É un disco que consegue o que poucos; manter un nivel alto do principio a fin. Que logra poñernos a pel de galiña coas súas letras, mentres percorremos unha viaxe entre o amor e a liberdade por riba de todo.

Moitos podedes pensar que despois de oito anos e dous discos un vai cheo de recordos e poucos soños; escoitade este novo traballo...porque NAO toma corpo e medra. Medra entre escenarios e estradas; entre desertos e barricadas; entre aplausos e sorrisos; entre golpes baixos e bágoas. NAO é metáfora, axitadora e rebelde. É un latexo común. NAO mira cara adiante…. “Cancións de amor e liberdade” é uns cantos pasos adiante, e así convértense, por méritos propios, nunha das mellores bandas do país, que fan deste disco unha XA referencia fundamental da música galega.

 
En Agosto do ano 2012 comezamos a preproducción-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man dun vello amigo de NAO: Óscar Fernández "Chichi"
.
POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE? Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda. 


HEROES DA RESISTENCIA  Tema extraído do álbum Cancións de Amor e Liberdade
Videclip a cargo da productora Ziwa en febreiro de 2013 nos Concellos Forcarei e Ribeira.
video


COAS TUAS MANS
NAO nace nun latexo en común.
Unha idea transformada en son, actitude e amizade. Unha idea transformadora, unha metáfora axitadora e rebelde.
Máis toma corpo e medra.

Medra entre escearios e estradas;
entre desertos e barricadas;
entre aplausos e sorrisos,
entre golpes baixos e bágoas.

Xogando coas palabras espiunas é magoou mentes, escandalizou almas e espiu corpos.
Hoxe NAO pretende cambiar a historia coa cabeza alta e a voz valerosa. Demostrando que coas nosas mans e as túas mans podemos cambiar o mundo, trocar o destino e sacudir o desprezo.
A todos e todas lembra e leva dentro.


PAXINA WEB : http://www.somosnao.com/