O novo traballo discografico de Skarmento é Donra vs Mondra. Trátase dun vinilo compartido con Aggressive Combat e editado por No Turning Back Records de Euskalherria.
O vinilo 7" contén dous novos temas -Penélope e Non agrades paz- xunto cos dous aportados polos de Arrasate.
A edición correu a cargo das bandas e de No Turning Back Records.
Do deseño gráfico ocupouse Ramón Gironés.
Podedes escoitar os temas no bandcamp do grupo, e solicitar as copias físicas a traves do facebook oficial do grupo ou a skarmento@hotmail.com. O prezo é de 5 euros (+ gastos de envío).
http://skarmento.bandcamp.com/
O G R U P O:
Skarmento formouse en Setembro do 2000 i esta composto por:
Ángel voz,
Iago batería,
Adrián guitarra e coros,
Rubén baixo e coros
Nados en Donramiro no ano 2000, Skarmento ten editados ata o momento catro discos. Concertos por toda a xeografía peninsular e por boa parte de Europa baixo uns principios incuestionables. Dende os primeiros acordes nun vello local, a historia de
Skarmento é a historia dunha vitoria rotunda sobre todo o que rexeitamos. Coa guerra gañada de antemán, temos pouco ou máis ben nada que perder.
"Nacer nunha merda de vila como Lalin, pode ser que nos quentara o sangue dende ben novos e aflorasen as ganhas de cagarnos en todo eso que viamos e vemos inxusto dia a dia. Unha vila chea de empresarios do textil que lle cronometran as nosas familias o tempo que tardan en coser unha prenda ou politicos que fachendean ante nos con grandes casas e luxosos automobiles. Todo eso mesturado coas mafias policiais e os ladillas que conseguen un posto de traballo pisando os demais, sen ningun tipo de reparo. Foi en setembro do ano 2000 cando na casa da Campanillas de Donramiro comezamos a ensaiar xunto cos nosos companheiros de Sintoma Anarkista e comezamos a sacar os nosos primeiros temas. A nosa xente enseguida se enterou do que ali se estaba cocendo e os concertos que comezamos a dar enchianse de amigos. Primeiro foi a comarca. Vigo, Santiago, Ourense, Lugo e o resto quedaba moi lonxe pero tamen chegou, e con elo chegou o Estado; Madrid, Euskadi, Navarra e mesmo subir nun avion para descargar en Mallorca a nosa raiba, que segue a ser tan rancia coma nos comezos. Pero aquelo era a punta dun iceberg que pouco a pouco vai amosando o seu verdadeiro tamanho. Hoxe, xa metidos no ano 2009 podemos contar en mais dun cento as nosas actuacions e sair de Galiza ou de Espanha xa non e unha novidade Francia ou Alemanha foron a primeira parada desta maquina que coa cabeza ben alta amenaza con quedarse e seguir dando guerra. Estamos a piques de editar o noso terceiro disco e a cousa parece que marcha. Hoxe sabemos un pouco mis por donde andamos e a vida vai amosando que o que fixemos non foi unha parvada, senon que seguimos aqui, que as modas non nos cambiaron nen nos cambiaran porque as cousas seguen estando ben fodidas e as modas son para quen ten a alma de cemento e non repara no que esta a suceder. As ruas seguen ardendo. Skarmento contra o mundo!"
Libro:
A través dunha campaña de micromecenazgo financiaron a celebración dos seus 15 anos e puideron publicar o libro "SKARMENTO. 15 ANOS É MEDIA VIDA."
O libro, dividido en dezaseis capítulos, en edición bilingüe -galego/español-, nun formato A5 que conta máis ode cen paxinas impresas en offset a dúas cores e encadernación rústica, cosidos con fío vexetal.
Recuperando as historias que algúns coñecedes e xuntalas con fotografías, carteis, deseños, fanzines, entradas, ... Contar a historia de SKARMENTO dende os primeiros días ata hoxe mesmo.
Ainda lles quedan alguns o seu prezo é de 10 € e podedes solicitarllos a traves do face ou do correo do grupo.
Discografia:
Afia os cotenos
Como a terra
Fora de control
As armas do emperador
Pasan os dias
Como esquencer?
Foi gravado TZ estudos de Marín e mesturados por José Aller.
Producido por José Aller editado por: Spirit of the Streets (Alemaña), Rusty Knife (Francia), Fierro Records (Zaragoza) Rumagna Sgroza (Italia), Punk Machine Records (Valencia) e El Fary es Dios (Vigo). e distrubuido por Spirit of the Streets (Alemaña), Rusty Knife (Francia), Fierro Records (Zaragoza) Rumagna Sgroza (Italia), Punk Machine Records (Valencia) e El Fary es Dios (Vigo).
Biografia do disco: "Tiñamos 6 novos temas enteiros e co paso dos anos e os compromisos laboráis decidimos botarnos ao estudo a gravalos sen meter por obligación máis temas de recheo . Despois de case 4 anos da anterior grabación queríamos plasmar as nosas evolucións musicais/vitais nun novo plástico. Que a máquina non pare".
Biografia do disco: "Tiñamos 6 novos temas enteiros e co paso dos anos e os compromisos laboráis decidimos botarnos ao estudo a gravalos sen meter por obligación máis temas de recheo . Despois de case 4 anos da anterior grabación queríamos plasmar as nosas evolucións musicais/vitais nun novo plástico. Que a máquina non pare".
Skarmento - Afía os cotenos
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=zasM2y3qmfU
Skarmento, Outubro 2009
Skarmento - Seguiremos Sendo
https://www.youtube.com/watch?v=FzLoenG4imM
Música Anti-sistema, Setembro 2006
Que podemos agardar? , Xullo 2004
Skarmento - Foucellas
https://www.youtube.com/watch?v=QqgfWrh1-L4&list=PL8Os6-_w0j0TnNOkAWwJQ7nYNTjEsMgJa
C o n t a c t o
mail de contacto skarmento@hotmail
telefono para entrevistas, contratación... 615248074 /676763521