OS CEMPES


OS CEMPES SON:
Serxo Cés: Pandeireta, saxo soprano, gran asubío e voz.
Antón Varela: Gaitas e clarinete.
Toni do Jaz: Batería e percusión.
Oscar Fdez. Sanjurjo: Acordeón, zanfona, voz e carajillo.

O grupo inicou a súa historia en 1992, debutando nun concerto benéfico en Cedeira.

Opaiii! foi o título escollido para o primeiro traballo, que foi gravado en varios locais galegos, conforme o grupo ía facendo concertos, e que reflicte a intención do grupo por facer música popular. O disco tivo escaso éxito en Galicia, inda que non en circuítos europeos. Conforme o grupo evolucionou, foi cobrando máis protagonismo instrumentos como a zanfona, o acordeón e o saxo, así como aumentando tamén a presencia das pezas cantadas, compostas en base a coplas tradicionais e outras de autoría propia. A pesares deses cambios, a raigame popular do grupo segue a reflexarse tanto nas pezas escollidas rumbas, pasodobles fos-trot ....


Un dos aspectos importantes da formación foron os seus directos, de eminente carácter festeiro. De feito o último disco foi Moe a moa, un directo gravado en Vigo en outubro do 2007, durante a gala dos VI Premios Opinión de Música Folk, o grupo fixo a última actuación para despois desfacerse oficialmente.

DISCOGRAFÍA

O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboraciónde numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc,  e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com, mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.

Centos de concertos, cinco CD ́s publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta bandaque presume de facer bailar e cantar ao público dende o primeiro ao último tema dos seus concertos.




opa ¡¡¡ 1996








Capitan re 1997







 Circo Montecuruto 2000







Moe a moa 2007