Para escoitar OS FERVELLEASVERZAS preme eiqui
Os Fervellasverzas son un grupo de Rock and Roll que nace en Pontevedra (GZ) no ano 2003 grazas a Roberto Fernández e Gonzalo Maceira. Os dous músicos Pontevedreses comezaron este novo proxecto despois de disolver a inesquecible, exitosa e fulgurante banda de punk "The Flying Hammers". Nos seus primeiros anos de vida "Os Fervellasverzas" comezan facendo punk-rock pero co paso do tempo foron evolucionando cara Rock e o Southerm Rock, sen esquecerse, nos seus atronadores directos, de versionar grandes temas de Blues. No ano 2005 gañan o II Concurso CampusSons organizado polas Universidades de Galiza. Isto permitelles gravar o seu primeiro disco "Mandalle Cabrón" co a discografica Sons Galiza Musica (Lugo) Durante estes ultimos anos o grupo percorreu un gran numero de salas e festivais da nosa terra ademáis de telonear grupos de renome como Celtas Cortos, Heredeiros da Crus, Los Limones...etc
En Mayo do 2010 Os Fervellasverzas remataron a gravación do seu 2º disco "Instinto Animal" e actualmente estan a espera de contactar cunha discografica para rematar a edición do mesmo. Dentro dunhas semanas colgaremos alguns temas novos no noso myspace. Manteremosvos informados.