SECHO Y LOS INVISIBLES


Secho y los invisibles:
Sergio Castiñeiras: Voz e guitarra acústica
Benjamín Vázquez: Guitarra eléctrica
Anxo Araujo: Baixo
Roi Castaño: Batería e percusión

Secho y los invisibles é unha conxunción de rock, de pop, de blues, pero sobre todo de moito sentimento.

Son verbas, amor, desencontro, desconcerto, elegancia.

O proxecto comeza a súa andadura no ano 2009 da man de Sergio Castiñeiras, principal artífice da banda.
Na busca da continua mellora, despois de máis de sete anos de actividade en concertos por todo o país e de pasar por diferentes formatos, Secho y los invisibles estabilízase na formación onde sempre se sentiu máis cómodo: o cuarteto.
Tras varias maquetas e aparicións en distintos discos recopilatorios e de homenaxes a outros artistas, a banda acada a súa madurez e decide gravar o seu primeiro disco.


Xa fai un tempo” (2016)

Despois dun intenso traballo nace “Xa fai un tempo” (2016), unha mestura de modernidade e tradición, de rock e folk, de asfalto e terra, co que pretenden chegar á esencia das cousas e acadar un intre de complicidade coa xente .

 Xa Fai un Tempo
 Miro Para Outro Lado
 Noticias 24h
 Uña E Carne
 Seguramente
 Cocodrilo Dundee
 Ten Unha Pinta Ben Distinta
 Asi Non Se Fai
 Cando Non Sei



En 2016 Secho y los invisibles pasa a formar parte do selo discográfico Discos da Máquina (ddm), xunto con Ataque Escampe, Caxade, e outras bandas de referencia no panorama actual galego.


Podedes escoitar os temas adianto Asi Non Se Fai e  Xa Fai un Tempo no seu Bandcamp
https://sechoylosinvisibles.bandcamp.com/album/xa-fai-un-tempo

Xa fai un tempo esta nas principais plataformas dixitais e a venda fisica nos seguintes puntos de venda:

A CORUÑA: Sisargas, Suevia.
COMPOSTELA: Bichovintage, Discos Fans, Miranda, Pedreira.
DODRO: Bar Piñeiro.
FERROL: Limiar, Metropoliscomic.
FOZ: Bahía.
LUGO: Don Disco.
OURENSE: Peggy Records.
PADRÓN: Casa do Patín, O Tallón.
PONTEVEDRA: Libraría Paz.
RIBADEO: Gráficas Santiago.
SANXENXO: Nós.
VIGO: Andel, Cartabón, Librouro, Mendinho.
VILAGARCÍA: Escola Coda.

DISCOGRAFIA PREVIA:


Para escoitar SECHO Y LOS INVISIBLES preme eiqui













CONTACTO:

Contratación: 619 85 52 55 / 616 58 88 47
sechoylosinvisibles@gmail.com
www.sechoylosinvisibles.com