RUOTE

Para escoitar RUOTE preme eiqui

RUOTE toma o seu nome da “pequena ruada” na que tratan de involucrar ó público duranteos seus concertos.



Está formado por:

PABLO DÍAZ CARRO: Gaita,clarinete, tambor, percusións e voz.
OLGA KIRK MARTÍNEZ: Acordeón diatónico, tambor, percusións e voz.
MERCEDES VARELA COTELO: Bombo, percusións e voz.
GRACIELA CARRAL SEIJAS: Gaita,tambor, bombo, percusións e voz.
ROCIO CARRAL SEIJAS: Tambor, bombo, percusións e voz.

O Colectivo de música tradicional RUOTE nace no ano 1996 partindo da base dun grupo de recolleita etnográfica que leva traballando dende 1991.
O colectivo, formado por cinco persoas, amosa un repertorio representativo das catro provincias galegas, e para elo emprega variada instrumentación: Gaita, acordeón diatónico, tambor, bombo con platos, pandeireta e diferentes percusións como ferriños, cunchas, ..., e por suposto voz.
O obxectivo de Ruote é a interpretación fiel das melodías e músicas, e por iso trata de amosalos tal cal os aprenderon dos seus informantes.

Ruote nin canto nin tampouco