SETEMBRO 15 FESTA PRESENTACION DO DISCO BRONCODILATADOR DE TERBUTALINA

XOVES 15 DE SETEMBRO

Verbena de presentación do disco!

2011-08-25
Xente da terra toda!
O próximo 15 de setembro toca festa, verbena e misa en Compostela! (Non confundir con acto cultureta, nós non chejamos a iso)
A primeira semana de setembro lanzaremos o noso primeiro disco de lonja durasión: Broncodilatador. E como non temos máis na cabesa que janas de andar de máis por aí, montamos unha verbena para selebralo.
Para iso contaremos cunha turbo sesión vermú coa presensia de dúas orquestras amijas do noso combinado galaico-tropical: Deseqilibrio Mental e a Familia Caamagno. Dúas orquestras de traxectoria consolidada e que dominan todos os paus do rollo festeiro: cumbia, bachata, o vals das bolborE.T.A.s, ajarrado... Bailas moi bien, che! Cheiras moi bien, che!
E despois, para acabar de joder a marrana, a Terbutalina, no que será o noso debut (debut rima con vermuth) en Compostela.
A data: 15 de setembro.
A hora: ás 22.00 (puntualidá estrema)
O lujar: Sala Moon.
A siudá: o patio de xojos de Conde Roa.
Prezo: 3€.
Te lo vas perder, gallega? Gallego, vente bailar junta nuestra! O Gastropunk non se baila solo! A música hai que comela!
Dise en italiano, dise en vasco: a tutti churrasco!
Ah! Ei-lo cartel! (Cortesía de Miguel dos Deseqilibrio)