No repertorio de Riobó o quinteto mergullanse as diversas posibilidades dos instrumentos mais tradicionais. Entretecendo a musica de autor coa música de raíz. Interpretando pezas para escoítar inspiradas en todo momento nos ritmos mais baiiables, nunha aposta clara pola música galega feita eaínda porfacer.
Para escoitar RIOBÓ preme eiqui
Compoñentes:
Begoña Riobó (violin),
Xosé Liz (bouzuki e mandolina),
Fernando Barroso (guitarra acústica),
Fernando Pérez (requintas) e
Marcos Campos (gaita, acordeón e whistles)
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.
QUIRAL (2015)
A tradición e a vangarda míranse nun imaxinario espello onde atopamos as súas coincidencias e a imposibilidade de solapamento, de superposición dunha imaxe respecto á outra... amosando a súa quiralidade.
“Quiral” é un traballo onde a música tradicional de séculos pasados e a interpretación da mesma é filtrada polos cinco músicos de Riobó, dende un punto de vista folk contemporáneo
Nove temas baixo a producción artistica de Anxo Pintos, Gravados por Isaac Millán nos Estudos Ancestral. Mesturados e masterizados por Suso Ramallo. O Deseño correu por conta de Simón Agulla.
A distribución e promoción son de Inquedanzas sonoras xusto@inquedanzas.com
Riobó Retello
https://www.youtube.com/watch?v=LRk-KzrhghM&feature=youtu.be
"Riobó" é o nome do grupo de Begoña,nado en Vigo no ano 2008, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Deste xeito, cada concerto convírtese nunha mostra de sensacións, onde conviven as raíces culturais máis puras con formulas interpretativas actuais.
Para máis info: Riobó
Contacto: xoseliz@hotmail.com