RAIBA



RAIBA é a banda que rompeu normas dende o seu comezo, involucrando a 20 vocalistas galeg@s na gravación do seu primeiro tema, "Fogar".
Raiba • Fogar
https://www.youtube.com/watch?v=FT7KjuHyJrs

Formados no ano 2009, é unha das bandas máis que mellor representan o novo metal galego. No 2014, RAIBA incorpora as ultimas influencias do hard-core, cun estilo renovado, e con maior velocidade e frescura.
Con experiencia de “Xavinho” no micro (que antes fora a voz de Fai Tun Flai e logo de Nao) e xunto a BuzZ (baixo), F. Bernardini (batería) e Fran J, Castro (guitarra) conseguen un dos diretos máis enérxicos do rock alternativo galego. A  banda segue medrando en madurez e contundencia, mantendo un show moi coidado que se carateriza pola interacción co público.



historias na pel (2016)

1. FARTOS.Máis que nos non.hai
2. TEÑEN MEDO
3. HISTORIAS NA PEL
4. ESTA TERRA. Do pobo
5. BAROÑA SON. Vivir na morte

Xavinho: voz

B. J arrús: baixo

F. Bernardini: bateria
Fran J. Castro: guitarra

Colaboración de voz en Historias na pal: Brétema Parras


Música composta por Raiba.

Letras de Xavinho, agas Historias na pel, escrita tamén por Brétema.

Producido, gravado, misturado e masterizado en Ames (Galiza) nos Pousada Son Studios por Iago Pico entre marzo e abril de 2016.


Deseño gráfico: David Rivas

Podedes descargalo de balde desde: http://www.raiba.gal/

DISCOGRAFIA PREVIA:

“Versos de Revolta” (2014), gravado e masterizado en Braga (Portugal) por Pedro Mendes a banda pretende demostrar como a nosa sociedade actual mantén as reivindicacións e inquedanzas de hai séculos; algo que se manifesta no tempo a través da cultura, a historia e os escritores. En consecuencia, compre acadar xa un cambio real; que xa basta de agardar ... Así, para comunicar esta mensaxe RAIBAi invoca aos poetas galegos dende o Rexurdimento ata a contemporaneidade. Amparados por eles chega aos escenarios “VERSOS DE REVOLTA”.
Esoitao premendo eiqui
https://www.youtube.com/watch?v=707witBEl_4&feature=youtu.be&noredirect=1RAIBA ÁS PRAZAS
Vídeo oficial da canción Ás Prazas, de RAIBA, canción incluida na album Versos de Revolta
 https://www.youtube.com/watch?v=707witBEl_4&feature=youtu.be&noredirect=1


O primeiro album da banda foi “Por Vivir” (2011), producido polo galego Javier Abreu (Boikot, Sugarless...)e masterizado en Finlandia polo reputado Mika Jussila (Deep Purple, Children of Bodom...).
 temas:
Ollos presos, Por vivir, Dime, II, Volver a ser, Normas, Bum!, Fogar.
O grupo presentou este traballo por todo o país sendo parte do atractivo de númerosos festivais.
Para escoitalo e mais info: Raiba 

WEBS:

http://www.raiba.gl
http://www.facebook.com/people/Raiba-Por-Vivir
https://www.facebook.com/pages/RAIBA/

CONTRATACIÓN NO TELÉFONO: 622 12 77 50 (Galiza Rock)
e-mail: raibametal@hotmail.com
Para escoitar RAIBA preme eiqui