Para escoitar OS MORDECANS preme eiqui
Os Mordecáns somos: Cholo, voz e guitarra; Mariano, baixo; Víctor, guitarra e ukelele; Iago,percusión; Pablo, batería. Levamos dando guerra dende o 2007 e fusionamos a Rumba Catalana con diferentes estilos.
“A PROPOSTA É TER FESTA, FACER FESTA E DISFRUTAR DO MELLOR MOMENTO...”. ASÍ SE PRESENTAN OS MORDECÁNS CADA NOITE QUE OFRECEN O SEU DIRECTO. AGASALLAR O MELLOR DA NOSA MÚSICA A QUEN NOS ESCOITE.
FOI NO VERÁN DE 2007 CANDO OS MORDECÁNS SAÍMOS DO CAIXÓN NO QUE ESTABAMOS METIDOS, DÁNDONOS A COÑECER CO XA POPULAR TEMA "O SON DO SON".
XURDIDOS DAS ENTRAÑAS DOUTRAS FORMACIÓNS MUSICAIS, OS SEUS CINCO COMPOÑENTES TEMOS CLARO QUE A FORMA DE DISFRUTAR DUNHA NOITE DE CONCERTO É BAILANDO E FACENDO BAILAR... E CANDO ISO SUCEDE, OS MORDECÁNS MARCHAMOS SATISFEITOS. NON É CASUALIDADE; ISO PASA CADA VEZ QUE UN MORDECÁN SUBE Ó ESCENARIO.
A NOSA MÚSICA PODERÍA CONSIDERARSE COMO RUMBA CATALANA (en galego para buscarlle a retranca) ALIÑADA CON OUTROS ESTILOS, COMO O REGGAE, O FUNKY, O ROCK OU O SKA.
O RESULTADO DESTA MISTURA, XUNTO CON CINCO MEMBROS TAN VARIOPINTOS, É UN DIRECTO ENÉRXICO E ALEGRE ONDE DEIXAMOS CLARO QUE O QUE NOS ENTUSIASMA É TOCAR E ISO TRADÚCESE NUNHA ATMÓSFERA DE "BO ROLLO".
APADRIÑADOS POLO REI DA RUMBA CATALANA, PERE PUBILL CALAF "PERET", OS MORDECÁNS PRETENDEN LEVAR A FESTA ALÍ DONDE ACTÚAN, AMOSANDO OS CONSELLOS RECIBIDOS POR ALGUNHAS DAS FIGURAS MÁIS REPRESENTATIVAS DA RUMBA CATALANA DE AGORA E DE SEMPRE...
...GRACIAS MESTRES!!